Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O GOBERNO ACOMETEU A REMODELACIÓN DE DOUS LOCAIS MUNICIPAIS PARA DESTINALOS A USOS POLIVALENTES E Á DESPENSA SOLIDARIA
O GOBERNO ACOMETEU A REMODELACIÓN DE DOUS LOCAIS MUNICIPAIS PARA DESTINALOS A USOS POLIVALENTES E Á DESPENSA SOLIDARIA
28 marzo 2023

 

  • O local municipal que ocupaba a antiga radio municipal pasará a denominarse “Espazo Activo Lalín” pola súa polivalencia podendo ser utilizado como lugar de reunións de asociacións como a de Amas de Casa Laxeiro e punto de encontro veciñal

  • Os representantes municipais aproveitaron á visita ao recén acondicionado espazo da despensa solidaria para manter un encontro cos responsables da asociación O Mencer, encargada de facer o reparto de alimentos ás familias usuarias neste local

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Política Social, así como pola edil de Relacións coas asociacións de veciños e de mulleres, Carmen Canda, realizaron esta mañá unha visita ao “Espazo Activo Lalín”, un inmoble municipal, antiga sede da radio, no que o goberno lalinense vén de investir 53.694,74 € no seu acondicionamento para destinalo a espazo de usos polivalentes podendo ser utilizado como lugar de reunión de asociacións lalinenses e punto de encontro veciñal. Así tamén se desprazaron para ver in situ o local da despensa solidaria, sito na rúa Polideportivo 2, e que vén de ser remodelado nunha actuación acometida polo goberno cun orzamento de 27.510,80 € para ser cedida en uso a O Mencer.

As obras que se acometeron no “Espazo Activo de Lalín” comprenderon a totalidade dos 121 m2 de superficie interior nos que se habilitou unha única sala polivalente e un aseo accesible. Para a construción deste espazo polivalente foi preciso demoler a tabiquería interior, posto que o local municipal estaba dividido en tres despachos, corredor e almacén, así como o falso teito e a soleira, procedéndose tamén á desmontaxe de carpinterías interiores.

Estas obras de reforma tamén abrangueron a adaptación das instalacións de fontanería e saneamento, electricidade, iluminación e protección contra incendios, así como a dotación dunha envolvente e dun sistema de impermeabilización para dar solución ás filtracións de auga ao interior desde a cuberta que conforma a rúa superior.

Pola súa parte, as obras de reforma no local municipal na rúa Polideportivo 2 para ser utilizado como despensa solidaria supuxeron tamén actuar sobre a totalidade do inmoble, cunha superficie útil de 99.20 m2, habilitando un espazo flexible, dotado da privacidade que requiren o servizos sociais para a atención individualizada aos usuarios. Nel fará O Mencer o reparto de alimentos ás familias usuarias.

Instalouse un aseo así como un fregadeiro industrial de aceiro inoxidable con grifería extraíble. Tamén se adaptaron as instalacións de fontanería e saneamento, electricidade e iluminación e protección contra incendios.

Encontro con O Mencer e Amas de Casa Laxeiro

Os representantes municipais aproveitaron a visita a estes locais municipais remodelados para manter sendos encontro coa Asociación de Amas de Casa Laxeiro e cos membros de O Mencer, unha asociación que mantén comunicación periódica coa Concellería de Política Social do Concello para unha mellor coordinación das súas actuacións, establecendo as familias que se consideran prioritarias en cada momento.

Leva xa máis de trece anos prestando axuda ás familias en risco de exclusión, mediante a entrega de alimentos, promovendo o voluntariado social e asesorando aos seus usuarios sobre temas relacionados coa inserción sociolaboral e recursos públicos e privados ao seu alcance (a educadora social da asociación comunica periodicamente aos membros ofertas de emprego que poden adaptarse a súa formación e habilidades), violencia de xénero, problemas familiares, etc.

Actualmente está conformada por 30 persoas asociadas xunto a 60 persoas voluntarias. Realizan repartos semanais de alimentos todos os luns, así como outros puntuais cando dispoñen de alimentos especialmente perecedoiros. Así mesmo tamén organizan diversas actividades co fin de acadar recursos económicos e alimentos a través de concertos, eventos deportivos ou mercados solidarios, entre outras actividades.

Por outra parte no eido do voluntariado sensibilizan á poboación, ademais de ter un convenio con Aspadeza para a participación como voluntarios de persoas con algún tipo de discapacidade.

Imagen O GOBERNO ACOMETEU A REMODELACIÓN DE DOUS LOCAIS MUNICIPAIS PARA DESTINALOS A USOS POLIVALENTES E Á DESPENSA SOLIDARIA
Galería imaxes
  • Imagen: ESPAZO ACTIVO ABERTO-ANTIGA RADIO.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie