Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null A REUNIÓN DA AP-53 CONVOCADA POR CRESPO REMATA COA CONSTITUCIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO AMPLO INTEGRADO POR REPRESENTANTES DOS COLECTIVOS ECONÓMICOS AFECTADOS POLA INASUMIBLE PEAXE
A REUNIÓN DA AP-53 CONVOCADA POR CRESPO REMATA COA CONSTITUCIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO AMPLO INTEGRADO POR REPRESENTANTES DOS COLECTIVOS ECONÓMICOS AFECTADOS POLA INASUMIBLE PEAXE
04 marzo 2023

As entidades asinaron un documento de adhesión solicitando rebaixas e/ou bonificacións ou descontos para esta autoestrada estatal ou a transferencia da titularidade á Xunta

Acordouse tamén a remisión destas demandas aos distintos representantes dos grupos parlamentarios nacionais e autonómicos e iniciar unha recollida de sinaturas a través de todas as asociacións que apoian estas demandas

 

A reunión convocada  polo alcalde de Lalín, José Crespo, cos representantes de distintos colectivos económicos para continuar avanzando, baixo unha liña de consenso, nas medidas de presión para conseguir que, polo menos, esta autoestrada estatal AP-53 conte con descontos e/ou bonificacións dos que xa desfrutan os usuarios da AP-9 rematou coa constitución formal dun grupo de traballo e coa integración nel de novos colectivos que apoian estas demandas.

Así, todas as entidades participantes no encontro que se desenvolveu nun clima de total cordialidade, amosaron o seu apoio a estas demandas e asinaron un documento de adhesión no que comparten as reivindicacións de esixir estas bonificacións e descontos na AP-53 para os usuarios habituais a fin de posibilitar unha peaxe asumible e unha mellora nos niveis de competitividade e tamén solicitar ao Ministerio que transfira a titularidade da AP-53 á Xunta de Galicia (o documento foi asinado por representantes de AED; distintas cooperativas e sindicatos agrarios; FEGATRAMER; Transgacar; empresas locais de transporte; representantes das empresas de transporte de viaxeiros; APE Galicia; CEGASAL; Fegataxi, etc.).

Cómpre destacar que ademais das entidades que estiveron presentes na xuntanza de hoxe, houbo máis que manifestaron o seu apoio enviando a súa adhesión por outros medios: Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE); Tradime; Asociación do Colectivo de Transportes do Carbón; Federación Galega de Comercio e Aetrans Ourense. En próximos días incluso pode que se rexistren novas adhesións.

Remisión de cartas aos grupos parlamentarios e recollida de firmas

O grupo de traballo tamén acordou a remisión aos grupos parlamentarios tanto nacionais como autonómicos das demandas avaladas por este grupo de traballo así como iniciar unha recollida de sinaturas na zona de influencia da AP-53 a través dos distintos colectivos que subscriben estas medidas de presión para conseguir unha peaxe asumible para a AP-53.

Crespo foi o encargado de abrir o encontro, no que tamén interviron o presidente de AED, David Campos; o presidente de Transgacar e secretario xeral de Fegatramer, Carlos Cumplido; e o presidente de Fegatramer, Ramón Alonso.

O rexedor indicou que o obxecto da reunión é seguir presionando para conseguir para a AP-53 medidas para conseguir bonificacións ou rebaixas para a AP-53 como as que xa veñen desfrutando a AP-9 ou ben o traspaso da titularidade desta autoestrada á Xunta de Galicia. Neste sentido dixo que “hai camiño andado, posto que hai un requirimento parlamentario que lle pide ao Goberno que se aplique este tipo de medidas”, en referencia á iniciativa parlamentaria presentada polo PP e que saíu adiante coa abstención do PSOE. Fixo fincapé en que “se trata de presionar para que o Ministerio, goberne quen goberne, tome unha decisión con respecto á AP-53”. Deu ás grazas a Cumplido polo asesoramento prestado neste tema, así como ao traballo desenvolvido pola secretaria técnica da AED, Chus García.

O presidente da AED subliñou que “nos atopamos ante unha oportunidade diferente porque todas estas asociacións (as asinantes do documento de adhesión) poden facer a forza necesaria para conseguir o obxectivo da rebaixa e/ou bonificación, da transferencia da titularidade ou incluso das dúas”. Manifestou o apoio da AED a todas as accións que proveñan deste grupo de traballo para conseguir o obxectivo.

O presidente da Fegatramer, Ramón Alonso, tamén manifestou a necesidade de conseguir este tipo de medidas claves para un sector que se ve moi repercutido pola crise dos carburantes.

Carlos García Cumplido destacou o apoio ao documento de adhesión de varias entidades que non puideron estar presentes no encontro de hoxe e fixo fincapé na importancia de facerse eco desde “as nosas asociacións destas xustas demandas”. Indicou tamén o ánimo de trasladar o acordo á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e tamén ás federacións provinciais a fin de que se poidan sumar o seu apoio.

Imagen A REUNIÓN DA AP-53 CONVOCADA POR CRESPO REMATA COA CONSTITUCIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO AMPLO INTEGRADO POR REPRESENTANTES DOS COLECTIVOS...
Documentos
  • DSC09022.JPG (jpg 4,8 MB)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie