Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null MARIÑO INFORMA DO PRÓXIMO INICIO DUNHA NOVA CAMPAÑA MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILO
MARIÑO INFORMA DO PRÓXIMO INICIO DUNHA NOVA CAMPAÑA MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILO
07 outubro 2023

Arrancará o 22 de outubro e desenvolverase por todas as parroquias, distribuídas en tres zonas,  ata o 14 de novembro

Solicítase a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba e terra, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación. Fóra desas datas non se poderán deixar

 

O concelleiro de Agricultura, Marcos Mariño, comunica que “a finais do mes de outubro dará comezo unha nova campaña de recollida de plásticos de silos agrícolas do Concello de Lalín, que se fará, como vén sendo habitual, polas distintas parroquias do concello, distribuídas en tres zonas de recollida”.

 

Deste xeito, explica Mariño, “a primeira desta zonas abrangue as parroquias de Lalín de Arriba, Xaxán, Goiás, Maceira, A Veiga, Sello, Fontecabalos, Erbo, Albarellos, Castro, Alemparte, Alperiz, Parada, Cadrón, Muimenta, Carballeda, Galegos, Cercio, Palio, Rodís, Cangas, Cello, Palmou, Camposancos e Val”. “Os veciños destas parroquias poderán depositar os plásticos nos lugares habilitados ao efecto os días 22, 23 e 24 de outubro e o 25 de outubro terá lugar a recollida”, sinala.

 

Mariño indica que “os puntos de acopio son xunto ao centro social de Goiás; xunto ao centro social de Sello; xunto ao depósito de auga de Palmou; xunto ao cemiterio de Erbo; no campo de fútbol de Cercio; no campo de fútbol de Cadrón; na estrada vella a Meixomín; na cooperativa de Castro; cooperativa de Maceira e no Campiño de Arriba de Cello”.

 

Os días 4, 5, 6 e 7 de  novembro terá lugar a recollida de plásticos na zona de Catasós, Vilanova, A Xesta, Barcia, Anseán, Gresande, Cristimil, Soutolongo, Botos, Moneixas, Zobra, Lebozán, Vilatuxe, Lodeiro, Doade, Donsión e Donramiro. O día de recollida será o 8 de novembro e os puntos de acopio: xunto ao centro social de Catasós; na estrada Lalín-Xesta (antes da ponte da autoestrada), xunto ao centro social de Vilatuxe, xunto ao centro social de Lebozán, xunto ao cruceiro de Doade, no aparcamento da igrexa en Sampaio, na cooperativa de Botos, na cooperativa Campodeza en Gresande, na Praza de Vilar de Soutolongo, na vía de servizo preto do aserradoiro de Moneixas e xunto ao monolito do Agro de Zobra.

 

Os días 11, 12, 13 e 14 de novembro a veciñanza das parroquias de Noceda, Anzo, Losón, Busto, Madriñán, Méixome, Santiso, Bermés, Prado, Bendoiro e Figlueira poderán deixar os plásticos de silo para a súa recollida nos puntos de acopio: xunto ao centro social de Losón, xunto ao centro social de Anzo, xunto ao centro social de Méixome, no campo da festa de Noceda, no campo da festa de Bermés e en Cardexía na finca de Vila fronte a pista que vén do Toxo. O 15 de novembro farase a recollida, da que se encargará en todas as parroquias a empresa SIMA S.L.

 

O edil de Agricultura precisa que “é importante recordar que os plásticos deben estar limpos de herba e terra e non se poderán depositar nin os cordeis, nin sacos big bags, nin garrafas, nin rodas e tampouco se poderán deixar os plásticos fóra desas datas”.

No caso de depositar residuos nestes lugares diferentes aos plásticos de silo poderá ser sancionado con multas de ata 750 € de acordo ao artigo 67 da ordenanza de medio ambiente e limpeza do Concello de Lalín.

Desde o Concello solicítase a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación.

Imagen MARIÑO INFORMA DO PRÓXIMO INICIO DUNHA NOVA CAMPAÑA MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILO
Galería imaxes
  • Imagen: 2

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie