Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null CANDA DESTACA A BOA ACOLLIDA NOS CENTROS SOCIAIS QUE TIVO O ARRANQUE DAS ACTIVIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA DO OBRADOIRO
CANDA DESTACA A BOA ACOLLIDA NOS CENTROS SOCIAIS QUE TIVO O ARRANQUE DAS ACTIVIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA DO OBRADOIRO
23 xuño 2024

Comezaron o luns 17 e continuarán ata finais de novembro, ao igual que as prácticas que este alumnado está a desenvolver na residencia As Dores no marco de “Lalín Verde”

  • Estas actividades son gratuítas e adaptables, é dicir, cada persoa participante pode asistir o tempo que queira ás clases, isto é, non é preciso asistir ás catro horas e media de cada sesión

  • Ata o momento participaron persoas de rangos de idades comprendidas entre máis de 90 e ao redor de 60 anos

  • En agosto dará comezo a atención ás persoas nos domicilios, persoas que serán seleccionadas previamente en función de diferentes parámetros e necesidades

 

Este luns 17 de xuño arrancou a súa formación práctica a sección sociosanitaria do obradoiro de emprego “Lalín Verde” do Concello de Lalín prestando axuda ás xerontólogas da residencia As Dores na súa atención a persoas maiores e tamén impartindo clases gratuítas de actividades variadas e adaptables ás persoas usuarias en dez centros sociais catro horas e media á semana. Así o sinala a concelleira de Emprego, Beatriz Canda Rodríguez, que participou nunha destas actividades desenvoltas no centro social de Donramiro o pasado mércores 19 de xuño, na que as persoas usuarias desenvolveron diversos xogos, xerontoximnasia, musicoterapia, xincana con actividades de estimulación psicomotriz, partida de bingo e taller de debate (acompáñanse fotos).

Beatriz Canda sinala que “aínda que estamos ao comezo das actividades nos centros sociais, a acollida foi moi boa, con moitas persoas que xa se animaron a participar nestas actividades que se desenvolverán ata finais de novembro”. Cómpre poñer en valor, indica a concelleira, que “as actividades son todas gratuítas e que non é necesario anotarse en ningún sitio, simplemente hai que acudir ao centro social que se desexe”. A frecuencia é unha vez por semana en cada centro social un total de 4 horas e media.

 

  • Santiso: luns de 9 a 13.30 h
  • Prado: luns de 9 a 13.30 h
  • Muimenta: martes de 9 a 13.30 h
  • Cercio: martes de 9 a 13.30 h
  • Botos: mércores de 9 a 13.30 h
  • Donramiro: mércores de 9 a 13.30 h
  • Soutolongo: xoves de 9 a 13.30 h
  • Vilatuxe: xoves de 9 a 13.30 h
  • Goiás: venres de 9 a 13.30 h
  • Lalín de Arriba: venres de 9 a 13.30 h

A responsable municipal de Emprego indica que aínda que “o persoal do obradoiro está desde as 9 ata as 13.30 horas, o horario é flexible para as persoas usuarias, polo tanto se alguén só quere ou pode asistir a unha determinada hora pode facelo; é dicir, cada persoa pode organizar o tempo que queira estar no centro social”.

Determinar as preferencias das persoas usuarias

Así mesmo, subliña, as actividades que “se van realizar dependerán do número de usuarios que haxa en cada centro social; o máis importante é realizar as actividades que eles prefiren, polo que as actividades de cada centro poden ser diferentes”. “Para coñecer as preferencias das persoas participantes as primeiras semanas vanse dedicar a chegar a un consenso coas persoas usuarias de cada centro respecto de cales son as súas preferencias”. “A idade non é un factor determinante, nestes primeiros días xa asistiron persoas de máis de 90 anos e persoas ao redor dos 60, simplemente se precisan ganas de participar e divertirse”, afirma. “Outro aspecto que destacan desde a dirección do obradoiro é que maioritariamente as persoas asistentes son mulleres polo que se anima aos homes a participar nestes actividades adaptables e gratuítas”, remarca.

Atención ás persoas nos domicilios

A edil avanza que está previsto que “a comezos de agosto dea comezo outra actividade moi importante, que é a atención a persoas en domicilios”. “Neste caso si é preciso anotarse porque, en función das persoas usuarias que se anote, realizaranse os procesos de selección en función de diferentes parámetros e necesidades como axudas no fogar, axudas no aseo, entre outra tarefas”. Poden anotarse a través dos pedáneos das parroquias ou chamando á dirección do obradoiro 663 613 512. Esta formación práctica tamén terá continuidade ata finais de novembro.

Imagen CANDA DESTACA A BOA ACOLLIDA NOS CENTROS SOCIAIS QUE TIVO O ARRANQUE DAS ACTIVIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA DO OBRADOIRO
Galería imaxes
  • Imagen: 3p

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie