Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null XORNADAS CULTURAIS, TEATRO, CONCERTOS, OBRADOIROS CREATIVOS, DANZA GALEGA E ACTIVIDADES PARA PÚBLICO FAMILIAR CONFIGURAN A PROGRAMACIÓN MUNICIPAL DE “MAIO, O MES DAS NOSAS LETRAS”
XORNADAS CULTURAIS, TEATRO, CONCERTOS, OBRADOIROS CREATIVOS, DANZA GALEGA E ACTIVIDADES PARA PÚBLICO FAMILIAR CONFIGURAN A PROGRAMACIÓN MUNICIPAL DE “MAIO, O MES DAS NOSAS LETRAS”
02 maio 2024
  • A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, vén de dar a coñecer as actividades que con motivo das Letras Galegas se desenvolverán ao longo do mes no Concello de Lalín, ao tempo que anima á participación da veciñanza para festexar estas datas tan significativas e identitarias

Neste inicio de mes a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, dá a coñecer a programación do Concello de Lalín de “<Maio, o Mes das Nosas Letras>, unhas datas moi significativas e representativas da nosa identidade nas que animamos á veciñanza a festexalas participando nas distintas actividades que se desenvolverán ao longo do mes”.

Este programa de actividades iníciase o xoves 9 de maio cunha Xornada Conmemorativa do Seminario de Estudos de Deza (SED) dedicadas a “Persoeiros Ilustres na Historia de Deza” e que estará centrada no escultor cambadés Francisco Asorey González a quen a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) dedica neste 2024 o “Día das Artes Galegas”. O relatorio correrá a cargo de Felipe Senén, membro da RAGBA, e desenvolverase ás 20.30h no Museo Municipal. É de destacar que Asorey conta con dous importantes conxuntos escultóricos en Lalín, o monumento dedicado ao aviador Joaquín Loriga e ao astrónomo Ramón Mª Aller, e está previsto a celebración dun acto homenaxe ao longo deste ano en colaboración coa Real Academia.

O sábado 11 de maio, ás 18 horas, no Salón Teatro, desenvolverase “Kyoki”, unha actividade para público familiar, de Elefante Elegante, consistente nunha proposta escénica sobre o esquecemento, a soidade e a vellez. Firmada polos creadores María Torres e Gonçalo Guerreiro é unha viaxe emocional desde a nenez ata a vellez a través da memoria: unha obra de linguaxe xestual cómica e reflexiva sobre o esquecemento e a soidade.

A cantante de fado e compositora galaico-portuguesa, María do Ceo, ofrecerá en Lalín un concerto en directo o domingo 12 de maio. Será ás 18 horas no vestíbulo do Concello e a entrada será libre ata completar aforo. Embaixadora da cultura galega polo mundo, a súa destacada carreira internacional con máis de 25 anos sobre os escenarios, levouna a estar considerada como unha fadista tradicional, sucesora de Amália Rodríguez. Interpreta acompañada por dous ou tres instrumentos tradicionais: guitarra, viola e acordeón.

O mércores 15 de maio terá lugar o obradoiro creativo e contacontos para nenos/as de 6 a 10 anos “O lapis que non quería ir á escola”. Unha actividade de dinamización lectora coa que as crianzas descubrirán as múltiples variedades que teñen os contos. Será ás 18 horas na planta baixa da Biblioteca Municipal.

O Día das Letras, 17 de Maio, estará dedicado a Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano. Firme defensora da lingua como piar da nosa identidade, foi autora que renovou as nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura. 

Para o sábado 18 está prevista a celebración dun obradoiro de construción de pandeiretas guiado polo artesán Sanín. Desenvolverase de 16 a 20 horas no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero.

A Banda de Música de Vilatuxe ofrecerá o Concerto das Letras Galegas que terá lugar o domingo 19, ás 12 horas, na Praza da Igrexa.

 

O venres 24 de maio representarase “Bailador” de Óscar Cobos Compañía de Danza. Ás 21 horas na Praza da Igrexa con entrada gratuíta. É unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto, una obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe á nosa danza de raíz e a un grupo que transformou o modo de entender e interpretar a música tradicional. A peza é unha mostra de admiración e agradecemento a todas as mulleres que transmitiron o noso baile de raíz.

O mércores 29 de maio terá lugar “Güe-Güe”, actividade de artes escénicas (monicreques) e de dinamización lectora dirixida a un público familiar. Será ás 21 horas na Praza da Igrexa.

Cómpre indicar que tamén durante todas estas datas se poderá ver na Biblioteca Municipal Varela Jácome unha exposición monográfica dedicada ás Letras.

 

Imagen XORNADAS CULTURAIS, TEATRO, CONCERTOS, OBRADOIROS CREATIVOS, DANZA GALEGA E ACTIVIDADES PARA PÚBLICO FAMILIAR CONFIGURAN A PROGRAMACIÓN...
Galería imaxes
  • Imagen: letras

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie