Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO CONVOCA O XX CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA”
O CONCELLO CONVOCA O XX CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA”
22 outubro 2023

  • O prazo de presentación das cartas, que deberán ter como temática as violencias por razón de xénero, abrirase nos próximos días, unha vez se publique no BOPPO o extracto das bases e haberá tempo ata o 9 de novembro

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen, podendo enviar un máximo de tres cartas
  • As tres mellores cartas elixidas por un xurado entre as vinte preseleccionadas pola organización serán premiadas cun diploma acreditativo e con dispositivos electrónicos de lectura

de xénero, convoca a XX edición do Concurso de cartas “Dillo  a quen maltrata” 2023. Así o explica a concelleira de Igualdade, Carmen Canda, que explica que o concurso se rexe de acordo ás bases que se veñen de aprobar en xunta de goberno local. O prazo de presentación de traballos abrirase unha vez se publique no Boletín Oficial da Provincia o extracto de bases e permanecerá aberto ata o 9 de novembro.

Con esta iniciativa, organizada pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín, ten como finalidade promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións (física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria...) así como os efectos e consecuencias da mesma.

Poderán participar todas as persoas que o desexen, podendo enviar un máximo de tres cartas. As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín dentro dun sobre pechado, no que figurará XX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” ou ben enviarse por correo electrónico a axentedeigualdade@lalin.gal por separado nun arquivo a carta e noutro a ficha de inscrición, indicando no asunto XX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”.

A temática á que deben axustarse os traballos son as violencias por razóns de xénero. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión máxima de dous folios, escritos a unha soa cara a dobre espazo, preferiblemente en letra Arial, tamaño 12 e formato DIN A4. Todos deberán ser traballos orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos.

Os criterios de valoración polo xurado para elixir ás persoas premiadas serán o contido e tratamento do tema (ata 4 puntos), a orixinalidade (ata 3 puntos), e expresión e presentación en xeral (ata 3 puntos).

Estas bases reguladoras publicaranse no BOPPO e con posterioridade enviarase a convocatoria á Base Nacional de Subvencións que será a que dea traslado do seu extracto ao BOPPO. O prazo de presentación das cartas empezará ao día seguinte á publicación do extracto e rematará o xoves, 9 de novembro.

A organización do concurso procederá á preselección de vinte cartas. Destas vintena de traballos un xurado compostos por concelleiros/as de diferentes áreas municipais, dos membros dos distintos grupos da oposición e por persoal técnico con experiencia en violencia de xénero, presidido pola concelleira de Igualdade, valorará de 1 a 10 puntos cada unha das cartas atendendo aos ditos criterios de valoración expostos. Entre as mellor puntuadas elixirá as tres gañadoras.

Os premios consistirán nun diploma acreditativo e nos seguintes premios:

  • 1º premio: tablet 11” 4GB 128 GB valorada en 269 €
  • 2º premio: tablet 10,1” 3GB 32 GB valorada en 169 €
  • 3º premio: libro electrónico 6” valorado en 129 €

Os premios entregaranse en acto público con presenza das persoas gañadoras. Os premios poderán ser declarados desertos e o fallo do xurado será inapelable.

A concelleira de Igualdade anima a “toda a veciñanza a presentarse a esta iniciativa, xa que estamos a falar dunha lacra que afecta a toda a sociedade, que convén visibilizala e promover a súa prevención”.

 

Imagen O CONCELLO CONVOCA O XX CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA”
Galería imaxes
  • Imagen: dillo.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie