Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null CONCURSO DE DISFRACES, ESPECTÁCULO DE CIRCO, MÚSICA, PASARRÚAS, INCHABLES, TALLERES E FOTOCOL NA PROGRAMACIÓN MUNICIPAL DE ENTROIDO
CONCURSO DE DISFRACES, ESPECTÁCULO DE CIRCO, MÚSICA, PASARRÚAS, INCHABLES, TALLERES E FOTOCOL NA PROGRAMACIÓN MUNICIPAL DE ENTROIDO
15 febreiro 2023

O sábado 18 de febreiro celebrarase a XI edición de EmporcARTE dedicada a Paco Pestana na que tomarán parte 47 artistas e a continuación terá lugar a “Ofrenda ao Porco”

O luns 20 de febreiro terá lugar o concurso de disfraces que reparte preto de 1.000 € en premios en forma de vales de compra no comercio lalinense

As inscricións para poder participar no certame poderán realizarse o propio día, luns 20 de febreiro, a partir das 16.30 horas na Carpa do Cocido. O desfile terá lugar ese mesmo día a partir das 17.30 h

A programación de Entroido do Concello de Lalín desenvolveranse desde o sábado 18 ata o martes 21 de febreiro e abranguerá concurso de disfraces, un espectáculo de circo, actuacións musicais, pasarrúas, inchables, obradoiros e un fotocol en familia. Así o sinala a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, que explica que se trata dunha programación variada a fin de poder chegar a todo o público e que terá como eixo central o luns coa celebración do concurso de disfraces e o posterior desfile. Un concurso que repartirá case 1.000 € en 9 premios en forma de vales para o comercio lalinense.

Blanco explica que no concurso poderán tomar parte todas as persoas interesadas, ben a título individual, ben en grupos (considerarase grupo a partir de 2 persoas). Os menores de idade deberán contar con autorización do pai, nai ou titor/a legal. A temática dos disfraces será libre e valorarase principalmente a orixinalidade e elaboración dos disfraces.

A responsable municipal explica que as inscricións ao concurso realizaranse o propio día do concurso, luns 20 de febreiro, a partir das 16.30 horas na Carpa do Cocido situada no Campo da Feira do Concello de Lalín. O desfile terá lugar o luns 20 de febreiro a partir das 17.30 horas. Cada participante só poderá participar nunha única categoría.

O xurado outorgará os seguintes premios:

  • Categoría individual de adultos (a partir dos 16 anos): vale de compra no comercio local de 150 €, 100 € e 50 €.

  • Categoría individual infantil (ata os 16 anos): premios de 100 €, 75 € e 50 € en vales de compra para o comercio local.

  • Categoría grupo: premios de 200 €, 150 € e 100 € en vales de compras no comercio local.

Ademais, o sábado de Entroido terá lugar a XI edición de EmporcARTE dedicada a Paco Pestana. Inaugurarase ás 13.30 horas no Museo Municipal. Está prevista a participación de 47 artistas entre pintura, escultura e fotografía. Está aberto xa o proceso de recepción da obra. A mostra poderase ver ata o 16 de marzo.

A continuación terá lugar a tradicional “Ofrenda ao porco” e posteriormente os artistas compartirán o XXIII Cocido das Artes no restaurante Pontiñas.

Ademais durante a fin de semana de Entroido terá lugar no marco de Lalín con Razón o Lalín Clarinet Days con concertos ás 20.30 h no Auditorio o sábado 18, o domingo 19 e o luns 20 de febreiro.

Programa detallado Entroido Lalín 2023

Sábado 18:

11:30 Pasarrúas Charanga Os Verbeneros

12:30 Vermú das Señoritas diante do Camilo coa Bendición do Santo Torrisco. Organiza Asociación O Naranxo.

13.30 h. Inauguración Emporcarte no Museo Municipal e posteriormente “Ofrenda ao Porco na rúa Colón”.

17:00 Pasarrúas Charanga Leña Verde

18:00 Dúo Habana Feeling na Praza da Igrexa

20.30 h Lalín con Razón. Concerto Lalín Clarinet Days, no Auditorio.

Domingo 19:

12:00 Pasarrúas Cabezudos

16:00 Entroido da Cacharela. Organiza Asociación de Veciños da Cacharela.

20.30 h Lalín con Razón. Concerto Lalín Clarinet Days, no Auditorio.

Luns 20:

Todas as actividades terán lugar na Carpa do Campo da Feira

16:30 Apertura inscricións Concurso de Disfraces

17:00 a 20:00 Inchables, Fotocol en familia, Obradoiros

17:30 Concurso de Disfraces

18:30 Dúo Imagine

19:00.- Entrega dos Premios do Concurso de Disfraces.

20:00.- Entrega de paquetes de lambetadas aos nenos e nenas participantes

20.30 h Lalín con Razón. Concerto Lalín Clarinet Days, no Auditorio.

Martes 21:

12:00 Pasarrúas Zancudos

17:00 Espectáculo Asaco Circo na Carpa do Campo da Feira

  • En caso de choiva tódalas actividades se trasladarán á Carpa do Campo da Feira

Imagen CONCURSO DE DISFRACES, ESPECTÁCULO DE CIRCO, MÚSICA, PASARRÚAS, INCHABLES, TALLERES E FOTOCOL NA PROGRAMACIÓN MUNICIPAL DE ENTROIDO
Galería imaxes
  • Imagen: Concello de Lalín entroido 2023 AF 3840x2160px-DEFINITIVO

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie