Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null ESPAZOS NATURAIS, RUTAS DE SENDEIRISMO E O CAMIÑO DE SANTIAGO, RECURSOS MÁIS DEMANDADOS POLOS VISITANTES DA OFICINA DE TURISMO
ESPAZOS NATURAIS, RUTAS DE SENDEIRISMO E O CAMIÑO DE SANTIAGO, RECURSOS MÁIS DEMANDADOS POLOS VISITANTES DA OFICINA DE TURISMO
06 agosto 2023
  • A motivación gastronómica xunto coa natureza constitúen puntos fortes do destino
  • Durante o mes de xullo varios representantes de establecementos turísticos achegáronse á Oficina a recoller material para ofrecer á clientela; a implicación dos distintos axentes que forman parte da imaxe de destino turístico é clave para garantir unha atención integral de calidade cara visitantes e turistas

A Oficina de Turismo do Concello de Lalín atendida de luns a sábado, en horario de mañá de 10:30 a 14:00 e de atención telefónica tamén polas tardes de 16:00 a 19:00 de luns a venres, por unha persoa con formación específica en Turismo contratada polo Concello de Lalín ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos da Deputación, recibiu desde a súa apertura a mediados de maio e nestes dous últimos meses preto dun cento de visitas, tal como explica a concelleira de Turismo, Begoña Blanco.

Como consulta telefónica recorrente solicítase información sobre o Pazo de Liñares, (apertura, horarios, condicións de acceso, etc.), así como información xenérica sobre o destino e lugares de interese. En termos xerais piden envío da información por correo electrónico, sinala.

Blanco incide en que “aínda que o número de visitas non é unha cifra moi alta, si se trata dunha cantidade considerable, tendo en conta que moita xente opta por planificar e obter información directamente dende os seus dispositivos móbiles”. “Débese ter en conta que se dispón dunha páxina web de turismo con toda a información integrada dende lugares imprescindibles, folletos descargables (mapas e distintos despregables), teléfonos de interese e toda a información que o turista pode precisar”, afirma.

En canto á procedencia dos visitantes predominan turistas de distintas zonas de España, especialmente de Madrid e Andalucía, dos que varios deles ían quedar a durmir en Lalín e aproveitar a súa centralidade para visitar distintas zonas de Galicia, subliña.

Respecto dos visitantes estranxeiros indica Blanco que “en xeral, houbo moi poucas visitas de estranxeiros, sen contar a peregrinos, e o lugar de procedencia maioritariamente foi Francia, Portugal e Italia”. “Incluíndo aos peregrinos, o 90% eran de procedencia estranxeira: máis da metade viñan en grupo de tres ou máis persoas e sobre un 40% dos que se achegaron á Oficina de Turismo facían o camiño sós, a súa maioría a pé; tan só houbo un par deles que o fixeron en bicicleta. A maior parte deles ademais de selar a credencial adoitan solicitar información principalmente de aloxamentos e restaurantes”, precisa.

Así mesmo a concelleira de Turismo detalla que “os veciños lalinenses así como visitantes doutras zonas da nosa Comunidade que acudiron á Oficina interesáronse principalmente polos espazos naturais, as rutas de sendeirismo do noso concello e polo Camiño de Santiago, solicitando información específica do Camiño Portugués ou a Vía da Prata en bicicleta”. “Como norma xeral repítese a solicitude de indicación de lugares onde comer, sendo a motivación gastronómica xunto coa natureza outro punto forte do destino”, fai fincapé.

Por outra parte tamén salienta que o folleto de sendeirismo está a ter tamén moito éxito. Foron bastantes as persoas que acudiron á oficina solicitándoo. Débese indicar que este recurso está dispoñible en distintos lugares como o Castro Tecnolóxico, o Museo municipal ou o Pazo de Liñares, onde existe un expositor. O Concello xunto con Roteiros de Lalín están facendo un esforzo por posicionar a Lalín grazas a numerosas rutas existentes no municipio como unha das principais opcións de sendeirismo de Galicia.

Blanco tamén pon en valor que “durante o mes de xullo varias persoas de establecementos turísticos se achegaron á Oficina a recoller material para ofrecer aos clientes, quedando así patente a implicación dos distintos axentes que forman parte da imaxe de destino turístico, aspecto que consideramos de vital importancia para garantir unha atención integral de calidade cara aos visitantes e turistas”.

PERFIL E MEDIO DE LOCOMOCIÓN

No que toca ao perfil tipo do turista/peregrino/visitante, Blanco concreta que “se mantén como nos últimos anos sendo unha persoa de 35 a 65 anos que viaxa principalmente en parella”. “Existe un descenso das visitas de familias con nenos respecto doutros anos”, engade.

“O visitante soe chegar a Lalín principalmente en coche particular (aínda que respecto de anos anteriores aumentou o número de visitas que non posuían coche propio, solicitando información específica de conexións de Lalín con outros lugares como Santiago ou Pontevedra)”, explica.

En xeral, predominan aquelas persoas que están no pobo por un día, e polo tanto non pernoctan no pobo. Neste sentido Blanco destaca que “desde o goberno se ten claro que unha das prioridades é aumentar a estancia media dos turistas no noso municipio ofertándolle opcións para facer, polo menos, estadías de dous días, de maneira que o gasto por turista aumente (restauración, aloxamento, comercio...) e o pobo se vexa aínda máis beneficiado”.

Imagen ESPAZOS NATURAIS, RUTAS DE SENDEIRISMO E O CAMIÑO DE SANTIAGO, RECURSOS MÁIS DEMANDADOS POLOS VISITANTES DA OFICINA DE TURISMO
Galería imaxes
  • Imagen: oficinaturismo1.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie