Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null PROTECCIÓN CIVIL-EMERXENCIAS LALÍN DESENVOLVEU 1.860 SERVIZOS EN 2022, NUN ANO CUN AUMENTO DE ACTUACIÓNS EN SITUACIÓNS DE URXENCIA
PROTECCIÓN CIVIL-EMERXENCIAS LALÍN DESENVOLVEU 1.860 SERVIZOS EN 2022, NUN ANO CUN AUMENTO DE ACTUACIÓNS EN SITUACIÓNS DE URXENCIA
18 febreiro 2023
  • Cómpre destacar que case a metade das chamadas que chegan ao servizo son a través do Centro de Atención de Emerxencias CAE-112 con 362 avisos, destacando a cantidade de avisos recibidos directamente dos particulares, un total de 347

  • Este ano o servizo contou coa dotación dunha nova coitela quitaneves e realizou un amplo programa formativo

Protección Civil-Emerxencias Lalín realizou en 2022 un total de 1.860 servizos, unha media de 5,9 servizos diarios, confirmando unha consolidación que se vén producindo desde a estabilidade numérica dos seus compoñentes. Isto quere dicir que cada un dos 9 efectivos do servizo municipal de Emerxencias desenvolveron un promedio de 207 actuacións ao ano cada un dos efectivos nunha zona de cobertura que alcanza os concellos da Comarca de Deza.

Cómpre sinalar un aumento considerable de actuacións en situacións de urxencia debido a unha realización de quendas de garda que posibilita a cobertura as 24 horas. Atendéronse 722 urxencias, 56 máis que o 2021. Recupérase tamén parte desa actividade que se tiña perdido debido á menor mobilidade na pandemia que rompera esa tendencia ascendente deste tipo de servizos nos últimos anos.

circulación. Moitas veces derívanse de restos de hidrocarburos derramados con motivo dalgún accidente, outras veces pola invasión na calzada de obxectos como árbores, postes de luz e/ou teléfono, carteis publicitarios, etc. No relativo a actuacións de emerxencias en vías, este ano realizáronse 61 servizos máis que no 2021, unha tendencia á alza que se consolida xa que cada vez hai máis problemas derivados dos temporais en calquera época do ano e tamén máis árbores á beira das vías de comunicación que están acadando grandes dimensións.

No apartado de emerxencias derivadas de servizos relacionados con animais soltos, feridos ou mortos cómpre sinalar que se produce unha baixada importante de servizos relacionados coas vespas velutinas (26 fronte aos 63 do ano anterior e aos case 500 do ano 2019) ao asinarse o convenio coa empresa Seaga para a retirada destes niños de vespas e ao desenvolver tamén o Concello sucesivas campañas de prevención. Algunhas destas actuacións tamén teñen que ver con animais salvaxes (feridos ou mortos por accidentes de circulación) pero a maioría das veces están relacionadas con cans, perdidos ou abandonados.

Seguindo no apartado de emerxencias este servizo supramunicipal atendeu 42 incendios, dos que un foi declarado de situación 2 o 12 de agosto por mor da súa perigosidade, no que foi necesario evacuar os núcleos de Bustelo, Samprizón e A Ermida.

Nos urbanos colabórase co Parque Comarcal de Incendios e Salvamento do Deza prestándolle colaboración para chegar algúns minutos antes, que soen ser importantes no desenvolvemento da intervención. Rexistráronse 3 en colectores de lixo e 9 dentro de vivendas que afectaron maiormente a lareiras, cociñas ou chemineas e tamén 6 a coches ou tractores.

Así mesmo e continuando coas actuacións de emerxencias, no Plan de nevaradas e xeadas cóntase cun vehículo preparado cunha nova coitela quitaneves entregada pola Dirección Xeral de Protección Civil e un esparexador de sal. Os días de previsión de problemas na circunvalación de vehículos e peóns comézase a xornada de traballo un pouco antes do habitual para tratar de eliminar esas placas de xeo que se forman en treitos de estradas, rotondas, costas, entradas a colexios, etc.

A maiores, Protección Civil-Emerxencias Lalín presta servizo en operativos programados para actividades deportivas e eventos públicos coma festas, actividades deportivas e espectáculos públicos que demandan unha cantidade de persoal importante para poder desenvolverse coas condicións de seguridade aconsellables, tendo en conta que en ocasións teñen lugar varios nunha mesma xornada ou se solapan coa atención de emerxencias.

Acollemento de ucraínos

Durante 2022 hai que facer referencia a participación do noso servizo na acollida de ucraínos refuxiados por mor da guerra. Unha participación que deu comezo xa desde o primeiro instante formando parte dunha expedición que saíu o 8 de marzo en autobús cara á fronteira de Polonia con Ucraína e que regresou o 13 de marzo logo de percorrer máis de 7.500 km. Unha participación que se prolongou durante varios meses colaborando con servizos sociais no reparto de alimentos, roupa, medicamentos, no aloxamento, etc.

Traballo destacable da Agrupación de Voluntarios

Por outra parte, é de sinalar que para operativos programados este servizo vese auxiliado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) que contou con 19 efectivos en situación de servizo activo que participaron polo menos nalgunha actividade durante o 2022, alcanzando a importante cifra de 138 servizos. Esta cifra supón que participaron no 14% dos operativos. Ademais tomaron parte en 41 urxencias. Un traballo destacable o da AVPC que se está a implicar de maneira exemplar.

TIPOLOXÍA DE INTERVENCIÓNS

Dos 1.860 servizos, 996 corresponden a actuacións de participación en distintos operativos, entre eles:

  • Colaboración con servizos sociais: un total de 51. Un servizo que se vén prestando desde xa hai bastantes anos pero a guerra de Ucraína fixo que se incremente a cantidade e variedade nas actuacións.

  • Control de tráfico en entradas e saídas dos colexios: 135. Actuacións encamiñadas a evitar posibles atropelos e accións de sensibilización da conveniencia de cruzar polos pasos de peóns. Ao mesmo tempo é un importante apoio á Policía Local no seu labor de facilitar fluidez ao tráfico.

  • Seguridade en espectáculos públicos: 54. Actuacións (concertos de música, eventos de gran aglomeración de persoas, seguridade en actividades deportivas e lúdicas) que se adoitan planificar coa suficiente antelación para que se poidan desenvolver dun xeito satisfactorio e con seguridade de todos os que participan. Esta actividade sufriu cambios; este ano foron moitos menos debido á cancelación deles e os que houbo precisaron maior control e planificación tendo en conta as medidas e protocolos que foron mudando segundo a evolución da pandemia.

  • Actividades de formación con dous cursos exclusivos para o servizo lalinense (unha conferencia-coloquio sobre sendeirismo e alpinismo en alta montaña e unha fin de semana con talleres e conferencias de formación en montaña): este foi un ano no que se retomou considerablemente a cantidade de tempo empregado na formación propia. Desenvolvéronse actividades de formación en base, isto é, actividades que se organizan por e para os voluntarios da nosa agrupación. Tamén participaron en cursos organizados pola Academia Galega de Seguridade, coa realización de cursos moi importantes que se fixeron exclusivamente para os compoñentes do noso servizo dentro dun programa formativo que foi posible grazas á colaboración dun convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil polo que a Agrupación recibiu 10.000 € para a realización do seu programa de actividades.

Destacan simulacros, xornadas e xogos dirixidas a cativos dentro das actividades de campamentos organizados polo Concello, actividades de formación nalgúns colexios, etc.

Ademais desde Protección Civil-Emerxencias sinalan que están abertos a calquera solicitude que lle poidan formular asociacións de veciños, profesores e nenos nos colexios porque con estas actividades foméntase a cultura da autoprotección.

Procedencia das alertas

Cómpre destacar que case a metade das chamadas que chegan ao servizo son a través do Centro de Atención de Emerxencias CAE-112, un total de 362 en 2022, seguido de chamadas de particulares con 347 avisos. A Policía Local e a Garda Civil cando necesitan os nosos servizos soen solicitalos a través de 112.

Chama a atención a cantidade de avisos recibidos directamente por particulares. O veciño en vez de alertar ao 112 está utilizando medios como avisar ao Concello ou directamente a algún concelleiro, sobre todo cando se trata de emerxencias relacionadas coa circulación (árbores ou postes caído nas estradas, buratos, anegamentos, etc.). Deste Protección Civil-Emerxencias Lalín agradécese á veciñanza e aos membros doutros corpos de seguridade que utilizaron este medio para alertar sobre calquera circunstancia que procure unha sociedade máis segura.

Actuacións de apoio municipal

Por último, Emerxencias-Protección Civil levou adiante 132 apoios ao Concello. Trátase de actividades nas que se colabora con outros departamentos municipais para axudarlles no desenvolvemento de tarefas que por si sós serían incapaces de realizar, véndose abocados a depender dun servizo externo. Estas labores de apoio realízanse unicamente polos membros que teñen a condición de traballadores do servizo, nunca por voluntarios e desenvólvense en horas fóra do tempo de alerta ou de garda.

Aquí englóbanse actuacións como lavadura de pistas, rúas, parques infantís (21 servizos); carga, descarga, montaxe e reparacións de carpas, cadeiras, mesas e mobiliario urbano (47 servizos) e outros servizos diversa índole (64).

Imagen PROTECCIÓN CIVIL-EMERXENCIAS LALÍN DESENVOLVEU 1.860 SERVIZOS EN 2022, NUN ANO CUN AUMENTO DE ACTUACIÓNS EN SITUACIÓNS DE URXENCIA
Galería imaxes
  • Imagen: DSC03884

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie