Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null “ALMA DE NADAL” LÉVANOS A UN PERCORRIDO POLAS ALDEAS DE NADAL A TRAVÉS DUN MUNDO MÁXICO EN FORMA DE CONTO
“ALMA DE NADAL” LÉVANOS A UN PERCORRIDO POLAS ALDEAS DE NADAL A TRAVÉS DUN MUNDO MÁXICO EN FORMA DE CONTO
29 novembro 2023
  • Este conto oficial das Aldeas de Nadal, producido para o Concello de Lalín pola autora Charo Golmar e ilustrado por Olalla Garra, que ve a luz grazas á colaboración da Xunta de Galicia, preséntase este xoves 30 de novembro nun acto ao que están convidadas todas as persoas que desexen asistir

 

  • Constitúe unha das novidades deste ano do proxecto Aldeas de Nadal, que se inauguran o vindeiro venres 1 de decembro, ás 19 horas

As Aldeas de Nadal que promove o Concello de Lalín lévanse este ano ao formato impreso e estrean conto oficial cargado de maxia: “Alma de Nadal”. De autoría da escritora e docente Charo Golmar e ilustrado pola artista Olalla Garra, baixo a coordinación editorial do Concello de Lalín e editado co apoio económico da Xunta de Galicia, “Alma de Nadal” presentarase o vindeiro xoves, 30 de novembro, ás 17.30 horas, no vestíbulo do Concello nun acto aberto ao público que desexe asistir. No acto está prevista a participación de Charo Golmar; de Olalla Garra; do alcalde; da concelleira de Aldeas de Nadal; do secretario xeral de Política Lingüística, ademais dunha representación de membros da comunidade educativa lalinense.

“Alma de Nadal” foi ideado como un xeito de achegar á cativada de toda Galicia o proxecto das Aldeas de Nadal a través dun conto ilustrado a fin de que cando as visiten se sintan plenamente identificados con elas, pois atoparán en Lalín cada un dos elementos descritos nesa historia máxica.

Para a autora, Charo Golmar, “Alma de Nadal” é un “conto que afonda no espírito solidario do Nadal. Os protagonistas Alma e Gael reciben o mellor dos agasallos: a xenerosidade de todos consegue facer realidade os seus soños e trocar o xélido inverno na máxima festa das Aldeas de Nadal”.

Pola súa parte, Olalla Garra explica que as “ilustracións deste conto continúan co colorido elemento da vidreira -reproducida no cartel das Aldeas de Nadal de 2022 realizado por esta artista lalinense-. Aínda que moitos dos personaxes xa foran creados previamente para Aldeas de Nadal na pasada edición, naceron algúns novos: o principal, Alma, unha nena de pelo roxo cuxa vestimenta segue a descrición que achega o texto, cun xesto no rostro que utiliza como máscara para afrontar a adversidade, que podemos ver ao longo do libro ata a ilustración final, onde se ve ese cambio que foi posible grazas á axuda que todos os demais personaxes lle brindan”.

Este libro conto constitúe unha das novidades deste ano do proxecto Aldeas de Nadal do Concello de Lalín, que se inaugurarán o vindeiro venres 1 de decembro, ás 19 horas. Ás familias asistentes á presentación de “Alma de Nadal” do vindeiro xoves 30 faráselle entregar dun exemplar de “Alma de Nadal”.

 

Imagen “ALMA DE NADAL” LÉVANOS A UN PERCORRIDO POLAS ALDEAS DE NADAL A TRAVÉS DUN MUNDO MÁXICO EN FORMA DE CONTO
Galería imaxes
  • Imagen: convite

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie