• O Concello de Lalín e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, pretenden facilitar as necesidades de conciliación e respiro familiar
• Co programa están creáronse espazos de esparexemento dirixidos a persoas maiores a fin de promover un envellecemento saudable
• Con esta iniciativa pretendeuse mellorar tanto a calidade de vida das persoas usuarias como das familias
A concelleira de Envellecemento Activo Carmen Canda, informa da fin do programa Lalín Activa no rural esta semana. A programación nos locais sociais foron: en Donramiro os luns de 9:30 a 13:15; en Goiás os luns de 16:15 a 20:15; en A Xesta os martes de 9:30 a 13:15; en Prado os martes de 16:30 a 20:15; Muimenta os mércores de 9:30 a 13:15; Cercio os mércores de 16:30 a 20:15; Catasós os xoves de 9:30 a 13:15; Botos os xoves de 16:30 a 20:15; Gresande os venres de 9:30 a 13:15 e Soutolongo de 16:30 a 20:15. O programa beneficiou a uns 170 persoas participantes de forma directa.
As parroquias que corresponden ao local social de Donramiro e Catasós son Catasós, Donramiro e Moneixas; ao local social de Goiás as parroquias de Albarellos, Alemparte, Castro, Goiás, Maceira e Xaxán; A Xesta e Botos as parroquias de Botos, Donsión, Vilanova e A Xesta; no local social de Prado corresponderán as parroquias de Anzo, Bendoiro, Busto, Cristimil, Losón, Madriñán, Meixome, Noceda e Prado; ao local social de Muimenta, as parroquias de Cadrón, Muimenta, Prado e A Veiga; ao local social de Cercio son Camposancos, Cangas, Cello, Cercio, Galegos, Palmou, Rodís e Val e ao local social de Soutolongo e Gresande, as parroquias de Anseán, Barcia, Doade, Gresande, Lebozán, Lodeiro, Soutolongo, Vilatuxe e Zobra.
Este programa ten como obxectivo principal proporcionar e fomentar ás familias coidadoras de persoas un espazo onde realizar actividades, dado que moitas das que conviven coas súas familias pasan moito tempo en soidade debido ás responsabilidades laborais que teñen as persoas encargadas dos seus coidados, permitindo ao tempo a estas últimas poder gozar de tempo libre e conciliación e respiro familiar.
Os obxectivos do programa son implementar formacións e actividades para a autosuficiencia e autoestima, fomentar a estimulación cognitiva, favorecer o ocio e as relacións interpersoais, crear o hábito de levar a cabo sesións de ximnasia e rehabilitación física, avaliación continua das capacidades cognitivas das persoas participantes e realizar un diagnóstico cognitivo a nivel individual da situación e das necesidades das persoas.
As actividades que se desenvolveron son: estimulación cognitiva, estimulación sensorial e musical, xogos de lóxica, dinámicas grupais como grupos de actualidade e debates, actividades de psicomotricidade, manualidades, tempo de lecer, etc. Deste xeito, tamén se promoven hábitos e pautas que contribúen a un envellecemento saudable.
O programa está financiado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, tras o sinatura do convenio de colaboración entre a dita Consellería e o Concello de Lalín para o financiamento do Programa de Respiro Familiar “Lalín Activa” para o exercicio 2025.
O Concello de Lalín recibirá da Consellería de Política Social 75.000 € e cunha aportación municipal de 9.000 € para o financiamento do programa “Lalín Activa” para este ano 2025, así como doutras actividades financiadas por dito convenio e que ten como finalidade ofertar un amplo programa de actividades de envellecemento activo e de conciliación e respiro familiar.
Existen persoas maiores do Concello que teñen dificultades para afrontar os problemas propios da idade, participar no tempo de ocio, desfrutar das actividades cotiás e ocupar o tempo libre de xeito satisfactorio. Esta situación pode levar consigo un risco de progresivo illamento social e unha dificultade de conciliación familiar e laboral dos seus familiares, por iso, vanse poñer en marcha actividades nas que se ocupen e melloren as necesidades individuais de cada persoa usuaria.
Pé de foto: Carmen Canda hoxe participando nas últimas actividades de ATEGAL na Xesta