Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO PROMOVE UNHA XORNADA TÉCNICA SOBRE A AXENDA URBANA CON PARTICIPACIÓN DO EURODEPUTADO GONZÁLEZ CASARES, MINISTERIO, DEPUTACIÓN E COLABORACIÓN ACTIVA DOS CENTROS EDUCATIVOS DE LALÍN
O CONCELLO PROMOVE UNHA XORNADA TÉCNICA SOBRE A AXENDA URBANA CON PARTICIPACIÓN DO EURODEPUTADO GONZÁLEZ CASARES, MINISTERIO, DEPUTACIÓN E COLABORACIÓN ACTIVA DOS CENTROS EDUCATIVOS DE LALÍN
14 abril 2024

A inscrición é gratuíta enviando un correo electrónico a axendaurbana@lalin.gal

“Axenda Urbana Lalín” é o título da Xornada Técnica que desenvolverá o Concello de Lalín o vindeiro luns, 22 de abril, con participación do eurodeputado lalinense, Nicolás González Casares; do Ministerio de Transportes; da Deputación de Pontevedra; ademais de representantes do goberno municipal e de membros da Comisión de Seguimento da Axenda Urbana Local de Lalín co obxectivo de analizar as vantaxes e experiencias da “Axenda Urbana Local” en municipios de España e, concretamente, o proceso de implantación da Axenda Urbana Local de Lalín.

Así o avanza Paz Pérez Asorey, tenente alcalde e concelleira responsable de Xestión de Fondos Europeos e Axenda Urbana, que subliña ademais “a participación activa que nesta Xornada Técnica terá o alumnado de centros educativos lalinenses que trasladarán aos representantes municipais as súas experiencias e conclusións tras ter participado nos obradoiros formativos celebrados nos seus colexios”.

Paz Pérez explica que “esta Xornada, de entrada libre, desenvolverase en horario de mañá no edificio polivalente da rúa Manuel Rivero e nela poderán tomar parte todas as persoas, entidades e colectivos que estean interesados, para o que só terán que remitir un correo electrónico ao enderezo axendaurbana@lalin.gal, indicando nome, teléfono e organización á que pertence, ao tempo que convida a todo o mundo a participar dado que se trata dunha xornada interesante e construtiva na que se darán a coñecer aspectos determinantes que marcarán o futuro do noso pobo”.

Programa

A responsable da Axenda Urbana sinala que a Xornada Técnica do vindeiro 22 de abril desenvolverase de acordo ao seguinte programa:

  • 10.00 h.- Apertura: Paz Pérez Asorey, tenente alcalde e concelleira de Xestión de Fondos Europeos e Axenda Urbana.

  • 10.30 h.- Conferencia inaugural a cargo de Sonia Hernández Partal, subdirectora xeral de Mobilidade e Axenda Urbana do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

  • 11.00 h.- Intervención de Nicolás González Casares, eurodeputado.

  • 11.30 h.- Pausa café.

  • 11.35 h.- Intervención de Mª Luisa Presas Rodríguez, arquitecta técnica e responsable da Axenda Urbana de Lalín.

  • 12.00 h.- Intervención de Rafael Cuiña Aparicio, membro da Comisión de Seguimento da Axenda Urbana Local de Lalín.

  • 12.15 h.- Intervención de María Ramallo Vázquez, deputada provincial de Fondos Europeos.

  • 12.30 h.- Intervención de Eva López Quiroga, técnica en divulgación ambiental, que falará de “Participación e camiño á sustentabilidade”.

  • 13.00 h .- “Un Lalín para o futuro”. Alumnado de centros educativos lalinenses trasladarán ao alcalde as conclusións e demandas das xornadas formativas celebradas nos seus colexios.

Axentes activos do cambio

Nesta última parte, concreta Paz Pérez, “os/as neno/as dos colexios lalinenses reuniranse co alcalde para expoñerlle ao alcalde as súas propostas creativas para construír un Lalín máis sostible no futuro”. “Este encontro ten como obxectivo fomentar a participación do alumnado na toma de decisións locais e promover a concienciación ambiental desde idade temperá”, subliña.

“Cada colexio presentará as súas propostas que foron desenvoltas ao longo dos obradoiros que realizaron previamente sobre a Axenda Urbana de Lalín: os temas que se abordarán serán a redución de residuos, a promoción da mobilidade sostible, a conservación da biodiversidade local e a instalación de enerxías renovables”, remarca.

“Tras as presentacións abrirase un espazo de diálogo onde os/as nenos/as terán a oportunidade de intercambiar ideas co alcalde e outros representantes municipais”, subliña. “As propostas máis destacadas tomaranse en consideración para ser implementadas no desenvolvemento sostible do municipio de Lalín, creando así un vínculo significativo entre os pequenos cidadáns e a construción dun futuro máis sostible para a súa comunidade, tratando de incentivalos para ser axentes de cambio activo na súa contorna”, afirma.

Constitución da Comisión de Seguimento

Por outra parte, este xoves, 11 de abril, constituíuse a Comisión de Seguimento da Axenda Urbana dando cumprimento ao acordo plenario de data 24 de novembro de 2023 no que se establece que dita Comisión “terá a responsabilidade de monitorizar e asesorar sobre políticas e proxectos relacionados co desenvolvemento sostible do noso Concello”.

Tal como xa explicou hai uns días a responsable da Axenda Urbana e tenente de alcalde, Paz Pérez, ofrecéuselle a todos os grupos políticos da Corporación a oportunidade de participar en dita Comisión ou incluso de poder incorporarse se o consideran en calquera momento. A día de hoxe a Comisión inclúe ao grupo de goberno e a Compromiso por Lalín, insistindo en que está aberta aos demais grupos políticos que se queiran adherir, ademais de a representantes da sociedade civil e a colectivos sociais.

Nesta primeira reunión da Comisión de Seguimento aprobáronse os membros que a compoñen: Paz Pérez Asorey, en representación do grupo de goberno, e Rafael Cuiña Aparicio, en representación de Compromiso por Lalín.

Tamén, entre outros acordos que se tomaron nesta sesión constitutiva, destaca a realización dun resumo da evolución do Plan de Acción da Axenda Urbana, e a información que se deu sobre a xornada técnica do vindeiro 22 de abril.

https://axendaurbana.lalin.gal/

@LalínAxendaUrbana
Imagen O CONCELLO PROMOVE UNHA XORNADA TÉCNICA SOBRE A AXENDA URBANA CON PARTICIPACIÓN DO EURODEPUTADO GONZÁLEZ CASARES, MINISTERIO, DEPUTACIÓN...
Galería imaxes
  • Imagen: programa axenda urbana

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie