Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO DE LALÍN ACOLLERÁ O IV XACOBEO CLARINET FEST DE GALICIA DO 14 AO 22 DE XULLO QUE SUMARÁ IMPORTANTES NOVIDADES
O CONCELLO DE LALÍN ACOLLERÁ O IV XACOBEO CLARINET FEST DE GALICIA DO 14 AO 22 DE XULLO QUE SUMARÁ IMPORTANTES NOVIDADES
02 abril 2023
  • As inscricións abriranse o día 1 de abril

  • As xornadas estarán conformadas por máis de 20 concertos, conferencias e exposicións de acceso gratuíto para o público en xeral

  • Celebraranse o I Concurso internacional de composición para clarinete “Reveriano Soutullo” no que as obras gañadoras obterán un premio en metálico e a edición posterior da obra, e o Iº Concurso internacional de orquestra “Iº Xacobeo International Clarinet Competition, no que os gañadores poderán participar como músicos activos Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia e Orquestra de Guimaraes

Lalín acollerá o IV Xacobeo Clarinet Fest que terá lugar entre os días 14 e 22 de xullo de 2023 e que incorporará importantes novidades. As xornadas acollerán tanto a estudantes como clarinetistas profesionais e nos que o público xeral poderá desfrutar dos diferentes concertos e actividades programadas.

O Festival e Academia conta con clarinetistas de diferentes nacionalidades, e presenta unha heteroxénea programación distribuída en concertos, exposicións, conferencias así como múltiples clases maxistrais realizadas polos artistas convidados. Os concertos e clases maxistrais, celebraranse en emprazamentos tales como a Praza da Igrexa, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, ou o Auditorio Municipal, sempre co ánimo de abrir o festival ao conxunto da sociedade e acadar así unha maior difusión e asistencia, estando conformado por máis de 20 concertos, conferencias e exposicións de acceso gratuíto para o público en xeral.

NOVIDADES

Acollerase o Iº Concurso Internacional De Composición Para Clarinete “Reveriano Soutullo”, coa idea de poder abrir un espazo para os compositores relacionado co mundo clarinetístico. Neste concurso, orientado á creación de pezas para clarinete solista e conxunto de clarinetes, contarase cun xurado excepcional formado por directores e compositores galegos.

As obras gañadoras obterán un premio en metálico e a edición posterior da obra. Ademais, estrearanse e interpretarán dentro da programación do festival. Terá lugar tamén o Iº Concurso Internacional de Orquestra “Iº Xacobeo International Clarinet Competition”.

Este concurso internacional abrirá as portas ao mundo orquestral a todos/as os participantes. Está orientado a alumnos/as que estean a cursar estudos superiores e másteres, grazas a este concurso poderán optar, como premio, a participar como músicos activos durante a tempada de concertos (2023/2024) de tres grandes orquestras internacionais: Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia e Orquestra de Guimaraes.

Ofertaranse tamén produtos da zona elaborados en formato de petiscos polos restauradores de Lalín e complementados con bebidas artesás e ecolóxicas elaboradas na zona (Cervexa e Hidromel), baixo o lema Xacobeo Clarinet Beer Fest.

ARTISTAS CONVIDADOS

Contarase coa presenza de doce recoñecidos clarinetistas como son os son o holandés Arno Piters, o australiano David Griffiths, o Húngaro-Rumano Tibor Reman, a canadiense Michelle Anderson, os italianos Lorenzo Coppola, Massimo Mazzone, Niccola Giammariano, os portugueses Vitor Matos e Sergio Pires, os españois Juan Ferrer, Wolfgang Puntas, Josep Sancho, Josep Fuster, José Franch Ballester, e os galegos Xocas Meijide e Emilio Alonso Espasandín. Tamén se contará coa presenza de tres grandes pianistas como Alicia González Permuy, Pablo Rodríguez e Cristina Esclapez, considerados como os máximos expoñentes a nivel mundial dentro das súas especialidades. Estarán presentes tamén os mellores constructores de clarinete do panorama mundial como son Selmer, Buffet Crampon, Patricola, Backun ou Yamaha entre outras.

Na programación do Xacobeo Clarinet Fest tamén se dá o feito de posibilitar, introducir e achegar elementos de carácter etnográfico e cultural autóctonos como son a tradición do conto oral e a representación de monicreques, adaptados ambos ao eido musical.

Imagen O CONCELLO DE LALÍN ACOLLERÁ O IV XACOBEO CLARINET FEST DE GALICIA DO 14 AO 22 DE XULLO QUE SUMARÁ IMPORTANTES NOVIDADES
Galería imaxes
  • Imagen: 1.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie