Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null UN MONOGRÁFICO SOBRE A LÚA ABRIU O “VERÁN ASTRONÓMICO EN LALÍN”
UN MONOGRÁFICO SOBRE A LÚA ABRIU O “VERÁN ASTRONÓMICO EN LALÍN”
12 xullo 2024

Con este novo ciclo de actividades, todas gratuítas, con inscrición previa no Museo e con prazas limitadas, continúase promocionando o “Destino Starlight” en xullo e agosto

A seguinte actividade, o 18 de xullo, será unha sesión de astrofotografía que impartirá o experto Javier Cerdán

Onte tivo lugar no marco do “Verán Astronómico en Lalín” un monográfico sobre a Lúa no Museo municipal dirixido por Ángel Costas, alumno de último curso da Facultade de Física e colaborador do Observatorio Astronómico de Ramón Mª Aller (OARMA), e por Xabier P. Couto, matemático, actualmente investigador predoutoral na Universidade da Coruña e colaborador do OARMA. Participou tamén o profesor, catedrático de Astronomía e coordinador de investigación do OARMA, José Ángel Docobo, e a concelleira de Turismo, Begoña Blanco.

 

Nesta sesión falouse non só da estrutura da Lúa, dos cráteres que presenta, senón tamén do xiro sobre si mesma, das fases e libracións e do seu movemento orbital ao redor da Terra, das misións especiais relacionadas con ela e proxectos futuros. As condicións meteorolóxicas de nebulosidade impediron levar adiante a observación astronómica que estaba prevista como final da actividade, pero os asistentes puideron visitar igualmente o Observatorio coa cúpula aberta e tamén se lles fixo unha explicación sobre as fotos expostas de don Ramón Mª Aller.

 

A seguinte actividade no marco deste ciclo de actividades municipais de promoción do “Destino Starlight” de calidade turística será o xoves 18 de xullo e consistirá nunha proxección de fotos con telescopio, que dará comezo ás 21 horas no Museo que estará coordinada por Francisco Javier Cerdán, experto en fotografía astronómica, campo no que realizou diversas exposicións. De feito o seu traballo estivo exposto en abril do ano pasado no Museo Municipal coincidindo coa concesión a Lalín do Destino Starlight.

 

A súa intervención o vindeiro xoves 18 de xullo terá dúas partes: na primeira falará da súa experiencia persoal para despois informar sobre todo que se precisa para poder facer fotos de altísimo nivel de obxectivos do ceo profundo, sobre todo nebulosas, que é a súa especialidade.

 

Dará conta da montaxe do equipo, accesorios a utilizar, tempos e sesións que se precisan para unha foto, procesado e mostra do resultado de varias imaxes. O equipo co que se ten feito as fotos estará exposto, agás a cámara principal que a ten en reparación.

 

 

 

Na segunda parte, se as condicións son idóneas, tentarase poder ver en remoto diferentes obxectos cun telescopio preparado para astrofotografía. Cerdán estará disposto a responder cantas consultas lle faga o público asistente a esta interesante nova sesión de Lalín Starlight.

 

Ademais o 12 de agosto, terá lugar a Noite das Perseidas, que terá por obxecto fundamentalmente poder contemplar a simple vista máis meteoros, sempre coa explicación de persoas especialistas.

 

Cómpre recordar que para poder participar en calquera destas actividades de “Verán astronómico en Lalín” hai que inscribirse previamente no Museo Municipal (986 78 40 04 ou museo@lalin.gal) ata completar aforo.

 

Para facilitar a asistencia ás persoas participantes (previa inscrición) sairá un bus ás 21.45 horas desde a Praza de Loriga con volta desde Rodelas ás 23.59 horas. É importante que as persoas que vaian facer uso do bus o indiquen cando formalicen a súa inscrición na actividade no Museo, polo número limitado de prazas que ten.

 

Está previsto desenvolver outro visionado desde o Alto de Rodelas cuxa data se dará a coñecer cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

 

Cómpre recordar que o Concello de Lalín obtivo este recoñecemento internacional de calidade turística en abril de 2023, tras un longo proceso para poder acreditar os estándares de calidade requiridos para obter esta distinción, na que se traballou en colaboración co catedrático Docobo, director do Observatorio astronómico da USC, así como do seu equipo conformado por Pedro Pablo Alonso e Xabier Pérez Couto.

 

O pasado verán desenvolveuse cunha gran acollida un ciclo de actividades municipais de promoción deste turismo ligado á contemplación das estrelas para poñer en valor esta distinción que incluíu observacións astronómicas, conferencias e a experiencia “Noite das Perseidas”, observación a simple vista e con telescopio portátil desde a zona cero do Destino Starlight, no Alto de Rodelas.

 

O 20 de abril de 2024 o Concello de Lalín conmemorou a “Noite Mundial Starlight”, facéndose oco dentro das actividades realizadas por todo o territorio nacional con motivo desa iniciativa en defensa da luz das estrelas co obxectivo de promover a conservación da calidade do ceo nocturno. Celebrouse unha conferencia titulada “O ceo nocturno, un patrimonio esquecido” na que o astrónomo do Observatorio astronómico nacional de Madrid, Pedro Pablo Alonso, falou da importancia de combater a contaminación lumínica, concienciando sobre a importancia de observar o ceo e protexer a calidade do mesmo.

 

É intención do Concello continuar desenvolvendo proximamente novas actividades de promoción e difusión do “Destino Startlight”, algunha delas con carácter innovador para incrementar o interese turístico do municipio sobre todo no que se refire ao mapa astronómico e científico.

 

Lalín é un dos sete destinos Starlight que actualmente existen en Galicia xa que contan con esta distinción: o Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia; A Costa da Morte; Trevinca; Muras; a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá.

 

Imagen UN MONOGRÁFICO SOBRE A LÚA ABRIU O “VERÁN ASTRONÓMICO EN LALÍN”
Galería imaxes
  • Imagen: 1prensa

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie