Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null YOLANDA CASTAÑO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2023, SERÁ A PREGOEIRA DA LVI FEIRA DO COCIDO DE LALÍN
YOLANDA CASTAÑO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2023, SERÁ A PREGOEIRA DA LVI FEIRA DO COCIDO DE LALÍN
06 xaneiro 2024
  • A poeta, filóloga, tradutora e activa e premiada xestora cultural con case trinta anos de traxectoria profesional, que ten traballado na televisión, conta no seu haber con numerosos recoñecementos, entre os máis recentes atópanse tamén o de Premio da Cultura Galega das Letras, o de “Galega do Ano 2023” e o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

  • Conta coa súa propia Residencia para Escritores/as na Coruña e desde 2009 dirixe obradoiros de tradución poética, festivais e ciclos mensuais de poesía

  • A súa obra apareceu representada en multitude de revistas, libros colectivos e antoloxías, así coma en numerosos encontros e festivais de máis de corenta países de Europa, América, África e Asia, téndose traducido en parte a máis de 30 idiomas

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, vén de dar a coñecer o nome da que será a pregoeira da LVI Feira do Cocido: a Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño. Nada en Santiago de Compostela (1977) é poeta, filóloga, tradutora, videocreadora e unha activa e premiada xestora cultural coa súa propia Residencia para Escritores/as na Coruña. No ano que vén de finalizar tamén obtivo o Premio da Cultura Galega das Letras, o “Galega do Ano 2023” e o Premio de Ramón Piñeiro de Ensaio 2023.

Dende 2009 dirixe obradoiros de tradución poética, festivais e ciclos mensuais de poesía sempre con autores/as galegos/as e internacionais.

Foi dúas veces Premio Nacional da Crítica (1998 e 2022), Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009, Premio Fundación Novacaixagalicia, Premio Irmandade do Libro “Autora do Ano” 2014, Premio González-Garcés, “Galega do Ano 2023” e Premio da Cultura Galega ademais de Premio Nacional de Poesía, entre outros.

Conta con sete poemarios individuais, edicións bilingües (galego-castelán) para o resto de España e Latinoamérica, libros publicados en inglés, francés, catalán, italiano, serbio, macedonio, esloveno e armenio, plaquettes editadas en alemán, francés, croata, macedonio, grego e chinés, varias antoloxías –con música, bilingües, en cómic poético...– e mais sete libros de poesía infantil, ademais doutras obras publicadas como editora, biógrafa ou tradutora de poetas contemporáneos.

Traballou durante anos en TV (Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual) e recibiu bolsas como Escritora en Residencia en Rodas (Grecia), Múnic, Beijing, Escocia, Andalucía, Finlandia, California e Turquía.

Con case 30 anos de traxectoria profesional na poesía, desenvolve experiencias que fusionan a escrita coa plástica, música, performance, arquitectura, danza, audiovisual, cómic, cine en 360º ou mesmo coa cociña, xa sexa soa ou en colaboración con outros/as artistas.

A súa obra apareceu representada en multitude de revistas, libros colectivos e antoloxías, así coma en numerosos encontros e festivais de máis de corenta países de Europa, América, África e Asia, téndose traducido en parte a máis de 30 idiomas. O seu último poemario é Materia (Premio da Crítica Española 2022 e Premio Nacional de Poesía 2023), mentres que o máis recente dirixido á rapazada é “Paleta Planeta” (Baía, 2021).

Imagen YOLANDA CASTAÑO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2023, SERÁ A PREGOEIRA DA LVI FEIRA DO COCIDO DE LALÍN
Galería imaxes
  • Imagen: Yolanda Castan?o (xun?o 2021)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie