Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null A XUNTA DE GOBERNO APROBA A CONVOCATORIA DO XXX PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” DOTADO CON 5.000 €
A XUNTA DE GOBERNO APROBA A CONVOCATORIA DO XXX PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” DOTADO CON 5.000 €
27 novembro 2023

  • O prazo de presentación abrirase nos vindeiros días, unha vez se publique o extracto das bases da convocatoria no BOPPO e rematará o 5 de xaneiro de 2024

 

  • Haberá dous galardóns, 4.000 € destinaranse ao mellor traballo xornalístico entre todas as categorías e 1.000 € ao mellor traballo académico

  • Será imprescindible que todos os traballos que se presenten ao certame, inda que sexan en formato físico/papel, se acompañen copia en soporte dixital (USB, DVD, CD ou similar) ou no seu caso, se acompañen dun enlace de descarga que permita efectivamente a mesma

O Concello de Lalín, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, as asociacións gastronómicas galegas e a Axencia Turismo de Galicia, convoca a XXX edición do Premio Nacional de Xornalismo Álvaro Cunqueiro, cuxas bases reguladoras veñen de aprobarse en xunta de goberno. Este galardón, o máis importante de xornalismo gastronómico de España, conta cunha dotación económica total de 5.000 € distribuídos en dous premios:

  • un primeiro premio de 4.000 € ao mellor traballo xornalístico entre o conxunto de todas as categorías e ao que poderán concorrer: escritos publicados en medios de comunicación impresos; libros; traballos; publicacións ou investigacións sobre gastronomía; os traballos xornalísticos en radios e televisión; páxinas web con contidos dedicados á gastronomía ou traballos gráficos (fotografía, viñeta, etc.) publicados en medios de comunicación impresos

 

  • e premio de 1.000 € ao mellor traballo académico (prensa, radio, televisión e web) dedicado á gastronomía e presentado por alumnos de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeografía nacional co fin de potenciar aos novos valores da profesión xornalística, debendo estar acreditados por un docente do centro de estudos

Os traballos poderán presentarse ata o 5 de xaneiro de 2024, unha vez se abra o prazo, que comezará ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, téndose primeiramente que publicar as bases no mesmo boletín. En todo caso no que respecta ao prazo de finalización, se o envío se realizase por correo ordinario, terase en conta a data que figure no cuño postal.

Poden participar no devandito certame os escritores, xornalistas e particulares que publicasen artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios, etc. en galego ou en castelán, nos distintos medios de comunicación, sobre temas relacionados coa gastronomía galega, en particular, sobre a gastronomía nos dous últimos anos. Non poderán ter sido premiados anteriormente e non poderá ser recoñecidos tres anos consecutivos un mesmo autor. Ademais poden tomar parte os estudantes de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual que presenten os seus traballos académicos relacionados coa gastronomía.

Na presentación dos traballos é a condición necesaria que a presentación dos traballos en formato físico/papel vaia acompañada da correspondente copia en soporte dixital (USB, DVD, CD ou similar) ou, no seu caso, dun enlace de descarga que permita efectivamente a mesma.

O xurado nomeado ao efecto, que estará formado por xornalistas de medios de comunicación de Galicia e representantes das institucións colaboradoras, seleccionará os traballos que considere merecedores de premios tendo en conta, en primeiro lugar, a súa calidade xornalística, pero tamén a súa difusión. Considerarase un mérito engadido a súa referencia ao Cocido de Lalín. Dará a coñecer publicamente o fallo nun acto programado ao efecto con anterioridade á celebración da LVI Feira do Cocido.

O Premio “Álvaro Cunqueiro” leva o nome do primeiro pregoeiro da Feira do Cocido e está promovido polo Concello de Lalín, desde o ano 1993, en colaboración coas asociacións gastronómicas galegas, a Axencia Turismo de Galicia e coa Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela para recoñecer o labor de xornalistas e escritores como difusores da cociña galega.

Imagen A XUNTA DE GOBERNO APROBA A CONVOCATORIA DO XXX PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” DOTADO CON 5.000 €
Galería imaxes
  • Imagen: 405762904_724121349849736_3442031886302791000_n

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie