Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null “LER CONTA MOITO EN LALÍN” ACHEGARÁ Á VECIÑANZA DE MAIO A OUTUBRO ACTIVIDADES ATRACTIVAS DE ANIMACIÓN LECTORA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
“LER CONTA MOITO EN LALÍN” ACHEGARÁ Á VECIÑANZA DE MAIO A OUTUBRO ACTIVIDADES ATRACTIVAS DE ANIMACIÓN LECTORA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
12 maio 2024
  • Aberto o prazo de inscrición na biblioteca para anotarse no club de lectura para persoas adultas en Lalín que dará comezo en canto se dispoña dun grupo de 20. Máis información biblioteca@lalin.gal ou 986 78 38 76

Animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas e que faciliten o achegamento da veciñanza á biblioteca municipal. Este é o obxectivo do programa “Ler conta moito en Lalín”, promovido por Xunta e Concello, que inclúe un conxunto de seis actividades sobre dinamización lectora a desenvolver na Biblioteca Municipal “Varela Jácome” desde maio a outubro. Todas son ás 18 horas na planta baixa da biblioteca.

Así o sinala a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, que remarca que “Ler conta moito trata de achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente, ao tempo que se reforza o carácter das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo e facilitador da aprendizaxe permanente”.

“Ler conta moito en Lalín” dará comezo o mércores, 15 de maio, coa actividade “O lapis que non quería ir á escola”, un obradoiro creativo e contacontos para nenos/as de 6 a 10 anos e cunha duración de 60 min. As crianzas descubrirán as múltiples variedades que teñen os contos.

O mércores 29 de maio terá lugar “Güe-Güe”, actividade de artes escénicas (monicreques) dirixidas aos nenos/as de máis de 1 ano. Ten unha duración de 45 min.

En setembro desenvolveranse dúas sesións de dinamización lectora: o mércores, 11 de setembro e o mércores 25 de setembro. Na primeira data haberá unha sesión de narración oral a cargo de “Unha tarde especial con Dori” dirixidos a bebés (0 a 3 anos) cunha duración de 35 minutos. O 25 de setembro terá lugar “Onde viven os monstros”, narración oral de nenos e nenas de 3 a 11 anos cunha duración de 50 minutos.

O 9 de outubro representarase “Xela, a superheroína de aldea” para nenos/as de 4 a 9 anos e 45 minutos de duración. É un conto sobre a natureza que pon en valor os recursos autóctonos.

“Os contos do avó, mulleres galegas” pechará o 23 de outubro este ciclo de actividades de dinamización lectora. Trátase dunha narración oral para nenos e nenas de 3 a 12 anos e 40 minutos de duración que trata sobre a igualdade e a violencia de xénero.

Club lectura para persoas adultas

Por outra parte, a Concellería de Cultura vén de abrir o prazo de inscrición para que as persoas adultas interesadas en formar parte dun club de lectura se anoten na biblioteca. Un club de lectura que se dará comezo en canto se dispoña dun grupo de 20 persoas. Para máis información: 986 78 38 76 e biblioteca@lalin.gal

Imagen “LER CONTA MOITO EN LALÍN” ACHEGARÁ Á VECIÑANZA DE MAIO A OUTUBRO ACTIVIDADES ATRACTIVAS DE ANIMACIÓN LECTORA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Galería imaxes
  • Imagen: 43770ea0-50c9-4005-b077-bdb7b2f4fadb

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie