Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null ARRANCA UNHA ACCIÓN DIVULGATIVA DA AXENDA URBANA LOCAL DE LALÍN PARA ACHEGAR Á VECIÑANZA E AOS COLECTIVOS AS VANTAXES DESTA FERRAMENTA
ARRANCA UNHA ACCIÓN DIVULGATIVA DA AXENDA URBANA LOCAL DE LALÍN PARA ACHEGAR Á VECIÑANZA E AOS COLECTIVOS AS VANTAXES DESTA FERRAMENTA
05 agosto 2023

 

O Concello deseña a súa Axenda Urbana co ollo posto no 2030 e nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e da UE

 

O Concello de Lalín aborda xa as novas accións establecidas para o desenvolvemento da “estratexia da Axenda Urbana Local de Lalín”, ao amparo do proxecto piloto, financiado e impulsado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y  Agenda Urbana, que converte a Lalín nun dos referentes de España en desenvolvemento sostible aliñado cos ODS-2030.

Os obxectivos que se queren acadar van dende a ordenación do territorio á xestión dos recursos,  pasando pola innovación dixital e a gobernanza local. O carácter estratéxico deste plan colocou a Lalín como un referente precursor no seu desenvolvemento, así considerado polo Ministerio, sendo ademais o concello piloto galego de entre 20.001 e 50.000 habitantes seleccionado para financiar o seu deseño e implementación. Un dos aspectos máis salientables da Axenda Urbana é a súa condición de mecanismo facilitador de acceso a axudas europeas e estatais que teñan como destino investimentos nas materias citadas como obxectivos.

Como xa ocorrera na fase de deseño, o plan lalinense quere contar coa colaboración e a participación da cidadanía; desta volta no proceso de implementación de actuacións, polo que se vai buscar afondar na xa aberta vía de comunicación cos lalinenses para que poidan compartir a información sobre o plan e xerar empatías e sinerxías no seu desenvolvemento. No mes de abril, deu comezo o deseño dunha campaña informativa e formativa para achegar o proxecto á veciñanza e dun xeito especial aos máis novos, en cuxas mans estará o Lalín da nova década.

En total, máis de duascentas persoas participaron o pasado outubro nas xornadas de formación que impartía  o consistorio para iniciar un proceso ao que agora se lle dará continuidade e acadar así a maior poboación posible participando no proceso de implantación da Axenda Urbana do seu propio concello. Este, xunto a outras 121 localidades, forman parte do proxecto piloto que leva aos concellos, da man da Axenda Urbana Española, para chegar a ser uns referentes para o resto de municipios de España.

O proxecto de actuación con colectivos, poñerase en marcha logo do verán, a partir de setembro, para chegar aos nenos dos centros escolares lalinenses e aos mozos durante o curso escolar e así tratar con eles cuestións de ámbito local, urbanístico e ambiental contemplados na Agenda Urbana Española e na estratexia lalinense para a súa implementación.

O primeiro colectivo que vai recibir as “visitas formativas” será o escolar logo do retorno ás aulas. Posteriormente, a campaña vaise achegar ás parroquias e puntos de referencia territoriais, aos axentes sociais e aos veciñais para explicar os aspectos da Axenda Urbana Local a través de charlas e xornadas de traballo que se desenvolverán durante o outono e o inverno.

De igual forma, estableceranse accións para acadar unha axeitada divulgación informativa e publicitaria ao longo deste mesmo período, co obxectivo de xerar interese na poboación, cara este ambicioso proxecto da cidade. Esta mesma semana, púxose en servizo a nova sección dedicada á Axenda Urbana Local dentro da web municipal (www.lalin.gal). O novo espazo, dedicado á Axenda Urbana Local neste soporte dixital xa está operativa en tres idiomas: galego, castelán e inglés: https://axendaurbana.lalin.gal/

Para una implantación paulatina da Axenda Urbana Local de Lalín, o Concello propuxo catro fases de acción: nunha primeira, levouse a cabo un diagnóstico sobre a realidade urbana, e tamén da rural, buscando unha integración transversal de políticas de desenvolvemento en ámbalas áreas. Nunha segunda fase fixouse cada un dos  obxectivos, logo de ter recibido propostas cidadáns e de colectivos sociais e económicos. E nunha terceira, foron plasmados nun “plan de Acción” con propostas a concretar para o Concello. Plan de acción que agora empeza a executarse e que ten esta campaña como unha das accións de apoio e inicio.

A cuarta fase, que se abordará de inmediato, consiste na execución e seguimento de actuacións do plan para acadar o maior grao de éxito nas accións propostas. É neste marco no que, dende o Concello, se acordou poñer en marcha un conxunto de accións para achegar aos veciños todas e cada unha das actuacións que se vaian a desenvolver e, á vez, recibir novas aportacións que permitan mellorar as distintas actuacións.

O plan estratéxico concíbese como un documento non normativo que quere marcar una nova visión do desenvolvemento sostible cunha visión estratéxica, sostible e humanizada do entorno urbano. Trátase dunha adaptación da Axenda urbana 2030, que conta cun enfoque mundial, con obxectivos xerais e pouco específicos que fan difícil a súa aplicación a pequenos pobos rurais de menos de 50 000 habitantes. É por iso polo que a Axenda Urbana Local de Lalín se expón coma unha nova visión da mesma para facilitar a aplicación a concellos pequenos e rurais.

Os 150.000€ concedidos como axuda ao abeiro do plan foron financiados polos fondos europeos Next Generation para a recuperación europea, que busca reformar e construír un novo xeito de vida nos países da Unión Europea. 

Imagen ARRANCA UNHA ACCIÓN DIVULGATIVA DA AXENDA URBANA LOCAL DE LALÍN PARA ACHEGAR Á VECIÑANZA E AOS COLECTIVOS AS VANTAXES DESTA FERRAMENTA
Galería imaxes
  • Imagen: Captura (1)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie