Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null SOUTO PRESENTA AS ACTIVIDADES QUE VAI LEVAR A CABO O CONCELLO CON MOTIVO DO 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
SOUTO PRESENTA AS ACTIVIDADES QUE VAI LEVAR A CABO O CONCELLO CON MOTIVO DO 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
06 novembro 2025
  • O luns preséntase a campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero

  • Ademais de Abeirar, proxecto de educación sexual para infancias que se está a desenvolver nos colexios, tamén haberá relatorios, Arte-Acción contra a violencia de xénero, concentración de repulsa contra as violencias machistas, conferencias e monólogos

  • Todas as actividades están organizadas e coordinadas pola Oficina de Igualdade e financiadas cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Avelino Souto, concelleiro de Igualdade, dá a coñecer o programa de actividades que o Concello de Lalín organiza con motivo do 25N, Día Internacional da Violencia de Xénero, que abrangue as seguintes actividades:

  • PROXECTO ABEIRAR: Proxecto de Educación Sexual para Infancias

Todos os axentes educativos teñen a responsabilidade de conseguir que o alumnado reciba unha educación sexual integral e de calidade. Este proxecto pretende facer un achegamento a este propósito, cunha proposta de actividades deseñadas, para alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria de Lalín, chegando a máis de 700 menores.

Ten como eixes transversais: o autocoñecemento do corpo, a xestión das emocións, o botrato, a ética relacional, a responsabilidade afectiva e a autoestima. Trabállase a comunicación asertiva, a posta de límites e a negociación, para garantir as relacións desexadas, libres de coacción e violencias e comprende un amplo abano de actividades adaptadas a cada curso e ás características evolutivas xerais do alumnado.

Datas

O Proxecto Abeirar empezou o día 13 de outubro e estenderanse ao longo do curso escolar, ata o mes de maio. As sesións realizaranse con cada grupo clase e terán lugar 2 sesións diarias de 100 minutos cada unha.

En novembro, desenvolverase sesións os días 4, 5, 6, 7, 10, 13, 14, 17, 26 e 27 de novembro

-4, 5 e 6 de novembro: CEIP Manuel Rivero. Horario de 9.50 a 11.30 h / 12 a 13.40 h

-6, 7 e 10 de novembro: CEIP Xoaquín Loriga. Horario de 10.30 a 12.10 h / 12.40 e 14.20 h

-13, 14 e 17 de novembro: CEIP Vicente Arias de la Maza: Horario de 9.50 a 11.30 h e de 12 a 13.30 h

-26 e 27 de novembro: CEIP Varela Buxán: Horario: 9.40 a 11.20 e de 11.45 a 13.25


 

  • PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO – BARREIRAS

Luns 10 de novembro. 11 h no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero con presenza de representantes da Universidade de Vigo, Subdelegación do Goberno de Pontevedra e Concello de Lalín.

  • Relatorio PorNo(n) Educar, a cargo de NOELIA MOREAU. Educadora Social. Sexóloga e Axente de Igualdade

Dirixido a público adulto, principalmente profesorado e familias

Data: luns 17 de novembro ás 18:00 h.

Lugar: Edificio Sociocultural da rúa Manuel Rivero

  • Relatorio PorNo(n) Educar, a cargo de NOELIA MOREAU. Educadora Social. Sexóloga e Axente de Igualdade

Dirixido a alumnado de 6º de educación Primaria

Datas: venres 21 e luns 24 de novembro

Lugar: CEIP Xesús Golmar, de 9.35 a 11.15 e de 11.45 a 13.25 h

  • ARTE-ACCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Unha mirada desde diferentes manifestacións artísticas, danza, música, imaxe..., que xurde do desexo colectivo de sumar esforzos para visibilizar o traballo contra a violencia de xénero. Dirixido a todos os públicos.

Data: sábado 22 de novembro ás 18 h

Lugar: Vestíbulo do Concello

  • CONCENTRACIÓN DE REPULSA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

Lectura de mensaxes reivindicativas e outras manifestacións plásticas e artísticas contra as violencias machistas a cargo de alumnado dos centros educativos de Lalín. Dirixido á poboación en xeral.

Data: martes 25 de novembro ás 12 h

Lugar: Vestíbulo do Concello de Lalín


 


 

  • DIANA LÓPEZ VARELA. Xornalista, guionista e escritora

Conferencia: Autoestima e imaxe corporal

Dirixido a alumnado dos IES

Data: venres 28 de novembro ás 11:00 h.

Lugar: Edificio Sociocultural da rúa Manuel Rivero

  • Monólogo: A SÍNDROME DE LIS (escrito e dirixido por DIANA LÓPEZ e interpretado por ROCÍO BARRIO)

Dirixido ao público en xeral

Data: venres 28 de novembro ás 21:00 h.

Lugar: Salón Teatro de Lalín

Entrada libre ata completar aforo

  • AMELIA TIGANUS. Escritora, activista feminista e experta en prostitución e violencia sexual

Obradoiro: Amelia. Historia dunha loita

Dirixido a alumnado dos IES

Data: mércores 3 de decembro ás 11:00 h.

Lugar: Edificio Sociocultural da rúa Manuel Rivero

  • AMELIA TIGANUS. Escritora, activista feminista e experta en prostitución e violencia sexual

Conferencia: Xuventude, internet e violencia sexual - Quen gaña?

Dirixido ao público en xeral

Data: mércores 3 de decembro ás 19:00 h.

Lugar: Edificio Sociocultural da rúa Manuel Rivero

  • EUGENIA TENEMBAUM. Historiadora da Arte especializada en perspectiva de Xénero

Obradoiro: Dirixido a alumnado dos IES, mércores 10 de decembro ás 11:00 h.

Conferencia: Dirixida ao público en xeral, mércores 10 de decembro ás 19:00 h.

Lugar: Edificio Sociocultural da rúa Manuel Rivero

Todas as actividades están organizadas e coordinadas pola Oficina de Igualdade e financiadas cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero


 

Pé de foto: Clase do proxecto Abeirar onte no CEIP Manuel Rivero

Imagen SOUTO PRESENTA AS ACTIVIDADES QUE VAI LEVAR A CABO O CONCELLO CON MOTIVO DO 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Galería imaxes
  • Imagen: 0b6130d9-b285-4238-a81d-c177bd18ab47

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie