Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A PRETO DE 1.200 PERSOAS NO ÚLTIMO ANO
O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A PRETO DE 1.200 PERSOAS NO ÚLTIMO ANO
20 agosto 2023
  • O 79% destas 1.191 persoas asistiron ao servizo de orientación laboral

  • Publicáronse 41 boletíns de emprego semanalmente cun total de 882 ofertas na páxina propia de Facebook deste servizo municipal

O Concello de Lalín conta desde outubro de 2021 co servizo de orientación laboral que, tal como explica a concelleira de Emprego, Beatriz Canda “ten por obxecto mellorar as aptitudes das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, así como o desenvolvemento de itinerarios laborais, fomento das habilidades profesionais, elaboración de currículos e preparación de entrevistas”.

Canda sinala que de “modo detallado, as actividades que realiza este servizo de orientación laboral son: diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional; deseño do itinerario personalizado para o emprego; acompañamento personalizado no desenvolvemento do itinerario e o cumprimento do compromiso de actividade; deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral que poidan ser de interese en función dos perfís das persoas orientadas; asesoramento e axuda técnica adicional para a definición do seu currículo e aplicación de técnicas para a procura activa de emprego; información e asesoramento adicional sobre a situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego, sobre a oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas e sobre a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de emprego autónomo, así como os recursos de apoio dispoñibles na súa contorna”.

A responsable municipal subliña que “a relación de funcións deste servizo de orientación laboral municipal se completa coas seguintes funcións: apoio á xestión da mobilidade laboral; coordinación e colaboración co resto de persoal de orientación laboral e coa Rede de técnicos de emprego de Galicia para o intercambio de información e boas prácticas no eido do emprego, o emprendemento e a análise e prospección do mercado laboral e, por último, cunha mellora continuada de competencias e recursos profesionais para a orientación laboral a través da participación nas accións de formación e capacitación específicas que se determinen desde a Xunta, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade”.

Deste xeito a concelleira de Emprego destaca que “desde este servizo no último ano atendéronse un 1.191 persoas,1.063 foron persoas demandantes direccionadas por parte da oficina de emprego e posteriormente reorientadas, das que o 79% asistiu ao servizo, e outras 128 persoas, entre as que se atopan persoas usuarias do CIM, dos servizos sociais municipais ou demandantes que acudiron pola súa conta a solicitar esta asistencia municipal. Cómpre indicar que o servizo de orientación laboral presta de xeito voluntario este servizo en colaboración cos departamentos de servizos sociais e co CIM ofrecendo orientación básica ás persoas demandantes para a procura de emprego: información dos recursos locais, métodos e técnicas, información de ofertas de emprego e de cursos formativos, etc.

Presenza na rede

Así mesmo Canda pon en valor que “a maiores, o servizo de orientación laboral conta con propia páxina da rede social Facebook, con autorización por parte do Servizo de Orientación e Emprego, que se denomina “servizo de orientación laboral Concello de Lalín” e “ofertas de emprego-servizo de orientación laboral do Concello de Lalín” onde se publican ofertas de emprego, cursos de formación e información importante de cara ás persoas demandantes de emprego (procesos de selección, bolsas de emprego, etc.). “As ofertas laborais que se publican de xeito diario no Facebook agrúpanse ao finalizar a semana nun boletín que se difunde a través desta mesma rede social coa finalidade de agrupar a busca de emprego a través dunha soa consulta, co conseguinte aforro de tempo”, puntualiza.

Ao respecto a concelleira resalta que “ata o día de hoxe realizáronse 41 boletíns semanais de ofertas de emprego, publicando as ofertas atopadas a través da consulta de diferentes portais de emprego, buscadores diversos, de “escoita activa” e das empresas de Deza e da contorna: en total publicáronse 882 ofertas”.

“Ademais a técnica responsable participa na xestión das seguintes accións: convocatoria das competencias clave (tramitación de solicitude e rexistro); tramitación da acreditación das competencias profesionais; tramitación da solicitude para expedición do título de certificado de profesionalidade e o cursos preparatorios do Celga; realización de currículo vitae dos usuarios carentes do mesmo; explicación dos métodos de busca de emprego actuais (inclusive as app e as redes sociais); análise do mercado laboral e información de ofertas de emprego coa fonte de orixe e explicación da maneira de proceder para candidatura como resposta a un anuncio”, sinala.

Amplo contacto con entidades para difusión de proxectos e formacións

Así mesmo a edil de Emprego precisa que “o servizo municipal de orientación laboral mantivo contacto cos técnicos/as das diferentes entidades coa finalidade de crear unha rede de contactos, xa que é unha canle clave para o redireccionamento de usuarios ou difusión de proxectos e formacións”. Concretamente, coas seguintes:

  • Servizos de orientación laboral da zona (Asociación de Empresarios de Deza; Fundación Roberto Rivas -Silleda-; Cogami -Santiago-; Fundación Amicos -Lalín-; Cáritas-Lugo/Lalín).

  • Cos técnicos da Cruz Vermella e de Cáritas Diocesana, principalmente para a preparación das competencias clave posto que realizan grupos formativos.

  • Cos técnicos locais de emprego de concellos da Comarca

  • Cos técnicos responsables de persoal das empresas Randstand, Cimo, Adecco e Manpower

  • Cos técnicos/as do programa do Servizo de Atención ás Migracións (SAMI)

  • Cos técnicos/as de servizos sociais do Concello de Lalín e Silleda onde as traballadoras sociais nos derivan persoas beneficiarias, por exemplo, de RISGA para traballar a súa inserción laboral

Por último, resalta que “foron varias as empresas da Comarca e de Tabeirós que se puxeron en contacto co noso servizo na procura de personal para a súa empresa e demandaban que lle publicáramos a oferta de emprego na páxina propia deste servizo de orientación”.

Enlace perfil: https://www.facebook.com/profile.php?id=100075826926894

Enlace páxina: https://www.facebook.com/profile.php?id=100075794844070

Imagen O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A PRETO DE 1.200 PERSOAS NO ÚLTIMO ANO
Galería imaxes
  • Imagen: 1bea

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie