Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null CRESPO PRESENTA AOS VECIÑOS DE TRIGUEIRIZA E CARRAGOSO O PROXECTO DE EXECUCIÓN DO LOCAL SOCIAL QUE TERÁ UN ORZAMENTO DE 600.000 € E CONTARÁ CON 354 METROS CON SALA MULTIUSOS, ESCENARIO E COCIÑA
CRESPO PRESENTA AOS VECIÑOS DE TRIGUEIRIZA E CARRAGOSO O PROXECTO DE EXECUCIÓN DO LOCAL SOCIAL QUE TERÁ UN ORZAMENTO DE 600.000 € E CONTARÁ CON 354 METROS CON SALA MULTIUSOS, ESCENARIO E COCIÑA
19 marzo 2023

Presentarase para o seu financiamento ao programa PON2030 coa previsión de que poidan comezar as obras neste 2023

  • A superficie construída será de 288 metros cadrados de edificio e 66 metros cadrados conformarán o voladizo que constitúa o porche de entrada

  • Estará situado nunha parcela municipal ubicada nas proximidades dos terreos nos que se situará o centro comercial do Mercadona, nunha área que xa está urbanizada e que conta con aparcamento e unha ampla área de circulación de vehículos, contribuíndo a dinamizar esta zona periurbana

  • Na fachada leste da edificación sitúase unha zona verde que decorre paralela ao regato Balados e que xa conta na actualidade cunha ruta peonil que iría dende o fronte do local social ata a rolda leste

  • Será un edificio polivalente, de construción eficiente e baixo consumo e realizado con materiais reciclables e reutilizables

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado dunha ampla representación do grupo de goberno, presentou esta mañá aos veciños de Carragoso, Avenida de Cruces e Trigueiriza o proxecto de execución do local social dese entorno da periferia lalinense que será acometido unha vez se licite a obra por un valor superior aos 600.000 euros. O proxecto de execución do local social vaise presentar para o seu financiamento ao programa PON2030, que é unha liña semellante á que a se habilitou en 2022 para a construción do cemiterio “Fraga do Alén” e que se atopa neste intre en plena execución (o prazo de presentación de proxectos ao PON2030 remata o 21 de abril). Con cargo a esta liña 2 do PON2030 a Deputación establece o financiamento do 65% do total da obra e o 35% restante acometeríase con fondos municipais comezando as obras neste mesmo exercicio 2023 no caso de concederse á achega, coa previsión de que poida estar rematado a mediados do 2024.

Ante máis de medio cento de veciños, o rexedor avanzou o proxecto de execución que foi explicado polos redactores do mesmo, Carlos Durán e Luis Fernández, de Arco Arquitectura, que foron debullando as características de este centro social que estará situado nunha parcela municipal ubicada nas proximidades dos terreos nos que se situará o  centro comercial do Mercadona, nunha área que xa está urbanizada e que conta con aparcamento e unha ampla área de circulación de vehículos.

O rexedor sinalou que “se conseguiu un bo solar grazas á xestión municipal ao pé dunha zona peonil; agora imos presentar o proxecto de execución ao PON2030 e estamos convencidos de que vai ter puntuación suficiente para poder obter financiamento da Deputación e en canto que nolo concedan, ao seguinte goberno unicamente lle quedará executalo”.

Remarcou que se trata dun “edificio polivalente situado cerca da Lalín vai ter moito uso que dinamizará unha área periurbana importante e marcará un punto de inflexión desde o punto de vista urbanístico para irlle cambiando pouco a pouco a fisionomía a esta zona de Trigueiriza e Carragoso”. Felicitou aos autores do proxecto “dotado de alta eficiencia enerxética xa que combinará xeotermia, bomba de calor e teito con paneis fotovoltaicos”; e á concelleira de Urbanismo e ao asesor urbanístico do Concello polo seu traballo.

160 METROS CADRADOS DE ESPAZO MULTIUSOS

O local social de nova construción terá un total de 354 metros de superficie construída dos que 288 corresponderá ao edificio e 66 metros cadrados conformarán o voladizo que constitúe o porche de entrada no acceso principal. Xa no interior, a estancia principal será o espazo multiusos que contará con 160 metros cadrados. Un espazo diáfano no que se desenvolverán as actividades e nos que poderán ubicarse sillas, mesas, e demais mobiliario. O local social contará cun escenario contiguo a este espazo multiusos con 23 metros cadrados que permitirán a celebración alí de eventos musicais, obras de teatro, conferencias, etc.

AMPLA COCIÑA E ALMACÉNS

Ao tempo, o local social de Carragoso-Trigueiriza contará cunha cociña de 20 metros cadrados que estará ubicada de xeito paralelo ao acceso principal e dous baños que totalizan outros 9 metros cadrados. O resto de espazo, ata 25 metros cadrados conformarano dous almacéns, un vestíbulo e un cuarto de instalacións eléctrica e para a caldeira de climatización.

Na fachada leste da edificación sitúase unha zona verde que decorre paralela ao regato Balados e que xa conta na actualidade cunha ruta peonil que iría dende o fronte do local social ata a rolda leste, permitindo a conexión a pé desta área coa Carballeira da Crespa ou polas beirarrúas construídas pola urbanización da Trigueiriza coas zonas próximas da Avenida de Cruces.

Esta edificación foi planificada seguindo os estándares de eficiencia para que permita que o consumo producido polo seu funcionamento sexan os menores posibles aínda cos niveis de confortabilidade alta. Contará con paneis fotovoltaicos na súa cuberta e batería de almacenaxe de electricidade; sistema xeotérmico de alta eficiencia con bombas de calor como sistema de climatización e ademais tamén incorpora esta eficiencia aos materiais empregados na súa construción que son reciclables e reutilizables, contribuíndo de xeito notable á redución da pegada de carbono.

Imagen CRESPO PRESENTA AOS VECIÑOS DE TRIGUEIRIZA E CARRAGOSO O PROXECTO DE EXECUCIÓN DO LOCAL SOCIAL QUE TERÁ UN ORZAMENTO DE 600.000 € E...
Galería imaxes
  • Imagen: DSC09979.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie