Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null “LALÍN VERDE” CHEGA AO ECUADOR COA FORMACIÓN TEÓRICA COMPLETADA E A PRÁCTICA EN DESENVOLVEMENTO
“LALÍN VERDE” CHEGA AO ECUADOR COA FORMACIÓN TEÓRICA COMPLETADA E A PRÁCTICA EN DESENVOLVEMENTO
14 xullo 2024

  • A sección de xardinería traballou nas últimas semanas no acondicionamento do Pontiñas, no campo de fútbol e en Mouriscade, fronte á igrexa de Cercio e en zonas comúns de varios centros sociais

  • Avanza que a atención nos domicilios está previsto que se comece a prestar a comezos de agosto

  • As actividades gratuítas que se están a ofrecer en dez centros sociais están a ter unha boa acollida con máis de 100 persoas usuarias distintas nestas primeiras catro semanas

  • Desde o 17 de xuño hai tamén un grupo de alumnos formándose na residencia Nosa Señora das Dores realizando labores de axuda ao persoal que atende ás persoas maiores neste centro

O obradoiro de emprego “Lalín Verde” do Concello de Lalín vén de superar o ecuador da súa duración. Así o subliña a concelleira de Emprego, Beatriz Canda Rodríguez, que explica que “nestes sete meses completouse toda a formación teórica da sección sociosanitaria e a maioría da sección de xardinería”. Neste sentido sinala que “a sección de xardinería traballou nas últimas semanas no acondicionamento do paseo do Pontiñas, do campo de fútbol Manuel Anxo Cortizo e na instalación de tellados nas sinais informativas de Mouriscade”.

Canda Rodríguez indica que “no Pontiñas acometéronse reparacións tanto de vallas de madeira como das mallas dalgunhas pontes e desbroces en todo o paseo, incluíndo taludes”. “Así mesmo tamén se actuou na praza fronte á igrexa de Cercio e tamén se desbrozaron as zonas comúns dos centros sociais de Prado, Santiso, Botos, Goiás e Lalín de Arriba”, concreta.

Avanza que “para agosto está previsto acondicionar a contorna da gardería do Polígono, aproveitando o peche da mesma durante ese mes”. “Vaise poñer céspede artificial na parte traseira, reparar o sistema de rego da instalación e preparar o terreo para a plantación de novo céspede natural no resto dos xardíns”, afirma. “Tamén se estima que nesas datas se poidan acometer actuacións nos xardíns exteriores do CEIP Manuel Rivero”, engade.

Visitas complementarias da formación

A responsable municipal destaca “a visita formativa que se fixo ao Festival Internacional de Xardíns de Ponte da Lima, un certame consolidado para que o alumnado vira as diferentes tendencias no deseño de zonas verdes”. “Aproveitando esta visita tamén coñeceron as instalacións de Veraleza, un dos viveiros máis grandes de España, situado en Tomiño”, sinala.

Respecto á sección sociosanitaria de “Lalín Verde” a concelleira informa que “desde o 17 de xuño, unha vez por semana, se están realizando actividades en dez centros sociais: Santiso, Prado, Cercio, Muimenta, Donramiro, Botos, Soutolongo, Vilatuxe, Goiás e Lalín de Arriba”. “Unhas actividades que continuarán ata finais de novembro e que nestas semanas que se levan desenvolvendo están a ter unha acollida moi positiva, con máis de 100 persoas usuarias diferentes que teñen participado”, fai fincapé.

Aberto o prazo de inscrición no programa de atención nos domicilios

Canda remarca que “outra actividade importante é a atención nos domicilios”. “Está previsto que esta atención se comece a desenvolver a comezos de agosto, unha vez que se veñen de publicar no BOPPO e na páxina web as bases reguladoras para o acceso ao programa de prácticas profesionais de acompañamento e respiro familiar do alumnado no obradoiro dual de emprego Lalín Verde”. “De acordo coas ditas bases (BOPPO, do xoves 11 de xullo) o prazo para a inscrición das persoas usuarias que desexen recibir esa atención permanecerá aberto ata o próximo día 26 de xullo e despois farase a correspondente valoración das solicitudes recibidas cara a comezar a impartila a comezos de agosto”, subliña.

Este servizo está dirixido de xeito específico a prestar apoio no domicilio a persoas maior que viven soas e carezan de apoio persoal na súa contorna inmediata e a prestar apoio de respiro a coidadores familiares.

Consistirá na asistencia, por parte do alumnado traballador do obradoiro dual, aos domicilios particulares das persoas que resulten beneficiarias do programa, desenvolvendo, dentro da súa práctica profesionais atencións de carácter persoal (aseo e coidado persoal, control do réxime alimentario, mobilización dentro do fogar, estimulación sensorial...), doméstico (preparación de alimentos, programación de comidas e deitas semanais, lavar e pasar o ferro e ordenar a roupa e limpeza e mantemento e organización do domicilio) e educativo-psicosocial (cambios de hábitos na organización, facilitar actividades de ocio no propio fogar, axuda na relación na contorna, axuda no manexo de correspondencia e axuda na socialización e integración).

En todo caso as actividades estarán determinadas no programa individual de atención e terán sempre carácter complementario das propias capacidades do/a usuario/a ou doutras persoas da súa contorna inmediata, non eliminando nin substituíndo as actividades que a usuaria poida realizar e en ningún caso suplantará as responsabilidades familiares.

Para ser beneficiario deberanse cumprir os seguintes requisitos: ser maior de 65 anos; estar empadroados e ter residencia efectiva no Concello de Lalín; non ter concedido o recoñecemento de grao de dependencia ou, en todo caso, ter recoñecido o grao de dependencia I, e non estar percibindo, na actualidade, prestación ou servizo ningún de similar natureza de calquera outras entidades públicas. O número máximo de participantes será de 20 domicilios.

“Desde o 17 de xuño hai tamén un grupo de alumnas formándose na residencia Nosa Señora das Dores realizando labores de axuda ao persoal que atende ás persoas maiores neste centro”, conclúe.

Pé de foto: A concelleira de Emprego coa sección de xardinería no paseo do Pontiñas

 

Imagen “LALÍN VERDE” CHEGA AO ECUADOR COA FORMACIÓN TEÓRICA COMPLETADA E A PRÁCTICA EN DESENVOLVEMENTO
Galería imaxes
  • Imagen: Beatriz Canda coa sección de xardinería de Lalín Verde

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie