Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null GRAN ACOLLIDA DA NOITE DAS PERSEIDAS E DE TODAS AS ACTIVIDADES ASTRONÓMICAS DO CONCELLO PARA PROMOVER O DESTINO STARLIGHT
GRAN ACOLLIDA DA NOITE DAS PERSEIDAS E DE TODAS AS ACTIVIDADES ASTRONÓMICAS DO CONCELLO PARA PROMOVER O DESTINO STARLIGHT
08 agosto 2023
  • Desde o Alto de Rodelas na observación do vindeiro sábado poderase ver a Vía Láctea, a estrela dobre Albireo, o cúmulo aberto M 11, o cúmulo globular M 13, a nebulosa Lira e a incluso o Planeta Saturno
  • Na observación das Bágoas de San Lourenzo tomarán parte 55 persoas que lograron praza mediante inscrición previa no Museo Municipal, quedando 28 en lista de agarda

O vindeiro sábado 12 de agosto de 22 a 24 horas terá lugar desde o Alto de Rodelas (zona cero do Destino Starlight) unha sesión de observación astronómica a simple vista con telescopio portátil para ver a Noite das Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo. A sesión estará dirixida polo catedrático e director do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da USC, José Ángel Docobo.

 

Esta observación na que se poderá ver a Vía Láctea así como a estrela dobre Albireo, o cúmulo aberto M 11, o cúmulo globular M 13, a nebulosa da Lira e a última hora a saída polo leste do Planeta Saturno, enmárcase dentro do ciclo de actividades astronómicas Verán 2023 promovidas polo Concello de Lalín para poñer en valor a recentemente conseguida distinción de Destino Starlight  (turismo ligado ás estrelas e/ou aos astros).

 

As persoas que teñan confirmada a reserva de praza deberán ir con roupa axeitada e a poder ser cunha manta porque o mellor xeito de agardar polas Perseidas é estar deitado mirando ao ceo (ou no seu defecto desde unha cadeira plegable). Tamén é importante ir provistos dunha pequena lanterna non só para ver onde se anda senón tamén para cotexar o planisferio.

 

Estas actividades están a ter unha gran acollida posto que hai días que xa cubriron a totalidade das prazas, que foron todas con reserva previa no Museo municipal, e incluso hai lista de agarda. Así o autobús que partirá ás 21.30 horas do sábado desde diante da estatua de Loriga ten as 55 prazas cubertas e ademais hai 28 persoas en lista de agarda.

 

O obradoiro de astronomía e a conferencia “Que é Lalín Leste, Destino Turístico Starlight? que terá lugar o 23 de agosto ás 21 horas no Museo municipal ten tamén as 25 prazas ofertadas con cita previa cubertas e hai unha lista de agarda de 10.

 

Na primeira das actividades, un obradoiro de astronomía sobre “Uso do Planisferio para a localización de constelacións”, que tivo lugar o 19 de xullo no Museo municipal tamén se cubriron a totalidade das prazas.

 

Isto denota o éxito que están a ter este primeiro ciclo de actividades de potenciación do Destino turístico Starlight. Para contribuír a seguir potenciándoo, o Concello programará novas actividades en vindeiros meses.

 

É destacar que o Concello de Lalín acadou esta distinción de calidade turística avalada a nivel internacional a comezos do mes de abril despois de vir tempo traballando arreo desde a Concellería de Turismo e da man do profesor, catedrático de Astronomía e director de Observatorio da USC, José Ángel Docobo, así como do seu equipo conformado por Pedro Pablo Campo Díaz e Xabier Pérez Couto. Neste sentido desde o  Concello agradécese á USC e ao profesor Docobo a colaboración e atención especiais sempre co municipio.

O Destino Startlight é un dos atractivos que se quere potenciar en Lalín para incrementar o interese turístico do noso municipio, sobre todo, no que se refire ao mapa astronómico e científico.

Imagen GRAN ACOLLIDA DA NOITE DAS PERSEIDAS E DE TODAS AS ACTIVIDADES ASTRONÓMICAS DO CONCELLO PARA PROMOVER O DESTINO STARLIGHT
Galería imaxes
  • Imagen: vía láctea docobo.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie