Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null LIÑARES REXISTRA EN 2023 A CIFRA MÁIS ALTA DE VISITAS CON 9.200 CONSOLIDANDO A APOSTA DE GOBERNO COMO RECURSO CULTURAL E TURÍSTICO DE PRIMEIRA ORDE
LIÑARES REXISTRA EN 2023 A CIFRA MÁIS ALTA DE VISITAS CON 9.200 CONSOLIDANDO A APOSTA DE GOBERNO COMO RECURSO CULTURAL E TURÍSTICO DE PRIMEIRA ORDE
23 febreiro 2024
  • O Museo Galego da Marioneta e do Xoguete (Colección A. Chaves) é un dos máximos reclamos para coñecer o Pazo, que ofrece unha sala dedicada a Loriga, outra a Hilgen, ademais de funcionar como un espazo multifuncional, cultural e artístico

  • Tanto o número de excursións organizadas, actos e eventos de todo tipo como as visitas ordinarias asentan xa un precedente que dan unha idea do valor cada vez máis en progresión ascendente do Pazo de Liñares

O Pazo de Liñares recibiu ao longo de 2023 un total de 9.214 visitas, a cifra máis alta das rexistradas desde a súa apertura en 2014 -superando os niveis de antes de pandemia- e que consolida a este Ben de Interese Cultural (BIC) adquirido, restaurado e posto en valor polo Concello como un referente turístico de primeira orde mimetizado na contorna cultural, gastronómica e turística da zona, interrelaciónandose entre todas as ofertas para unha promoción conxunta que está dando resultados moi positivos.

Dos 9.214 visitantes é de destacar que o 4,55% (419) proceden do estranxeiro; o 17,89% de distintos puntos de España; o 20,24€ de Lalín e o 57,41% doutros puntos de Galicia. Así mesmo da totalidade 8.109 visitantes foron persoas adultas e 1.105 menores.

Da totalidade das visitas, 2.388 persoas participaron en excursións (con 193 alumnos/as); 1.062 en diversos actos e 290 en vodas. Así mesmo tamén se desenvolveron outros 304 eventos que fan referencia a participantes en actividades como sesións fotográficas, gravacións, reportaxes e xogos.

Tanto o número de excursións organizadas, actos e eventos de todo tipo como as visitas ordinarias asentan xa un precedente que dan unha idea do valor cada vez máis en progresión ascendente do Pazo de Liñares.

Unha promoción turística da man do Concello de Lalín, da Deputación e de diversas entidades pero tamén do boca a boca das redes sociais, internet e recursos como o Google Maps, que contribúen a atraer novos visitantes e a contribuír á importancia que está adquirindo o Pazo de Liñares e o Museo Galego da Marioneta e do Xoguete. Este último, o da Colección A. Chaves, é un dos máximos reclamos e motivacións para vir coñecer Liñares, a súa contorna e desfrutar da oferta turística que proporciona o Concello de Lalín. De feito hai xa varias dirección recoñecidas nos buscadores de internet: Pazo de Liñares e Museo Galego do Xoguete e da Marioneta. Un centro museístico referente con máis de 1.000 pezas, moitas inéditas, e que leva ao visitante a unha viaxe pola historia do xoguete, da infancia e do xogo.

Na parte dedicada á Marioneta recolle unha representación de pezas e montaxe máis destacadas de compañías de toda Galicia exhibindo as súas pezas máis destacada na súa traxectoria. Tamén se atopa unha peza autómata, inspirada no manual do clérigo Domingo Martínez de Presa, de 1662, creada ex profeso para Liñares e que reproduce un baile da época renacentista.

Liñares tamén se configura como un espazo multifuncional, cultural e turístico no que se desenvolven vodas, presentacións de libros, charlas, cursos, eventos, sesións de fotos, coloquios, entre outros tipos de actividades.

Casa natal do aviador Joaquín Loriga Taboada, Fillo Ilustre do Concello de Lalín, pioneiro da aviación civil e primeiro piloto de probas do “autoxiro” de De la Cierva, que conta cunha sala enteira dedicada a el e con moita información (fotografías, vídeo e unha pantalla táctica con todo tipo de información sobre o seu raid Madrid-Manila).

Tamén hai outra sala adicada ao xeólogo Jan Dirk Hilgen que destaca pola mostra de parte dos seus microscopios e minerais deste xeólogo holandés con estreita vinculación lalinense.

Parte a destacar no Pazo de Liñares son o seu Salón Nobre, a solaina que é unha das máis grandes dos pazos de Galicia, e a lareira, cunha das chemineas máis grandes que se poden atopar na arquitectura pacega.

O Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico e a súa exposición permanente completan a oferta plural e diversa que o Pazo de Liñares pode ofertar ao visitante.

Imagen LIÑARES REXISTRA EN 2023 A CIFRA MÁIS ALTA DE VISITAS CON 9.200 CONSOLIDANDO A APOSTA DE GOBERNO COMO RECURSO CULTURAL E TURÍSTICO DE...
Galería imaxes
  • Imagen: MUSEO DO XOGUETE

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie