Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null 23/07/2024 O CONCELLO DE LALÍN ORGANIZA O SÁBADO 3 DE AGOSTO UNHA HOMENAXE PÓSTUMA AO EXIMIO RELOXEIRO EVANGELINO TABOADA VÁZQUEZ
23/07/2024 O CONCELLO DE LALÍN ORGANIZA O SÁBADO 3 DE AGOSTO UNHA HOMENAXE PÓSTUMA AO EXIMIO RELOXEIRO EVANGELINO TABOADA VÁZQUEZ
24 xullo 2024

Convídase á veciñanza a participar neste acto de posta en valor deste ilustre lalinense cunha traxectoria louvada en publicacións europeas especializadas na arte da reloxería

 

Os actos darán comezo ás 12 h en Vilanova e consistirán no descubrimento dunha placa na casa natal do homenaxeado no lugar do Barreiro e no descubrimento dun panel informativo e na proxección dun documental sobre a súa vida a partir das 13 h no centro social desta parroquia

O Concello de Lalín organiza para a xornada do sábado, 3 de agosto, a partir das 12 h un acto de homenaxe ao insigne reloxeiro lalinense, Evangelino Taboada Vázquez. Natural da parroquia de Vilanova e falecido en 1954 nun accidente de motocicleta, foi autor, entre outros moitos méritos e fazañas no seu campo, do reloxo sideral que realizou en 1945 para o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con outro ilustre lalinense, Ramón Mª Aller, e que hoxe segue funcionando.

O acto de homenaxe dará comezo diante da casa do homenaxeado no lugar do Barreiro en Vilanova coa recepción de autoridades amenizada pola Banda de Gaitas Carballo da Manteiga para a partir das 12 h iniciarse o acto coas intervencións de autoridades (do alcalde de Lalín, José Crespo; do Cronista Oficial de Lalín, Daniel González Alén e do profesor José Ángel Docobo) e dos familiares de Evangelino Taboada.

De seguido terá lugar o descubrimento dunha placa conmemorativa diante da casa natal do homenaxeado e a lectura dun poema por parte da familia. A continuación interpretarase o himno galego e unha peza final por parte de Carballo de Manteiga.

O recoñecemento continuará a partir das 13 h noutro espazo, no centro social de Vilanova, onde se descubrirá un panel explicativo sobre a vida de Evangelino Taboada e se visualizará tamén un documental sobre a súa traxectoria titulado “O reloxeiro Evangelino Taboada, o último construtor de reloxos de Galicia”, realizado pola produtora Adivina co patrocinio da Agadic da Xunta de Galicia. Desde o Concello de Lalín convídase ao conxunto da veciñanza a participar nesta homenaxe para contribuír entre todos a poñer en valor a figura deste ilustre lalinense cunha traxectoria louvada en prestixiosas publicacións europeas especializadas na arte da reloxería.

Con esta homenaxe dáse tamén cumprimento a unha proposta de Alcaldía de honrar e divulgar, na medida do posible, a vida e obra do eminente reloxeiro lalinense Evangelino Taboada Vázquez (O Barreiro, Vilanova, 1897- Cotobade, 1954) con algún acto ou homenaxe que deixe memoria e sirva de distinción pública do seu meritorio labor. Unha homenaxe coa que tamén o Concello dá resposta ás solicitudes de persoas coñecedoras da biografía deste ilustre dezao como a súa filla María Elena Taboada Otero, varios veciños de Vilanova e o Cronista Oficial de Lalín, Daniel González Alén, que ten realizado diversos traballos biográficos sobre Taboada: entre eles, unha primeira biografía do reloxeiro en 1999, a pedimento do alcalde José Crespo Iglesias; incluída no Anuario Descubrindo do Seminario de Estudos de Deza e realizada en base aos apuntamentos da súa filla María Elena Taboada Otero ou outra biografía en 2005 por encargo da Real Academia de Historia para o Dicionario Biográfico desta Academia onde figuran doce personaxes dezaos. Cómpre destacar así mesmo que en 2014 a súa filla publicou o libro “Una historia para el recuerdo” dedicado á memoria do seu pai.

Así mesmo, Evangelino Taboada aparece mencionado en varias publicacións especializadas de reloxería e en numerosos artigos de prensa e revistas ademais de traballos en medios audiovisuais e na propia rede.

De acordo coa biografía de Evangelino Taboada realizada por González Alén para a Real Academia de Historia, o noso reloxeiro naceu o 14.11.1897 en Lalín e faleceu en Cotobade o 01.08.1954.

“De familia humilde, os seus pais atendían un mesón de arrieiros e taberna na parroquia de Vilanova. Con só dez anos comezou, xunto ao seu irmán Cándido, a aprendizaxe do oficio de reloxeiro da man do seu tío, José Vázquez Vázquez en Lalín. Con tan só quince anos, acompañado polo seu irmán, estableceu o seu propio negocio na vila de Silleda (Pontevedra), onde contraeu matrimonio con María Otero Neira, para, catro anos máis tarde (1919), trasladarse a Vigo, onde instalou o seu novo taller, que co decorrer do tempo chegaría a superar a vintena de traballadores.

Militante activo do Partido Comunista, Taboada, que xa contaba con seis fillos ao comezo da Guerra Civil, sufriu a persecución e pasou varios anos fuxido xunto ao maior dos seus fillos polas aldeas e montes do seu Lalín natal. Neses anos construíu tres reloxos totalmente de madeira valéndose dunha navalla que funcionaban con gran precisión. Un destes reloxos pode verse na actualidade no Museo Quiñones de León da capital viguesa. Na contenda perdeu a un dos seus fillos e, ao recobrar a liberdade, sufriu impotente a morte da súa esposa en 1941.

Coa axuda do seu irmán Cándido reiniciou o negocio en Vigo coa denominación Talleres Taboada, construíndo reloxos de torre para varias casas dos concellos e igrexas parroquiais da provincia de Pontevedra e institucións públicas e privadas de Vigo. Dos seus recoñecidos talleres saíron centenares de reloxos de mesa e de parede atendendo encargos de organismos, empresas e particulares. A súa fama como construtor de reloxos e a boa marcha do negocio levaríano a proxectar unha gran fábrica de reloxos en Vigo, que a súa prematura morte lle impediría realizar.

O traballo máis recoñecido de Taboada foi o reloxo sideral que realizou en 1945 en colaboración co astrónomo e matemático lalinense Ramón M. Aller Ulloa para o Observatorio Astronómico de Santiago de Compostela e que aínda segue funcionando na institución compostelá.

Faleceu traxicamente xunto ao seu irmán Cándido, cando ambos viaxaban a Lalín nunha motocicleta que resultou arroiada por un vehículo oficial. Os xornais da época dedicaron amplos espazos ao tráxico suceso que truncou a vida e os proxectos dos irmáns Taboada. Queda o recordo de milleiros de reloxos que construíron e que aínda funcionan con precisión medio século despois”.

Tal como subliña González Alén, Evangelino Taboada foi membro destacado dunha notable saga de reloxeiros que comezou a finais do século XIX cos seus tíos José María e Casiano Vázquez Vázquez, nativos da parroquia lalinense de Vilanova, discípulos e colaboradores do sabio lalinense Ramón María Aller Ulloa.

 

Imagen 23/07/2024 O CONCELLO DE LALÍN ORGANIZA O SÁBADO 3 DE AGOSTO UNHA HOMENAXE PÓSTUMA AO EXIMIO RELOXEIRO EVANGELINO TABOADA VÁZQUEZ
Galería imaxes
  • Imagen: cartel reloxeiro vb

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie