Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null Concello de Lalín e Fegadece organizan o ciclo ‘Actívate polo dano cerebral adquirido’
Concello de Lalín e Fegadece organizan o ciclo ‘Actívate polo dano cerebral adquirido’
13 xuño 2024

 

 A iniciativa, enmarcada no convenio colaboración existente entre ambas entidades, desenvolverase do 25 de xuño ao 3 de xullo en distintos espazos do municipio dezán

O Concello de Lalín e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) presentaron o ciclo de actividades ‘Actívate polo dano cerebral adquirido’, unha iniciativa orientada a concienciar á poboación lalinense sobre a casuística, dimensión e prevención desta discapacidade, provocada fundamentalmente por ictus e traumatismos cranioencefálicos.

 

A programación, enmarcada no convenio de colaboración existente desde 2021 entre ambas entidades, combina accións informativas, formativas e deportivas que se desenvolverán entre o 25 de xuño e o 3 de xullo en distintas localización da capital do Deza.

Durante a rolda de prensa de presentación da proposta, Luciano Fernández Pintor, presidente da Federación, agradeceu a colaboración do consistorio e sinalou a necesidade de que todas as administracións se involucren na loita contra o descoñecemento desta súbita lesión cerebral, tanto desde a prevención como mediante a prestación de recursos de atención de calidade e suficientes.

O representante de FEGADACE sinalou que “a información, a capacitación e a promoción de hábitos de vida saudables son os mellores aliados para reducir a incidencia do dano cerebral” e lembrou que os máis de 7.000 novos casos de ictus que se rexistran cada ano en Galicia exemplifican que se trata dun “reto para a saúde pública de primeiro nivel”.

Pola súa banda, a concelleira de Política Social do Concello de Lalín, Carmen Canda, agradeceu a FEGADACE a súa contribución para a concienciación da veciñanza do municipio e destacou o carácter dinamizador da programación para a vida da vila.

Actividades para todos os públicos

O ciclo de actividades, desenvolto con financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, pretende achegar a realidade do dano cerebral desde diferentes dimensións.

A programación arranca o 25 de xuño ás 16:30 h no Edificio Polivalente Manuel Rivero coa sesión informativa ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido’. A charla, destinada a público xeral, estará centrada na prevención da discapacidade a través da abordaxe das causas, os factores de risco, os signos e síntomas de alarma e as pautas de actuación ante a súa aparición, ademais de ofrecer información sobre os recursos de atención sociosanitarios dispoñibles na contorna.

O venres 28 de xuño, ás 16:30 h, tamén no Edificio Polivalente Manuel Rivero, celébrase unha sesión informativa centrada en materia xurídica coa presentación da ‘Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á lei 8/2021 e a outras normativas de interese para o colectivo'. A actividade, dirixida tanto a profesionais do ámbito dos servizos sociais como a persoas e familias con dano cerebral, estará impartida por Miguel Vieito, avogado e responsable do servizo de asesoramento legal da Federación. Vieito detallará os cambios introducidos pola Lei 8/2021 e outras normativas na lexislación civil e procesual que afectan ao exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade

O día 30 de xuño celebrarase a 3ª Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando #PoloDanoCerebral’, a actividade central da programación,  e o 3 de xullo realizarase o obradoiro de sensibilización para público infantil 'Os Bolechas' no marco do Servizo Concilia do Concello de Lalín.

Finalmente, están previstas tres sesións do obradoiro ‘Autocoidados para mulleres coidadoras’, especialmente dirixido a quen presta coidados informais no ámbito do dano cerebral e deseñada co fin de facilitar información e pautas que axuden a exercer este rol sen desatender a atención á propia saúde. A actividade terá lugar o 26 de xuño ás 16: 30 h no Local Social de Vilatuxe, o 2 de xullo ás 16:30 h no Local Social de Goiás, e o 3 de xullo ás 16:30 h no Local Social de Cercio.

As persoas interesadas en inscribirse en calquera das actividades poden facelo de forma gratuíta no teléfono 689083144 e de maneira presencial na área de Servizos Sociais do Concello de Lalín .

3ª Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando #PoloDanoCerebral’
Unha das grandes citas da programación é a terceira edición da carreira e andaina solidaria ‘Camiñando #PoloDanoCerebral’. A xornada deportiva, realizada baixo a coordinación do Centro ET Encuentra Tu Potencial e Champion Chip Norte, celebrarase o domingo 30 de xuño desde as 9.00h na praza de Galicia, onde se situará o arco de saída e meta das distintas modalidades. As probas, con percorridos accesibles e diferentes distancias a realizar, son:

  • Carreira de 5km e 10 km: persoas adultas e categoría Sub16 no caso dos 5km.
  • Carreiras escolares: cativada menor de 14 anos e nada en 2017 e anos posteriores. Ademais, as nenas e nenos que o desexen poderán participar no obradoiro ‘Fast Heroes’, unha actividade lúdica para sensibilizar a poboación escolar na prevención do ictus.
  • Andaina de 7km: aberta a participación de persoas de todas as idades.

 

A inscrición está aberta até o 27 de xuño ás 23.59 h na páxina web de Champion Chip Norte, onde tamén se pode consultar o regulamento da proba.  O custo por participar varía en función da modalidade, pero todos os fondos recadados estarán destinados a financiar a organización da actividade e a desenvolver as distintas liñas de actuación da Federación para a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral.

Nese senso, as persoas que non poidan asistir á proba poden realizar unha doazón na modalidade ‘Dorsal 0’ ou, en caso de ser unha empresa ou entidade, colaborar a través dun patrocinio. Até o de agora, a xornada conta co apoio de GSI Dotación Industrial, Kalekói, Autobuses Rías Baixas, Eroski, Global Develop Event Service, Piscofino Gourmet, MOVE Centro de Saúde e Movemento, Daveiga e Clube Ciclista Montes do Deza.

Imagen Concello de Lalín e Fegadece organizan o ciclo ‘Actívate polo dano cerebral adquirido’
Galería imaxes
  • Imagen: De esq a dereita, Avelino Souto, Carmen Canda, Luciano Fernández e Hernán García

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie