Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null INICIO DA ACTUALIZACIÓN TECNOLÓXICA DOS EQUIPOS MUNICIPAIS QUE REMATARÁN CA MIGRACIÓN DOS SERVIZOS Á NUBE E A MODERNIZACIÓN DE TODA OS MEDIO TÉCNICOS MUNICIPAIS
INICIO DA ACTUALIZACIÓN TECNOLÓXICA DOS EQUIPOS MUNICIPAIS QUE REMATARÁN CA MIGRACIÓN DOS SERVIZOS Á NUBE E A MODERNIZACIÓN DE TODA OS MEDIO TÉCNICOS MUNICIPAIS
26 febreiro 2024
  • Nos últimos días comezou a modernización da gran maioría dos equipos informáticos municipais que pasarán a estar dotados das últimas tecnoloxías e configuracións e que serán o primeiro paso para a migración na nube.

  • A segunda fase que xa está en marcha, consistirá na migración dos servizos á nube apoiada nestas novas estacións de traballo de última xeración e que rematará a licitación nos vindeiros días.

A concelleira de Novas Tecnoloxías, Raquel Lorenzo, ven de anunciar a primeira fase da modernización tecnolóxica que abordará o Concello nos vindeiros meses e que unha vez completado permitirá a computación na nube e a migración do funcionamento informático municipal a sistemas virtuais “cloud” e o funcionamento con novos equipos de última xeración. Unha primeira fase que consistirá na substitución da gran maioría dos equipo informáticos municipais, as estacións de traballo de cada un dos traballadores públicos, por novos ordenadores de última xeración e con dotacións técnicas de alto nivel para aumentar o rendemento dos equipos, optimizar os recursos técnicos e preparar cada posto de traballo para o traballo na nube.

A empresa Inforhouse, adxudicataria do proxecto de “Aquisición y Puesta en marcha de puestos de trabajo inteligentes a disposición de los empleados públicos del Ayuntaqmiento”, comezou o mércores a subministar os novos equipos informáticos que serán 50 novas estacións de traballo de última xeración, 45 de elas cunha dotación de procesadores i5 e 16 GB de Ram e discos duros de estado sólido de 512 GB. Outras cinco para servizos técnicos de alta esixencias, como os dos arquitectos municipais, que terán procesadores I7 con 16 GB de RAM e pantallas de 32” para o traballo técnico.

EQUIPOS DE TELETRABALLO

Para o teletraballo e para aquelas accións laborais fora do edificio municipal, disporanse de 24 novos ordenadores portátiles que se repartirán entre aquel persoal que realiza parte do seu traballo fora o edificio consistorial. A elo súmanse 50 novos monitores que irán dende as 24” ata ás 32”.

Nesta adxudicación tamén se contempla a instalación dos correspondentes sistemas operativos windows 11, a configuración dos sistemas, o soporte dos postos de traballo dixital e os sistemas de xestión do posto de traballo e o seu mantemento.

Dende finais desta semana, comezaron xa a instalarse os novos equipos e ao longo das vindeiras semanas quedarán instaladas a totalidade das novas equipacións e a actualización das estacións de traballo. Uns novos equipos de ademáis de optimizar o rendemento, tamén contribuirán a mellora a seguridade ao poder implementar as últimas solucións de seguridade na rede e nos propios equipos

A segunda fase que xa está en marcha, consistirá na migración dos servizos á nube apoiada nestas novas estacións de traballo de última xeración. O concurso convocado polo concello para contratar o servizo de computación na nube, ou o que é o mesmo, a migración da xestión do funcionamento informático municipal a un servizo “cloud”.

LICITACIÓN DE SERVIZOS NA NUBE

Dita licitación está a piques de concluír despois de que se presentarán un total de 4 ofertas. En concreto, presentáronse as empresas Connects Managed Cloud España SL, R Cable y Telecable  Telecomunicaciones SAU, Grupalia Internet SA, e Sistemas avanzadas de tecnología SA. Despois de avanzado o proceso, a mesa de contratación requireu documentación á empresa R Cable como a que presentou a mellor oferta e que en caso de que a mesa de o visto bo á dita documentación será proposta como adxudicataria do servizo.

Este novo CPD (Centro de Procesado de Datos) que se contrata con caro a este proxecto “estará dotado das máis avanzadas medidas de seguridade física e lóxica”. Asegurando que “a nosa información e a dos nosos cidadáns está protexida de acordo cos máis altos estándares, que corresponden a niveis de cumprimento” como o Esquema Nacional de Seguridade e certificacións internacionais como as ISO 9001, ISO 14001, ISO 20000 e ISO 27001.

UNHA EXTENSIÓN DAS OFICINA MUNICIPAIS

Ademais, implementase un sistema de conectividade que considera o “CPD cloud como unha extensión das nosas oficinas municipais, garantindo unha comunicación fluída e segura coa Casa do Concello”. A nosa rede contará “cun ancho de banda de 100Mbps simétricos, cunha conectividade especializada que permite unha baixa latencia e unha transmisión sen interrupcións”, xa que se instalará unha fibra óptica entre as instalación da empresa e as instalacións municipais.

Respecto ás licenzas, “o contrato inclúe sistemas operativos actualizados e licenzas de Office 365 para asegurar que o noso persoal teña acceso ás ferramentas ofimáticas máis modernas e eficientes, tanto nos seus equipos físicos como na nube”.

MÁIS CONFIABILIDADE , SEGURIDADE E EFICIENCIA

A edil Raquel Lorenzo indica que “esta mellora que se implementa en dúas fases non é só un cambio tecnolóxico; é un paso adiante para mellorar a forma en que servimos á nosa comunidade”. Estase aumentando a “confiabilidade, a seguridade e a eficiencia dos servizos que ofrecemos, garantindo que podemos responder de forma rápida e eficaz ás necesidades dos nosos cidadáns, hoxe e no futuro”.

A transición a un "Cloud Datacenter" é máis que unha simple mellora de infraestrutura; “é un compromiso co progreso, a innovación e a sostibilidade. Permite que sexamos máis axís na nosa resposta aos cambios, ao mesmo tempo que optimizamos recursos, e puidemos facelo sen comprometer a seguridade nin a calidade de servizo que os cidadáns merecen”.

Imagen INICIO DA ACTUALIZACIÓN TECNOLÓXICA DOS EQUIPOS MUNICIPAIS QUE REMATARÁN CA MIGRACIÓN DOS SERVIZOS Á NUBE E A MODERNIZACIÓN DE TODA OS...
Galería imaxes
  • Imagen: IMG_8201

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie