Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null LALÍN INICIA A VINDEIRA SEMANA AS ACTIVIDADES DO 25N CON DÚAS CHARLAS SOBRE REDES SOCIAIS E XÉNERO E CUN OBRADOIRO DE CULTURA URBANA
LALÍN INICIA A VINDEIRA SEMANA AS ACTIVIDADES DO 25N CON DÚAS CHARLAS SOBRE REDES SOCIAIS E XÉNERO E CUN OBRADOIRO DE CULTURA URBANA
27 outubro 2023
  • Serán dúas sesións sobre a temática de redes sociais e xénero que impartirá a profesora de Ciencias da Educación, Soraya Calvo, orientadas ao público en xeral e ao alumnado de ESO

  • As inscricións, gratuítas, para participar no taller sobre rap, graffiti, parkour e cap tain, pódense facer na Oficina de Igualdade do Concello ou en www.fagamos.es

As actividades de igualdade do Concello de Lalín relacionadas co 25N, Día Internacional contra a violencia, darán comezo a vindeira semana, coas dúas primeiras charlas do programa Lalín x igual que terán como temática as redes sociais (“Redes sociais e xénero, non te perdas na rede, que vexo en youtube”) e serán impartidas pola investigadora e profesora de Ciencias da Educación na Universidade de Oviedo, doutora en Equidade e Innovación en Educación, Soraya Calvo González.

Así o avanza a concelleira de Igualdade, Carmen Canda, que explica que “a primeira sesión dirixida ao público en xeral terá lugar o xoves, 2 de novembro, ás 20 horas na sala de prensa do Concello, e a segunda, o venres 3 de novembro ás 11 horas no Auditorio de Lalín destinada a alumnado de ESO”.

Soraya Calvo González é doutora en Equidade e Innovación polas Universidades de Oviedo, Cantabria, Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña (sobresaínte cum laude e premio extraordinario de doutorado na Universidade de Oviedo); máster en Comunicación e Educación a Rede pola Uned e máster en Intervención e investigación socioeducativa pola Universidade de Oviedo. No curso 2022-23 foi investigadora visitante na Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid.

Desde 2018 é profesora axudante doutora no departamento de Ciencias da Educación da Universidade de Oviedo, impartindo docencia no grao en Pedagoxía e en estudos de máster universitario (Formación do Profesorado de ESO, Bacharelato e FP, Intervención socioeducativa e investigación e innovación en Educación Infantil e Primaria). Anteriormente foi investigadora predoutoral Severo Ochoa e profesora asociada na mesma entidade.

Conta ademais con diversas publicacións en revistas académicas; ampla difusión en congresos, moitos deles de carácter internacional; varios membresías en comités científicos e/ou coordinadores e investigadora en proxectos de investigación financiados tanto europeos como nacionais, estando vinculada a varios proxectos de innovación docente.

Así mesmo é autora de materiais divulgativos relacionados co xénero e a educación sexual para entidades públicas, experta en investigacións sobre educación sexual e xénero e revisora de revistas indexadas e relevantes. Tamén destaca por poñer en marcha a coordinación ata 2018 do Servizo de Orientación e Información Sexual “SOISEX” e do Punto Lila (atención a agresións sexistas) do Concello de Gijón e o divulgadora en medios sociais e de comunicación e presidenta de Rixu: Asociación de Educación Sexual e Coeducación de Asturies.

Obradoiros Cultura urbana on tour

Por outra parte, Canda anuncia que “tamén o día 3 de novembro a partir das 16 horas terá lugar un obradoiro de Cultura urbana on tour sobre parkour, cap paint, graffiti e rap con enfoque de xénero, para a rapazada de 8 a 16 anos”. Desenvolveranse no patio do CEIP Xesús Golmar a partir das 16 horas. As inscricións son de balde e poderanse realizar na Oficina de Igualdade do Concello de Lalín ou en www.fagamos.es . Trátase dunha actividade de igualdade financiada pola Xunta de Galicia para 10 concellos galegos, relacionada coa igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

Imagen LALÍN INICIA A VINDEIRA SEMANA AS ACTIVIDADES DO 25N CON DÚAS CHARLAS SOBRE REDES SOCIAIS E XÉNERO E CUN OBRADOIRO DE CULTURA URBANA
Galería imaxes
  • Imagen: 8357c9fd-7d80-4184-accb-cc1fcbbb78a2

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie