Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null ÚLTIMA DAS SESIÓNS DO OBRADOIRO DE CERÁMICA E LINGUA “CREANDO LINGUAXE DE BARRO”
ÚLTIMA DAS SESIÓNS DO OBRADOIRO DE CERÁMICA E LINGUA “CREANDO LINGUAXE DE BARRO”
27 novembro 2025
  • As pezas realizadas polas persoas participantes presentaranse nunha mostra no Museo Municipal o domingo 30 de novembro, coincidindo coa clausura da Bienal cunha derradeira visita guiada que terá lugar a partir das 19 horas

Onte á tarde, de 18:00 a 19:30 h, tivo lugar no Auditorio municipal a última das sesións do obradoiro de cerámica “Creando linguaxe de barro”, unha proposta novidosa impulsada desde a Concellería de Política Lingüística, Cultura e Educación. O taller, de carácter gratuíto, combina arte e lingua nun formato lúdico de iniciación á cerámica, achegando a artesanía á veciñanza.

Na sesión inicial do 19 de novembro as persoas participantes tiveron ocasión de realizar pezas sinxelas e utilitarias, incorporando palabras en galego ou elementos visuais inspirados no Laboratorio de Formas de Isaac Díaz Pardo, pezas que se levaron a cocer a un obradoiro local con forno cerámico. Nesta segunda e última sesión, levouse a cabo a decoración final e o esmaltado, que implicou a segunda cocción.

Mostra das creacións

Todas as creacións realizadas neste obradoiro de cerámica e lingua serán presentadas o domingo, 30 de novembro, nunha mostra que se realizará no Museo municipal. Con motivo da finalización da actividade e para valorar o conxunto de obras realizadas realizarase unha mostra cos resultados dos traballos que estará instalada segunda planta do Museo, un espazo dispoñible e que se presta para cuestións de formato reducido. Así todas as persoas participantes poden ver como quedan rematadas as súas creacións e dous outros compañeiros, xa que coa cocción varían moito os esmaltes aplicados.

Visita de clausura da Bienal

De igual modo posibilítase que un último grupo de persoas afíns ás artes poidan acudir á Bienal, para as que se fará unha derradeira visita guiada, xa para clausurar a mostra. A visita guiada dará comezo ás 19 h e, ao remate da visita, presentaranse as pezas realizadas no obradoiro de cerámica. Trátase de obras variadas entre as que se atopan unha cunca, pratos, pezas como bandexas de inspiración naturalista, placas con nomes, vasos pequenos... nas que plasmaron verbas en galego, entre elas adverbios como xacando ou xalundes e mesmo un poema de Cunqueiro.

 

 

Imagen ÚLTIMA DAS SESIÓNS DO OBRADOIRO DE CERÁMICA E LINGUA “CREANDO LINGUAXE DE BARRO”
Galería imaxes
  • Imagen: sesión do obradoiro de cerámica do pasado 19 de novembro

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie