-
O goberno local inicia un ciclo de charlas informativas nas cabeceiras das áreas parroquiais para explicar o uso correcto dos composteiros e a xestión do lixo orgánico.
-
A veciñanza que o desexe poderá recoller o seu propio composteiro de balde ao asistir aos encontros programados entre o 19 e o 26 deste mes.
A concelleira de Medio Ambiente, Raquel Lorenzo, puxo en marcha a campaña de concienciación ambiental no rural baixo o lema "Eu son do Marrón" para mellorar e incrementar a compostaxe de residuos orgánicos. Esta iniciativa ten como obxectivo principal fomentar a correcta separación dos residuos orgánicos e promover o uso da compostaxe doméstica entre a veciñanza do rural.
A campaña céntrase na educación ambiental sobre que tipo de residuos deben depositarse nos composteiros, un paso fundamental para cumprir coa normativa europea e mellorar a sostibilidade do municipio. Para achegar esta información á cidadanía, o Concello organizou unha serie de charlas informativas que se desenvolverán en distintos locais sociais e auditorios das parroquias cabeceiras das áreas parroquiais. Durante estas xornadas, ademais de recibir formación sobre a reciclaxe de biorresiduos, os asistentes terán a oportunidade de recoller o seu composteiro de maneira gratuíta ata completar os 500 cos que conta esta campaña.
O calendario das sesións informativas programadas é o seguinte:
-
Mércores 19:
-
Local Social de Filgueira ás 18:00 horas.
-
Local Social de Prado ás 20:00 horas.
-
-
Venres 21:
-
Auditorio de Muimenta ás 18:00 horas.
-
Local Social de Goiás ás 20:00 horas.
-
-
Martes 25:
-
Local Social de Donramiro ás 18:00 horas.
-
Local Social de Cercio ás 20:00 horas.
-
-
Mércores 26:
-
Local Social de Botos ás 18:00 horas.
-
Local Social de Vilatuxe ás 20:00 horas.
-
Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a participar nestes encontros para resolver dúbidas e contribuír activamente a un Lalín máis sostible. Para máis información ou solicitudes de composteiros de aquelas persoas que non poidan asistir ás charlas, os interesados poden dirixirse ao Departamento de Medio Ambiente do Concello de Lalín, chamar ao teléfono 986 78 70 60 ou escribir ao correo electrónico xosemanuel.mendez@lalin.gal.
Esta iniciativa conta co financiamento da Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.