Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null A AULA SÉNIOR LALÍN CONTINUARÁ ESTE ANO O SEU PROGRAMA FORMATIVO DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E OFERTARÁ NOVAS ACTIVIDADES
A AULA SÉNIOR LALÍN CONTINUARÁ ESTE ANO O SEU PROGRAMA FORMATIVO DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E OFERTARÁ NOVAS ACTIVIDADES
30 marzo 2023

O alcalde de Lalín vén de asinar co presidente ATEGAL un convenio que contempla unha achega municipal a ATEGAL de 6.000 €, dado o éxito acadado no primeiro ano de vida

Lalín é o único concello de Galicia en facer unha achega a ATEGAL para o desenvolvemento das actividades tal como onte puxo de manifesto a conselleira de Política Social, Fabiola García, que tomou parte no I Aniversario da Aula Sénior Lalín e que tamén estivo presente na firma deste convenio, xunto á tenente alcalde e concelleira de Política Social, Paz Pérez

O Concello de Lalín vén de renovar a colaboración para este ano 2023 con ATEGAL. Aulas Sénior de Galicia, que permitirá continuar desenvolvendo o amplo programa de actividades de envellecemento activo que está a levar adiante a Aula Sénior Lalín. Unha Aula Sénior Lalín que suma preto de 150 participantes e que vén de celebrar no día de onte o seu primeiro aniversario nun acto que contou coa presenza do alcalde de Lalín; da conselleira de Política Social; do presidente de ATEGAL; do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria e da concelleira de Política Social e tenente alcalde no que se puxo en valor o traballo desenvolto neste primeiro ano de andaina, grazas tamén á colaboración da Xunta de Galicia e de ATEGAL.

Mediante o convenio de colaboración asinado no día de onte entre o rexedor lalinense, José Crespo, e o  presidente de ATEGAL, Ángel Fagilde, o Concello de Lalín achegará a esta asociación dedicada á formación permanente para persoas adultas un total de 6.000  € que posibilitarán proseguir coas actividades da Aula Sénior Lalín con motivo do éxito acadado. No acto tamén estiveron presentes a titular autonómica Fabiola García; a concelleira de Política Social, Paz Pérez e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo.

A través desta achega municipal, e como novidade recollida neste convenio, as persoas poden desfrutar de actividades como inglés, pintura ao óleo, acuarela e, debido á gran demanda, da implantación dun segundo grupo de estimulación cognitiva. Tamén se continuará ofertando historia da arte e manexo de smartphone.

Desta forma, ofréceselle aos usuarios un abano de posibilidades moi diverso co que se pretende dar cabida á demanda que poida xurdir na contorna local nun marco de actuación para unha vida activa, saudable e independente obtendo un lugar onde as persoas poidan envellecer dignamente e con calidade de vida.

Cómpre destacar, tal como puxo de manifesto a conselleira de Política Social onte na celebración do primeiro aniversario de Ategal, que o Concello de Lalín é o único municipio de Galicia en facer unha achega a Ategal para a promoción destas actividades, algo que denota a implicación e o compromiso social do municipio.

Imagen A AULA SÉNIOR LALÍN CONTINUARÁ ESTE ANO O SEU PROGRAMA FORMATIVO DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E OFERTARÁ NOVAS ACTIVIDADES
Galería imaxes
  • Imagen: 1.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie