O Servizo Concilia Lalín, cun enfoque lúdico-educativo está dirixido a menores de 3 a 12 anos, para facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, desenvólvese baixo 2 modalidades. Durante o período lectivo, funciona ininterrompidamente ao longo do ano nos seguintes centros educativos: CEIP Manuel Rivero de Lalín, CEIP Xoaquín Loriga de Prado e CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe, proporcionando actividades de acollida, atención e lecer, durante as horas previas e posteriores á xornada escolar, e durante o período vacacional (Entroido, Semana Santa, Verán e Nadal) desenvólvese de xeito centralizado no Edificio Sociocultural na rúa Manuel Rivero.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ao longo de todo o ano. Pero para unha mellor organización do servizo, ábrese un prazo de presentación de solicitudes para o período de Nadal do 10 de novembro ao 5 de decembro.
O Servizo Concilia Lalín de Nadal, estará operativo de 7:30 h a 15:00 h, do día 22 de decembro ao día 7 de xaneiro, coincidindo coas vacacións escolares. E contará cunha dispoñibilidade de 80 prazas.
A presentación de solicitudes farase preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Lalín, presentando a solicitude e xuntando a documentación requirida que xa aparece recollida na propia instancia, de non ser posible, presentarase no Rexistro Xeral do Concello.
As e os menores participantes deberán levar unha merenda saudable.
Para mais información contactar coa Oficina de Igualdade, no 986 78 70 60 / 986 18 10 45 ou en igualdade@lalin.gal e no e-mail concilia@grupovitae.com