Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O ALUMNADO DAS DÚAS SECCIÓNS “LALÍN VERDE” REMATA A FORMACIÓN COMPLEMENTARIA E TERÁ EN ADIANTE DINÁMICAS E TRABALLOS DIFERENTES
O ALUMNADO DAS DÚAS SECCIÓNS “LALÍN VERDE” REMATA A FORMACIÓN COMPLEMENTARIA E TERÁ EN ADIANTE DINÁMICAS E TRABALLOS DIFERENTES
02 febreiro 2024

Os dez alumnos/as da especialidade de atención sociosanitaria formarase ata xuño para despois realizar ata finais de novembro atención domiciliaria, en centros sociais e residencias.

Os outros dez alumnos/as de xardinería compaxinarán a formación teórica co acondicionamento de diversas zonas axardinadas do Concello con case 9 hectáreas

O alumnado de “Lalín Verde”, das dúas especialidades que inclúe este obradoiro (atención sociosanitaria e xardinería) que se iniciou a comezos de decembro, recibiu xa a maioría da formación complementaria prevista nas materias de prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización ambiental e formación para a igualdade. Así o sinala a edil de Emprego, Beatriz Canda, que explica que “os dez alumnos/as de cada unha das seccións terán en adiante unha dinámica de funcionamento moi diferente, especialmente na distribucións dos tempos de formación e dos traballos realizados”.

“Deste xeito o alumnado da rama sociosanitaria formarase ata mediados de xuño para despois dedicar todo o tempo aos traballos contemplados no proxecto que se desenvolverá ata o 30 de novembro centrados en atención domiciliaria, atención en centros sociais e atención en residencias”, sinala.

Dentro do programa de acompañamento e respiro familiar realizarán actividades como   aseo e coidado persoal, mobilización dentro do fogar, preparación de alimentos, limpeza e mantemento do domicilio entre outras. Tamén se levarán a cabo talleres de memorias, lectura de prensa ou introdución ás novas tecnoloxías da información para persoas maiores de 65 anos nalgúns centros sociais.

“Doutra parte a sección de xardinería vai seguir o esquema normal do obradoiro, é dicir, combinar teoría coa realización do traballo asignado que abranguen o acondicionamento de diversas zonas axardinadas do Concello con case 9 hectáreas de terreo”, precisa.

“Neste momento están coa formación teórico-práctica do certificado e ademais limpouse a zona dos muíños de Pontiñas de follas e colocáronse todos os carteis identificativos dos parques comprendidos na obra”, subliña. “En febreiro comezarán a acondicionar as diversas áreas establecidas no proxecto. En todas elas se levarán a cabo traballos de desbroce, poda, recuperación de céspede, etc. A primeira área de actuación será o acondicionamento e mantemento do paseo Pontiñas, para continuar no mes de marzo cos noiros do polígono Lalín 2000”, remarca.

Pé de foto: Alumnado de “Lalín Verde” instalando carteis identificativos das áreas nas que levarán a cabo os traballos de acondicionamento nos vindeiros meses (unha das fotos é en Cercio e outra Mouriscade)

Imagen O ALUMNADO DAS DÚAS SECCIÓNS “LALÍN VERDE” REMATA A FORMACIÓN COMPLEMENTARIA E TERÁ EN ADIANTE DINÁMICAS E TRABALLOS DIFERENTES
Galería imaxes
  • Imagen: novoobradoiro1 -Cercio

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie