Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null A MATANZA TRADICIONAL CELEBRADA EN BARCIA ALBERGOU MÁIS DUN MILLEIRO DE PARTICIPANTES NA SÚA XXIII EDICIÓN
A MATANZA TRADICIONAL CELEBRADA EN BARCIA ALBERGOU MÁIS DUN MILLEIRO DE PARTICIPANTES NA SÚA XXIII EDICIÓN
05 febreiro 2023
  • Crespo agradeceu a total implicación dos veciños da parroquia de Barcia

 

  • Os oficiantes presentes portaron vestimentas de tipo tradicional: boina e chaleco no caso do vestiario masculino e toquilla, camisa branca, falda de época e mandilóns, no caso da indumentaria feminina

 

  • Xoán Carlos García Porral e Manuel Vilariño narraron o desenvolvemento da Matanza

A XXIII Matanza Tradicional, que hoxe tivo lugar en Barcia, acolleu a máis dun milleiro de participantes. Foi unha das edicións máis concorridas na que o tempo acompañou e fixo que se achegaran a esta parroquia un sen parar de persoas desde primeiras horas desta xeada mañá.

O alcalde José Crespo, agradeceu enormemente a total dispoñibilidade que os veciños da parroquia tiveron dende o primeiro momento no que se lles propuxo ser anfitrións da Matanza e, sobre todo, agradeceu de primeira man a José Manuel Presas López, veciño que cedeu a casa para poder levar a cabo a reconstrución da Matanza Tradicional do Porco. Mesmos agradecementos tamén da man do edil de zona, Avelino Souto, que tamén tivo un recoñecemento para o matachín, Mauro, así como a todos os veciños que traballaron na organización citando ás mulleres que fixeron máis de 200 bandexas de sobremesas (orellas, filloas, rosquillas, flores, cañas, etc.).

Asistiron tamén unha nutrida representación de membros da Corporación, todos os do goberno, entre o que se atopa Carmen Canda, tamén natural de Barcia; ademais do conselleiro de Cultura e da directora xeral de Xuventude, tamén natural desta parroquia.

O porco, un exemplar de 180 quilogramos en canal, foi transportado como tradicionalmente se facía, nun carro tirado por vacas e foi levado ao lugar do seu despece. Tras a Matanza, houbo unha degustación de produtos típicos como a costela, torresmos e chourizos, ao redor duns 200 quilogramos. A maiores, a veciñanza aportou as ditas sobremesas típicas.

 

Por outra banda, a celebración da Matanza foi narrada e comentada polo profesor e doutor en Antropoloxía Social, Xoán Carlos García Porral, natural de Cotarelo, na parroquia de Goiás, quen ten unha publicación sobre a mesma, titulado “A Matanza do Porco: cultura e tradición” e polo xornalista Manuel Vilariño. Achegou aos visitantes aspectos historiográficos, etnográficos, culturais e ata anecdóticos ao redor deste evento que está tan enraizado nas nosas tradicións.

 

Os oficiantes presentes, portaron vestimentas de tipo tradicional: boina e chaleco no caso do vestiario masculino e toquilla, camisa branca, falda de época e mandilóns, no caso da indumentaria feminina.

Finalmente, esta edición contou tamén con actuación musical, que estivo a cargo da orquestra Reflejos.

Imagen A MATANZA TRADICIONAL CELEBRADA EN BARCIA ALBERGOU MÁIS DUN MILLEIRO DE PARTICIPANTES NA SÚA XXIII EDICIÓN
Galería imaxes
  • Imagen: p15.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie