MESA REDONDA E PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA 17 BIENAL PINTOR LAXEIRO
O venres 7 de novembro tivo lugar a presentación do catálogo da 17 Bienal Pintor Laxeiro, no Museo Municipal, a cargo do comisario da exposición, Quintana Martelo, do secretario xeral da Lingua, Valentín García, e do alcalde José Crespo.
Previamente, houbo unha interesante charla e mesa redonda sobre a Bienal, na que participaron o propio Manuel Quintana Martelo; o director do MARCO de Vigo, Miguel Fernández-Cid; a artista Mónica Alonso con obra na Bienal, e a concelleira de Cultura, Begoña Blanco.
Ao remate dos actos, o público presente foi obsequiado cun exemplar do catálago.
Galería imaxes