Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O SISTEMA DE PROTECCIÓN E O ACOLLEMENTO FAMILIAR EN COLABORACIÓN CON ACOUGO E XUNTA
O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O SISTEMA DE PROTECCIÓN E O ACOLLEMENTO FAMILIAR EN COLABORACIÓN CON ACOUGO E XUNTA
23 novembro 2025
  • “Queremos dar un impulso a esta iniciativa de protección da infancia para que máis familias coñezan o sistema de acollida e desboten estereotipos”, destaca o concelleiro de Política Social e Infancia

 

  • A xornada contará con casos reais de acollemento e servizo de conciliación para facilitar a participación das familias interesadas

 

  • “Animamos a toda a veciñanza a asistir, mesmo se nunca valorou ser familia acolledora, porque é unha oportunidade para coñecer casos reais e comprender como funciona este sistema”, subliña Souto

O Concello de Lalín, en colaboración coa Asociación galega de familias de acollida (ACOUGO) e coa Xunta de Galicia, organiza unha xornada informativa sobre o sistema de protección e o acollemento familiar o mércores, 10 de decembro. Así o anuncia o concelleiro de Política Social e Infancia, Avelino Souto, que explica que “desde o goberno, ante a preocupante situación que nos consta de que hai menores, incluso bebés, en situación de protección porque cada vez hai menos familias acolledoras, querémoslle dar un impulso a esta iniciativa de protección da infancia”. “Con este fin organizamos este encontro a fin de que o maior número de familias coñezan como funciona o sistema de acollida, vexan todas as axudas que hai e ao mesmo tempo poidan desbotar estereotipos e barreiras ao redor deste proceso”, remarca.

Souto fai fincapé en que “para nós é importante a organización desta xornada para que a xente coñeza o sistema de acollemento familiar e por iso animamos a toda a veciñanza a que asista; aínda que non tivera pensado acudir ou que nunca valorara ser familia acolledora recomendámoslle que veña a escoitar, xa que vai haber casos reais e do que se trata é de que coñezan como funciona este sistema”.

A charla informativa sobre o sistema de protección á infancia e o acollemento familiar promovida polo Concello, en colaboración con ACOUGO e a Xunta, terá lugar o 10 de decembro ás 19.30 horas no edificio sociocultural Manuel Rivero. O encontro contará coa presenza do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre, que participará na apertura institucional do encontro.

A sesión será impartida por unha pedagoga de ACOUGO, experta en intervención con familias, e por unha persoa acolledora con ampla experiencia no acollemento familiar, que achegarán unha visión profesional e vivencial sobre este recurso fundamental dentro do sistema de protección á infancia en Galicia.

Durante a charla abordarase:

• Introdución ao funcionamento do sistema de protección á infancia en Galicia, con especial atención ao recurso de acollemento familiar como medida prioritaria para garantir o dereito das nenas, nenos e adolescentes a medrar en contornas familiares seguras.


• Dinámica interactiva para coñecer os diferentes axentes que interveñen no sistema de protección.


• Presentación de ACOUGO e do seu labor como asociación de familias acolledoras, así como os programas de apoio, acompañamento e sensibilización que desenvolve en todo o territorio galego.

Servizo de conciliación

Esta iniciativa inscríbese no marco das accións de colaboración entre o Concello de Lalín e ACOUGO, orientadas a implicar á comunidade, dar a coñecer o acollemento familiar e fortalecer a protección á infancia e á adolescencia no municipio. A actividade contará con servizo de conciliación, co obxectivo de facilitar a participación das familias interesadas.

 

Imagen O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O SISTEMA DE PROTECCIÓN E O ACOLLEMENTO FAMILIAR EN COLABORACIÓN CON ACOUGO E XUNTA
Galería imaxes
  • Imagen: Charla Informativa Lalín

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie