Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O 5 E 6 DE XUÑO TERÁ LUGAR UN SEMINARIO SOBRE SAÚDE E BENESTAR NO MARCO DO CONVENIO ENTRE CONCELLO E UNIVERSIDADE DE VIGO
O 5 E 6 DE XUÑO TERÁ LUGAR UN SEMINARIO SOBRE SAÚDE E BENESTAR NO MARCO DO CONVENIO ENTRE CONCELLO E UNIVERSIDADE DE VIGO
30 maio 2022

Será a segunda das actividades formativas no marco desta iniciativa de colaboración e desenvolverase na sala de prensa do Concello a partir das 16.30 h ambos os dous días

Ao abeiro deste acordo de colaboración entre Concello de Lalín e a Universidade de Vigo desenvolveranse un total de cinco seminarios gratuítos para persoas maiores de 50 anos, catro en xuño ademais do xa desenvolto en abril sobre a soidade non desexada

O número de prazas ofertadas neste seminario sobre “Saúde e benestar” é de 35 prazas debido á elevada demanda que está a ter

Con esta iniciativa trátase de promover a importancia do envellecemento activo, da continua formación e aprendizaxe nas aulas así como contribuír a acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual

Durante o mes de xuño terán lugar catro seminarios que impartirá profesorado da Universidade de Vigo. Así os vindeiros 5 e 6 de xuño desenvolverase o II Seminario sobre “Saúde e benestar” na Sala de prensa do Concello de Lalín e será impartido por Marisol López Reyes, profesora do Programa Universitaria de Maiores da Universidade de Vigo.

 

O seminario consta de dúas sesións: a primeira, a sesión divulgativa, que terá lugar o día 5 de xuño de 16:30 a 18:30 na que se falará sobre a importancia da alimentación para a saúde, os beneficios do consumo de alimentos locais sostibles, saudables e de tempada; e a segunda, a sesión práctica, que terá lugar o día 6 de xuño de 16:30 a 19:30 sobre a gastronomía, aptitude culinaria e propiedades nutricionais dos produtos agroalimentarios da capital do Deza e demostración e cata de produtos autóctonos.

 

Os seguintes seminarios son: “Tecnoloxía uso de ferramentas no teléfono móbil” os días 14 e 15 de xuño con temas como aplicación de WhatsApp, código QR, banca electrónica, citas médicas, etc.; “Como entender os impostos” os días 21 e 22 de xuño no que se remarcará a importancia de coñecer cuestións básicas que rodean a fiscalidade, tratamento de herdanzas, plans e fondos de pensión, etc; e “Arte e historia” os días 27 e 29 de xuño no cal se coñecerá o patrimonio do Concello de Lalín e se fará unha visita guiada ao Pazo de Liñares.

Ao abeiro deste acordo de colaboración entre Concello de Lalín e a Universidade de Vigo desenvolveranse un total de cinco seminarios gratuítos para persoas maiores de 50 anos, catro en xuño ademais do xa desenvolto en abril sobre a soidade non desexada.

 

O convenio de colaboración do Concello de Lalín coa Universidade de Vigo ten como obxectivo principal afrontar desde o eido universitario o achegamento de formación sobre diversas temáticas de interese para a veciñanza e, especialmente para as persoas maiores, ao tempo que promover a participación e a aprendizaxe ao longo da vida e, ao mesmo tempo, paliar as dificultades que sofren as persoas para participar no tempo o ocio e desfrutalo de forma satisfactoria, para a súa formación, etc., a través deste programa  ou de iniciativas como a Aula Sénior, musicoterapia, entre outras.

 

 

Programación

Seminario I: “A soidade non desexada”

  • 27 de abril, de 16.30 a 18.30 h.

Sesión teórica:  A soidade é sempre mala?

  • 27 de abril, de 18.30 a 20.00 h.

Sesión práctica: Intelixencia emocional ante a soidade

Isabel Ferreiro González

Profesora do departamento de Análise e intervención psicosocioeducativa.

Responsable de gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo.

Seminario II: “Saúde e benestar”

  • 5 de xuño, de 16.30 a 18.30 h. º

Sesión divulgativa: Importancia da alimentación para a saúde. Beneficios do consumo de alimentos locais sostibles saudables e de tempada.

  • 6 de xuño, de 16.30 a 19.30 h.

Sesión práctica: Gastronomía, aptitude culinaria e propiedades nutricionais dos produtos agroalimentarios da capital do Deza.

Demostración e cata de produtos autóctonos.

Marisol López Reyes

Profesora do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo

Seminario III: “Tecnoloxía uso de ferramentas no telefono móbil”

  • 14 de xuño, de 16.30 a 19.00 h.

Sesión teórico-práctica 1: «O teléfono móbil. Configuración básica. WhatsApp e Videochamadas. Lecturas código QR. Aplicacións de banca electrónica e pago»

  • 15 de xuño, de 16.30 a 19.00 h.

Sesión teórico-práctica 2: «Outras aplicacións. Calendarios de vacinación e medicacións. Petición de citas médicas. Localización de persoas, etc.»

Adrián Seara Vieira

Profesor da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo.

Seminario IV: Como entender os impostos

  • 21 de xuño, de 16.30 a 19.00 h.

Sesión teórico-práctica 1: Importancia de coñecer cuestións básicas que rodean a fiscalidade, entre outras, tratamento das herdanzas, plans e fondos de pensións, imposto de bens inmobles, plusvalía municipal, etc.

  • 22 de xuño, de 16.30 a 19.00 h.

Sesión teórico-práctica 2: Exemplos prácticos de todas estas cuestións, con casos de aplicación directa aos elementos sinalados para conseguir unha correcta planificación fiscal.

Alberto Vaquero García

Profesor Titular de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo.

Seminario V: “Arte e historia”

  • 27 de xuño, de 16.30 a 18.30 h.

Sesión divulgativa: “Un percorrido patrimonial pola historia do Concello de Lalín”

  • 29 de xuño, de 16.30 a 19.30 h.

Sesión práctica: “Visita ao Pazo de Liñares”

Ana Cebreiros Iglesias

Profesor da Facultade de Historia da Universidade de Santiago

 

Imagen O 5 E 6 DE XUÑO TERÁ LUGAR UN SEMINARIO SOBRE SAÚDE E BENESTAR NO MARCO DO CONVENIO ENTRE CONCELLO E UNIVERSIDADE DE VIGO
Galería imaxes
  • Imagen: Captura.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie