Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null CONCELLO E RAGBA ORGANIZAN EN LALÍN UNHA XORNADA MONOGRÁFICA DEDICADA A FRANCISCO ASOREY O SÁBADO 29 DE XUÑO
CONCELLO E RAGBA ORGANIZAN EN LALÍN UNHA XORNADA MONOGRÁFICA DEDICADA A FRANCISCO ASOREY O SÁBADO 29 DE XUÑO
18 xuño 2024
  • Celebrarase unha comisión de académicos, inaugurarase a exposición “Os vieiros de Asorey” producida polos académicos Xurxo Lobato e Senén e terá lugar a conferencia “O escultor Asorey en Lalín” a cargo de Senén

  • Estes actos servirán para poñer en valor a importante pegada en Lalín do escultor cambadés con orixes familiares en Deza
  • A Academia responde así a unha petición formulada pola Corporación relativa a que en 2024 Lalín acollese un acto de homenaxe a Asorey ao abeiro da programación especial do Día das Artes

Concello e Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) promoven a celebración en Lalín dunha xornada de homenaxe a Francisco Asorey, que terá lugar o sábado 29 de xuño, encadrada dentro do programa de actos dedicados pola Academia ao escultor cambadés con motivo de ser a figura recoñecida polo Día das Artes Galegas 2024.

Esta xeira monográfica dedicada a Asorey dará comezo ás 12 h coa celebración dunha sesión da comisión de académicos no salón de Plenos da casa consistorial. Será en sesión de tarde cando se inaugure a exposición “Os vieiros de Asorey”, ás 17.30 h na Praza da Igrexa e a ás 18.30 h a conferencia titulada “O escultor Asorey en Lalín” que ofrecerá o académico Felipe-Senén López Gómez e que se desenvolverá no Museo Municipal Ramón Mª Aller.

Tanto a exposición como a conferencia son actos abertos á veciñanza polo que se convida aos lalinenses a participar nesta xornada de homenaxe ao escultor Asorey, con orixes familiares en Terras de Deza, que deixou en Lalín unha pegada significativa con dúas das súas esculturas máis representativas.

A mostra “Os vieiros de Asorey” está comisariada polo académico Xurxo Lobato que é autor tamén das fotografías mentres que o académico Felipe-Senén é creador dos textos. A través desta exposición preténdese contribuír a difundir a obra pública do escultor que se pode visitar en Lalín, Cambados, a Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol, Cangas do Morrazo, Pontevedra, Vigo, Mondariz e Samos, conformándoa a modo dun vieiro da arte de Asorey. Poderase ver ata o 2 de agosto.

 

No que respecta á conferencia que ofrecerá Senén cómpre indicar que estará centrada na produción escultórica lalinense de Asorey, como autor de dous dos monumentos máis emblemáticos do municipio lalinense e dos máis representativos da obra do cambadés como son os dedicados a Joaquín Loriga e a Ramón Mª Aller. Dous conxuntos escultóricos realizados a petición do pobo de Lalín para homenaxear a dous dos seus Fillos Ilustres e que poñen de manifesto o importante legado artístico de Asorey a Lalín. Cómpre indicar que Senén ofreceu o pasado 9 de maio en Lalín (Museo) unha conferencia dedicada a Asorey centrada neste caso na produción artística do cambadés ao longo da súa vida, que tivo unha destacada asistencia de público e que estivo enmarcada nas xornadas conmemorativas do Seminario de Estudos de Deza dedicadas a persoeiros ilustres.

Felipe-Senén López Gómez é historiador da cultura galega. Carballiñés, formado en Historia da Arte e Arqueoloxía na USC, conservador do Museo Arqueolóxico da Coruña, da que pide excedencia para ser técnico de Cultura e museólogo da Deputación da Coruña. Numerario da RAGBA e do Instituto J. Cornide de Estudos Coruñeses, entre outros. Creador e animador de varios colectivos e cunha ampla actividades como conferenciantes, divulgador e estudoso da historia da cultura galega, especialmente nos eidos da arqueoloxía, a etnografía e a simboloxía.

Cómpre indicar que coa celebración desta xornada monográfica en Lalín dedicada a Francisco Asorey a RAGBA dá resposta á petición formulada polo Concello de Lalín a través dunha moción plenaria para que tivese lugar un acto de homenaxe no municipio lalinense dentro da programación especial que a Academia lle dedica a Asorey ao longo de 2024 con motivo do Día das Artes Galegas.

 

 

 

Imagen CONCELLO E RAGBA ORGANIZAN EN LALÍN UNHA XORNADA MONOGRÁFICA DEDICADA A FRANCISCO ASOREY O SÁBADO 29 DE XUÑO
Galería imaxes
  • Imagen: imaxe Asorey expo

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie