Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null ASINADA A CESIÓN AO CONCELLO DA PARCELA E O EDIFICIO DE EXPODEZA E UNHA PARCELA NO POLÍGONO DE BOTOS DE MÁIS DE 4000 METROS CADRADOS QUE SE DESTINARÁ A ALMACÉN E NAVE DE MAQUINARIA
ASINADA A CESIÓN AO CONCELLO DA PARCELA E O EDIFICIO DE EXPODEZA E UNHA PARCELA NO POLÍGONO DE BOTOS DE MÁIS DE 4000 METROS CADRADOS QUE SE DESTINARÁ A ALMACÉN E NAVE DE MAQUINARIA
16 febreiro 2024
  • Os bens, que xa son de titularidade municipal dende que se asinara ante notario a cesión con Jorge Atán en representación da Xunta, teñen un valor que supera os 700.000 euros.

  • O edificio de Expodeza quedará liberado para os usos que estime o Concello en canto se remate o edificio de Medio Rural.

  • A parcela do polígono de Botos terá como única finalidade a de almacén e nave de maquinaria das propiedades municipais.

O alcalde de Lalín, José Crespo, asinou antonte co secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, Jorge Atán, a cesión  por parte da Xunta de Galicia ao Concello de Lalín de dúas parcelas cuxo valor económico supera os 800.000 euros e que pasan a incorporarse e a incrementar o importante patrimonio municipal. Os predios e as edificacións que se ceden son a A-26 do Polígono Lalín 2000, que ocupa o edificio de Expodeza e que dende onte xa é de titularidade municipal, aínda que seguirá ocupada por Medio Rural ata o remate das obras do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lalín, e a parcela número 18 do Polígono de Botos, excluíndo a casa alí situada e que será utilizada polos equipos de traballadores do Taller de Maquinaria que se sitúa colindante á parcela cedida para o Concello.

A parcela A-26, co edificio de Expodeza, que pasa a ser de titularidade do Concello dende a sinatura de onte, conta con 3.216 metros cadrados de superficie na fachada do polígono Lalín 2000 que da á N525. Conta cunha superficie construída de 738 metros cadrados que corresponden ao edificio principal de Expodeza repartido en dúas plantas (443 corresponden á zona de exposición, recepción e entrada e 228 corresponden a oficinas, despachos e salas de reunión). A maiores, conta cun aparcamento semicuberto que totaliza 210 metros cadrados. Esta parcela e as construcións coas que contan computan un valor a efectos fiscais de 547.727 euros.

No documento de cesión contémplase unha “reserva do uso temporal do inmoble a favor da Consellería de Medio Rural ata o remate da construción das novas dependencias admnistrativas”.

CUMPRIMENTO DUN VELLO ANCEIO

O rexedor amosou a súa satisfacción porque “quede totalmente formalizada a cesión e o Concello de Lalín conte cun edificio desta prestancia, en condicións moi aceptables de conservación, e que se poderá dedicar ao servizo tanto do Concello como dos empresarios que teñen a súa sede no polígono Lalín 2000”. O conseguir este edificio no Polígono Lalín 2000 “era un vello anceio que se materializa ao mesmo tempo que a execución dunha obra necesaria para Lalín como é o edificio administrativo da Xunta que centralizará os servizos de Medio Rural.

A segunda das parcelas cedidas no día de onte sitúase no polígono de Botos e conta con 4.928 metros cadrados que tamén son xa de titularidade municipal. Cun valor de 167.443 euros, enclávase en pleno parque empresarial e ao pé da finca que ocupa o taller de maquinaria da consellería de Medio Rural que xa está operativo. Conforme recolle o documento de cesión, esta parcela debe ser dedicada a parque de maquinaria e almacén municipal o que ven a ampliar o espazo que para estes usos tiña o departamento de obras.

MÁIS DE 700.000 EUROS DE VALORACIÓN

O rexedor agradeceu a boa vontade do conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, que atendeu a petición de dispor de parte da parcela que a Xunta tiña para a nave de maquinaria para instalar alí os almacéns e a nave municipal de maquinaria e a cesión de Expodeza en contraprestación aos metros que non se utilizarán por parte do Concello no edificio administrativo que se está a construír.

Ambas parcelas e as súas edificacións, que xa están incorporadas ao patrimonio municipal, superan os 700.000 euros de valoración e supoñen un incremento importantes nos ben propiedades da entidade municipal

 

Imagen ASINADA A CESIÓN AO CONCELLO DA PARCELA E O EDIFICIO DE EXPODEZA E UNHA PARCELA NO POLÍGONO DE BOTOS DE MÁIS DE 4000 METROS CADRADOS QUE...
Galería imaxes
  • Imagen: IMG_8070

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie