Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO DE LALÍN RECIBE A DOAZÓN DUN MAPA DE DOMINGO FONTÁN, RELEVANTE BEN PATRIMONIAL PERTENCENTE Á FAMILIA ALLER RIVAS
O CONCELLO DE LALÍN RECIBE A DOAZÓN DUN MAPA DE DOMINGO FONTÁN, RELEVANTE BEN PATRIMONIAL PERTENCENTE Á FAMILIA ALLER RIVAS
01 abril 2023

Datado en 1845 e considerado o primeiro mapa cartográfico de España feito con criterios científicos, Fontán dedicou 17 anos a facelo, percorrendo a pé e a cabalo Galicia enteira

 

Agradécese este xesto de xenerosidade á familia doadora por posibilitar que esta xoia do patrimonio documental galego pase a formar parte do patrimonio dos lalinenses

 

Ademais do seu alto valor propio, para Lalín ten unha especial relevancia xa que existe unha vinculación cun dos seus Fillos Ilustres, o Matemático de Bermés, que foi mestre de Domingo Fontán

 

Para outorgarlle a consideración que este ben se merece, o Concello xa comezou a tramitación para levar a cabo a intervención de conservación e restauración do mesmo e garantir así a súa conservación nas mellores condicións posibles de cara a que as futuras xeracións poidan seguir gozando desta obra mestra

O Concello de Lalín vai recibir da familia Aller Rivas unha doazón dun exemplar da “Carta Xeométrica de Galicia dividida nas súas provincias”, obra do pai da cartografía moderna, Domingo Fontán, datado en 1845 e que constitúe unha xoia do patrimonio documental cultural. Así se recolle nun acordo que vén de aprobar a xunta de goberno local e no que se faculta ao alcalde de Lalín para asinar a acta de entrega e recepción deste ben obxecto da doazón.

Desde o Concello de Lalín agradécese enormemente a xenerosidade e o máximo agradecemento á familia Aller Rivas por realizar esta doazón altruísta ao Concello de Lalín de tan emblemático e relevante ben documental, un dos poucos exemplares existentes conservados do coñecido popularmente como “Mapa de Domingo Fontán” que restaurará para garantir a súa axeitada protección e conservación. Xa que logo considérase unha honra aceptar a doazón de tan significativa documento que pasará a formar parte do patrimonio dos lalinenses.

A peza que doarán aos catro irmáns Aller Rivas está constituída por 12 pranchas gravadas e encoladas sobre tea e ten unhas dimensións de 235 cm. de alto por 237 cm. de ancho, sendo unha obra de grandes dimensións. Trátase dun documento crucial na historia de Galicia, ao tratarse do primeiro mapa rigoroso da xeografía da nosa comunidade e supuxo un adianto técnico moi avanzado, introducindo os métodos científicos no cartografado do territorio.

O ano de realización é o 1845, e o gravador  L. Bouffard. Trátase dun ben cultural crucial na historia de Galicia, ao ser o primeiro mapa feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (medición de bases,  triángulación, aritmetría barométrica, etc.). O profesor Domingo Fontán dedicou 17 anos a cartografar Galicia aproveitando os avances científicos procedentes de Francia, e desenvolveu unha rede xeodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para os que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago e adquiridos en París e Londres. Para elaborala,  percorreu pé e a cabalo Galicia enteira. No mapa, sitúanse as 4.000 igrexas das parroquias galegas e todos os accidentes xeográficos importantes, alcanzando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da fotogrametría aérea.

Ademais do seu alto valor propio, para Lalín ten unha especial relevancia xa que existe unha vinculación cun dos seus Fillos Ilustres, o Matemático de Bermés, personaxe tamén capital na historia científica a nivel internacional -a quen o Concello de Lalín honra mañá mediante a descuberta dun novo busto na súa parroquia natal, Bermés-, e que foi mestre de Domingo Fontán, o primeiro cartógrafo científico de Galicia.

Este documento non so é un é un obxecto de culto entre os xeógrafos e historiadores, senón que se trata dunha peza moi apreciada entre as coleccións de referencia coma poden ser a do Museo Arqueolóxico de Ourense, a da Universidade de Santiago, ou a do Museo Provincial de Lugo, que o teñen exposto de xeito permanente.

Para outorgarlle a este ben a consideración que merece, o Concello xa comezou a tramitación para levar a cabo unha intervención de conservación e restauración sobre o mesmo. Estamos a falar dun obxecto realizado fai case dous séculos (178 anos), polo que o tratamento fomentará unha axeitada observación dos detallados elementos xeográficos galegos plasmados na superficie do material. Ademais, permitirá que se garanta a súa futura conservación nas mellores condicións posibles, de cara a que as futuras xeracións poidan seguir gozando desta obra mestra, como dicimos moi vinculada ao municipio por medio dun dos nosos Fillos Ilustres.

Imagen O CONCELLO DE LALÍN RECIBE A DOAZÓN DUN MAPA DE DOMINGO FONTÁN, RELEVANTE BEN PATRIMONIAL PERTENCENTE Á FAMILIA ALLER RIVAS
Galería imaxes
  • Imagen: fontán

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie