Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O PONTIÑAS PRESENTA UN ESTADO ÓPTIMO TRAS OS LABORES DE LIMPEZA INTEGRAL DO RÍO, MANTEMENTO, DESBROCES E RECUPERACIÓN DOS MUÍÑOS QUE O GOBERNO ESTÁ A LEVAR ADIANTE
O PONTIÑAS PRESENTA UN ESTADO ÓPTIMO TRAS OS LABORES DE LIMPEZA INTEGRAL DO RÍO, MANTEMENTO, DESBROCES E RECUPERACIÓN DOS MUÍÑOS QUE O GOBERNO ESTÁ A LEVAR ADIANTE
13 marzo 2023
  • Actuacións que se enmarcan principalmente no marco dos obradoiros de emprego “Lalín Sendas” (actualmente estase co segundo) e tamén mediante o traballo desenvolto polos operarios medioambientais contratados ao abeiro do programa da Risga
  • É a primeira vez que se leva a cabo unha limpeza integral do cauce do paseo, recollendo todo o lixo, unhas 160 bolsas cando vai a metade da campaña

O paseo do Pontiñas atópase nun estado envexable tras o traballo continuado que o goberno de Lalín leva desenvolto nos últimos anos, a través das Concellerías de Emprego e de Medio Ambiente, con constantes labores de mantemento, desbroces, retirada de árbores secas, reparacións do valado, etc. Unhas actuacións que se enmarcan principalmente nos obradoiros de emprego “Lalín Sendas” -actualmente estase a desenvolver o “Lalín Sendas II”- e tamén mediante o traballo desenvolto polos dous operarios medioambientais que, contratados ao abeiro do programa da Risga, están a levar adiante unha limpeza total do cauce do Paseo do Pontiñas como nunca antes se fixera.

O edil de Medio Ambiente, César Reboredo, explica que “se trata dunha limpeza integral que levan adiante estes dous operarios que traballan dentro do río e ás beiras recollendo todo tipo de lixo, ao longo de todo o paseo”. “No que vai de campaña, e estamos aproximadamente pola metade, levan sacadas xa 160 bolsas”, explica.

Pola súa parte, Avelino Souto, indica que “o alumnado de Albanelería de Sendas II está a levar adiante a recuperación de tres muíños no paseo, mediante a recuperación e reconstrución dos pavimentos tradicionais mediante lousas así como de pequenos muros de contención; transportando manualmente as pedras recuperadas para pavimentos, muros e paredes ata pé de obra e mediante a reutilización da pedra desfeita nas instalacións do obradoiro”. “Tamén recuperan parte das estruturas de madeira de castaño e sanéanas coa finalidade de realizar unha nova estrutura no muíño, seguindo os esquemas tradicionais”, sinala.

“Por outra parte o alumnado da especialidade de Forestais do obradoiro está a levar adiante tarefas de desbroces e de mantemento en todo o percorrido do paseo; poda de árbores e arbustos existentes na ribeira do río cando perturban o paseo dos viandantes; colocación de malla de arame nas pontes de madeira para evitar caídas e resbalóns aos usuarios do paseo por efectos da xeada, así como a preparación do terreo previo á repoboación con árbores forestais e de produción de froito incluíndo así como a plantación de árbores na ribeira do río Pontiñas incluíndo a colocación de protectores individuais antifauna nos mesmos”, subliña Souto.

“Ademais o alumnado de ambas as dúas especialidades de Sendas II leva retiradas unhas dez árbores tiradas polo vento na contorna da ribeira do río Pontiñas que desrramaron, trocearon e cargaron para levalas ao centro de formación co fin de aserralas e aproveitar a súa madeira para facer o tellado dos muíños”, concreta.

Imagen O PONTIÑAS PRESENTA UN ESTADO ÓPTIMO TRAS OS LABORES DE LIMPEZA INTEGRAL DO RÍO, MANTEMENTO, DESBROCES E RECUPERACIÓN DOS MUÍÑOS QUE O...
Galería imaxes
  • Imagen: DSC09853.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie