Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null A 24ª MATANZA TRADICIONAL DO PORCO CONTOU CUNHA GRANDE PARTICIPACIÓN NUNHA DAS SÚAS EDICIÓNS MÁIS SOBRESAÍNTES
A 24ª MATANZA TRADICIONAL DO PORCO CONTOU CUNHA GRANDE PARTICIPACIÓN NUNHA DAS SÚAS EDICIÓNS MÁIS SOBRESAÍNTES
22 xaneiro 2024

A recreación deste evento identitario desenvolveuse na magnífica casa fidalga de Golmar de Anzo e estivo organizada conxuntamente pola veciñanza de Anzo e de Busto

Crespo agradeceu a total implicación dos veciños da parroquia de Anzo e de Busto, que traballaron da man da comisión organizadora en colaboración cos edís de Festas, José Cuñarro, e de zona, Marcos Mariño para acadar esta edición exitosa

O rexedor tamén deu as grazas á familia Cortizo por ceder un inmoble tan singular e ideal para a recreación da Matanza

Manuel Vilariño e Daniel González Alén narraron en directo o desenvolvemento da Matanza

Foi unha das edicións máis completas no que respecta ás tradicións xa que contou con diversas recreacións de carácter etnográfico: mostra de antigos oficios, de tabernas antigas, da escarocha do millo, a presenza dun escribán ou a representación dunha regueifa da torna da auga

Houbo degustación de produtos típicos do porco e música a cargo da Carballeira de Cercio e Trío 3.com

 

A XXIV Matanza Tradicional, que hoxe tivo lugar na casa de Golmar de Anzo, organizada conxuntamente pola veciñanza das parroquias de Anzo e Busto, contou cunha elevada participación de veciños e visitantes, e foi unha das edicións máis sobresaíntes e completas xa que contou con moitas actividades e representacións de carácter etnográfico.

O alcalde José Crespo, agradeceu enormemente a total dispoñibilidade que os veciños destas dúas parroquias tiveron dende o primeiro momento para ser organizadores da Matanza, da man da comisión organizadora integrada por veciños de ambas dúas parroquias e dos concelleiros de Festas, José Cuñarro, e de zona, Marcos Mariño. O rexedor tamén agradeceu de primeira man á familia Cortizo (ao matrimonio conformado por José Luis Cortizo Vila e María José Méijome Pérez e ao seu fillo e nora, Rubén Cortizo Méijome e Ana Valladares González) a cesión da magnífica casa fidalga e as súas construcións anexas para levala adiante. Trátase dun inmoble singular con hórreo, palleira, lareira, portada de madeira, eira enlousada de pedra, entre outros moitos elementos singulares.

Asistiu tamén unha nutrida representación de membros da Corporación Municipal, ademais do conselleiro de Cultura, e do presidente da Deputación de Pontevedra.

O porco foi un exemplar lalaíno de 184 quilogramos en canal, que foi transportado como tradicionalmente se facía, nun carro tirado por vacas e foi levado ao lugar do seu despece. Tras a Matanza, houbo unha degustación de produtos típicos como a costela, torresmos e chourizos. A maiores, a veciñanza aportou unha gran diversidades de sobremesas típicas.

 

Por outra banda, a celebración da Matanza foi narrada e comentada polo xornalista Manuel Vilariño e polo Cronista Oficial de Lalín, Daniel González Alén, que achegaron aos visitantes aspectos historiográficos, etnográficos, culturais e ata anecdóticos ao redor deste evento que está tan enraizado nas nosas tradicións.

Ao  longo do proceso de recreación da Matanza houbo varias representacións de carácter etnográfico que sumaron un atractivo máis ao evento, tales como unha exposición de apeiros de labranza, de antigos oficios, a representación da chegada dunha emigrante procedente de Bos Aires, o afiado de gadañas, a escarocha do millo, a escenificación dun escribán que se trataba de redactar todo tipo de documentos relacionados coa vida dunha parroquia, ou a representación dunha regueifa da torna da auga, moi representativa das antigas liortas entre veciños. Tamén contou tamén coas actuacións musicais da Carballeira de Cercio e do Trío 3.com

 

Imagen A 24ª MATANZA TRADICIONAL DO PORCO CONTOU CUNHA GRANDE PARTICIPACIÓN NUNHA DAS SÚAS EDICIÓNS MÁIS SOBRESAÍNTES
Galería imaxes
  • Imagen: público Matanza

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie