Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O GOBERNO DESENVOLVE UN PROXECTO DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS AO ABEIRO DUNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN
O GOBERNO DESENVOLVE UN PROXECTO DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS AO ABEIRO DUNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN
07 decembro 2023

Blanco subliña que se instalou unha sinal de benvida do Pazo de Liñares e tres paneis interpretativos nos sartegos de Barcia, na rúa Matemático Rodríguez e no Museo Ramón Mª Aller ao abeiro desta actuación subvencionada integramente pola Deputación

A concelleira de Cultura e Turismo, Begoña Blanco, sinala que “desde o goberno levamos a cabo un proxecto de sinalización turística de elementos patrimoniais que completamos estes días, ao abeiro dunha subvención para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural que recibimos da Deputación de Pontevedra”.

Ao abeiro desta axuda de 12.002,52 € da Deputación, que cobre o 100% da contía solicitada, a responsable delegada explica que “instalamis diversos paneis interpretativos en elementos culturais lalinenses de acordo ás directrices do manual de sinalización turística de Galicia”. Concretamente sinalizamos os seguintes elementos patrimoniais e turísticos:

  1. Sinal elemento cultural sartegos de Barcia
  2. Sinalización específica de benvida ao Pazo de Liñares de gran formato, atendendo a distintas demandas de visitantes e turistas co fin de indicar a chegada ao Pazo de Liñares e a súa mellor visualización desde a estrada
  3. Sinal da rúa Matemático Rodríguez relativa a este persoeiro lalinense
  4. Museo Municipal Ramón Mª Aller. Observatorio: panel interpretativo preto do Museo que faga alusión ao mesmo, a Ramón Mª Aller, á súa importancia, e tamén alusión ao Observatorio e a súa relevancia

Blanco subliña que “desde o Concello seguimos a traballar na sinalización e interpretación do patrimonio creando unha imaxe integral de destino e traballando na posta en valor dos nosos recursos”. Neste sentido “a sinalización resulta esencial, xa que os recursos mediante sinais representativas fanse máis visibles para o público en xeral”. “A sinalización e accesibilidade turísticas son dos elementos esenciais dentro da estratexia de dinamización turística do territorio como a que se está a levar adiante no noso concello”, engade.

“Unha sinalización axeitada informa, ensina, orienta e multiplicar o valor dun recurso: significa proporcionarlle a turistas e visitantes información complementaria que dá lugar ao coñecemento do recurso”, subliña. “Ao mesmo tempo estamos contribuíndo á divulgación do noso patrimonio natural e cultural achegándoo á poboación e aos potenciais visitantes; á recuperación e posta en valor dos elementos patrimoniais da contorna, reforzando a identidade colectiva e a necesidade sobre a preservación do medio e do patrimonio; á dinamización socioeconómica; á incorporación de novas ferramentas tecnolóxicas (códigos QR) que amplíen a información obtida a través da sinalización e a mellora do acceso e interpretación dos recursos turísticos”, remarca Blanco.

A responsable subliña que “se tivo en conta na medida do posible a incorporación de varios idiomas, nalgúns casos, incorporouse tamén ao inglés”. “Toda a sinalización incorporou un QR que nos dirixe á paxina de turismo do Concello de Lalín, onde se pode acceder a todos os recursos turísticos e información do Concello para facilitar o acceso á información e á integración da mesma co obxectivo de ter un destino turístico integral dotado da mellor infraestrutura posible”, remarca.

“Esta sinalización reforza a persoeiros tan importantes como o Matemático Rodríguez: situouse o sinal na rúa que leva o nome ou a de Ramón Mª Aller nas inmediacións do Museo para facilitar a información sobre a casa do astrónomo e o seu contido”, afirma. “Os sartegos de Barcia tamén incorporan un panel interpretativo debido á súa importancia e para facilitar información dos mesmo”, sinala. “Colaborou tamén na sinalización o cronista Daniel González Alén para a que aportou varias fotografías do seu arquivo, e a quen agradecemos a súa cooperación”, precisa.

Imagen O GOBERNO DESENVOLVE UN PROXECTO DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS AO ABEIRO DUNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN
Galería imaxes
  • Imagen: PazoLiñares2

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie