Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO DE LALÍN DESENVOLVEU AO LONGO DO MANDATO 5 OBRADOIROS DE EMPREGO CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS
O CONCELLO DE LALÍN DESENVOLVEU AO LONGO DO MANDATO 5 OBRADOIROS DE EMPREGO CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS
24 marzo 2023

Proporcionóuselle emprego a 116 persoas entre alumnado e docentes

Tiveron lugar ensinanzas de albanelería, novas tecnoloxías, forestais, carpintería e deportivas

O concelleiro de Emprego, Xuventude, Agricultura e Deporte, Avelino Souto anuncia que “dende que deu comezo o actual mandato, estívose na busca proactiva de emprego, a través, de entre outras medidas, dos diferentes obradoiros que a Xunta de Galicia oferta”.

O edil destacou que “no ano 2019, o Concello de Lalín puido beneficiarse do obradoiro Foresta Lalín II, que tivo un investimento asociado de preto de 400 mil € e que proporcionou emprego a 24 persoas contando a alumnos e docentes. Neste obradoiro, desenvolvéronse labores de conservación e mellora dos montes veciñais en man común en Moa, Zobra, Xesta, Bermés. E tamén se levaron a cabo tratamentos silvícolas en masas forestais e en pistas forestais municipais”.

 

“No ano 2020 tivo lugar o obradoiro de emprego Foresta Lalín III, no que se realizaron tarefas de conservación e mellora de montes veciñais en man común de Moa, Zobra, Xesta e Bermés, tratamentos silvícolas en masas forestais e en pistas forestais municipais e tratamentos silvícolas no Paseo Pontiñas, dando así pé ao acondicionamento pleno desta última zona. Este obradoiro tivo un investimento asociado próximo aos 400 mil € e proporcionou emprego a 24 persoas entre alumnado e docentes”, amosa Souto.

 

Como novidade, o concelleiro fai especial fincapé en que “no ano 2021 tiveron lugar 2 obradoiros de emprego simultáneos, algo novidoso e difícil de conseguir pero que deu lugar a poder contar co obradoiro Lalín Nova (xuvenil) cun investimento superior a 400.000 € no que o alumnado tivo a tarefa de levar a cabo apoio no mantemento informático de servizos municipais, CAU en Lalín. E tamén de desenvolver actividades físico deportivas recreativas por algunhas das parroquias, e que proporcionou emprego a 20 persoas entre alumnado e docentes. O segundo obradoiro que se estivo a levar a cabo foi o Sendas cun investimento asociado de cerca de 400 mil € no que se proporcionou emprego a 24 persoas que levaron a cabo limpeza de pistas e do paseo do Pontiñas, e tamén a reparación da carpintería do mesmo paseo”.

 

Finalmente, “a finais do ano 2022, comezou o obradoiro de emprego Sendas II, que se encontra actualmente en funcionamento e que ten un investimento asociado de 504 mil € e que proporciona emprego a 24 persoas entre alumnado e docentes. Os labores que acometerán ata o seu remate serán de limpeza de sendeiros do Trail Vilatuxe e no eido da albanelería terán que acometer a restauración dos muíños do Pontiñas. Os traballos principais que van realizar nesta semana e a seguinte son o lousado, con pedras recuperadas e traballadas por eles mesmos destes muíños, e tamén están a traballar na limpeza e adecuación das canles de auga que servirán para a posta en funcionamento dun dos muíños”. remarcou Souto.

 

Finalmente o edil fixo especial fincapé en que “os alumnos de Forestais están a case 30 km de Lalín, na zona de Portomartín, realizando a roza e acondicionamento dos diferentes tramos do Trail do Candán. Un traballo moi esixente pola dificultade de acceso, xa que en moitas ocasións hai que entrar camiñando coas rozadoras e utillaxe, xa que non se pode acceder con ningún tipo de vehículo, e o gran desnivel dos tramos, en moitos casos por encima do 35 % engádelle maior dificultade ao proceso. Estase a traballar para que a principios de xuño estean todos os tramos rematados e a sinalización de todo o Trail posta, culminando coa colocación de 110 postes”.

Imagen O CONCELLO DE LALÍN DESENVOLVEU AO LONGO DO MANDATO 5 OBRADOIROS DE EMPREGO CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS
Galería imaxes
  • Imagen: DSC08175 (1)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie