Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O ciclo de actividades 'Actívate polo dano cerebral adquirido' arranca cunha charla de prevención desta discapacidade
O ciclo de actividades 'Actívate polo dano cerebral adquirido' arranca cunha charla de prevención desta discapacidade
20 xuño 2024

A sesión terá lugar o 25 xuño no Edificio Polivalente Manuel Rivero e centrarase nas principais causas e secuelas do dano cerebral, co que conviven máis de 35.000 persoas en Galicia

O ciclo de actividades ‘Actívate polo dano cerebral adquirido’, organizado polo Concello e por FEGADACE arranca o martes 25 de xuño cunha charla de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, unha discapacidade resultante, na maioría dos casos, dun ictus ou dun traumatismo cranioencefálico derivado dun accidente de tráfico.

A sesión informativa, organizada xunto coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e a asociación Sarela, terá lugar  ás 16:30 h no salón de actos do Edificio Polivalente Manuel Rivero (Rúa Manuel Rivero, 1). A actividade centrarase na abordaxe das principais causas do dano cerebral, das diversas secuelas asociadas a esta súbita lesión e dos recursos de atención dispoñibles para o colectivo. Está dirixida a todo tipo de público, con especial foco en persoas de máis de 65, dado que a idade é un factor de risco.

Debido ao envellecemento da poboación e aos cambios nos hábitos de vida (especialmente o empeoramento da alimentación e o sedentarismo), a súa incidencia incrementouse notablemente nos últimos anos, sobre todo debido ao aumento do número de casos de ictus.

Malia que estes non se poden evitar, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o 90% dos casos están asociados con factores de risco modificables (como a hipertensión arterial, o colesterol, a diabetes, a obesidade, o sedentarismo, o consumo de alcol, tabaco e outras drogas e o estrés, entre outros). Por este motivo, unhas das principais liñas de actuación de FEGADACE céntrase na realización de actividades de divulgación, capacitación e promoción de hábitos de vida saudables para a prevención do dano cerebral.

A asistencia á charla é de balde, pero é preciso inscribirse previamente no presente formulario, no teléfono 689 083 144 ou presencialmente na área de Servizos Sociais do Concello de Lalín.

Presentación da ‘Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido’

A axenda do ciclo de actividades continúa o venres 28 de xuño coa presentación da publicación ‘Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á Lei 8/2021 e a outras normativas de interese para o colectivo’.

Este documento, elaborado co fin de servir como ferramenta de consulta, xorde como resposta ao cambio de paradigma que implica a Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.

Esta modificación supuxo un inxente volume de cambios, entre os que destaca a superación do sistema de modificacións de capacidade ou incapacitacións, como se coñecían popularmente, para pasar a un sistema de apoios.

Para presentar e explicar esta e outras mudanzas, como as relativas ao baremo de discapacidade, patrimonio e herdanzas ou instrucións previas no ámbito médico, a sesión será impartida polo autor da Guía, o avogado e responsable do servizo de asesoramento legal da Federación Miguel Vieito, e a traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda.

A sesión está dirixida a familias, persoas con dano cerebral adquirido e profesionais do ámbito dos servizos sociais. A asistencia é de balde, pero é preciso inscribirse previamente no presente formulario, no teléfono 689 083 144 ou presencialmente na área de Servizos Sociais do Concello de Lalín.

A edición da Guía está financiada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través da súa inclusión no Proxecto Rumbo. Ademais, a celebración do ciclo ‘Actívate polo dano cerebral adquirido’ conta con financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan o X Solidario na súa declaración da renda.

Imagen O ciclo de actividades 'Actívate polo dano cerebral adquirido' arranca cunha charla de prevención desta discapacidade
Galería imaxes
  • Imagen: Charla Lalín - Aproximación ao DCA

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie