Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O PAZO DE LIÑARES CONSOLÍDASE COMO RECLAMO TURÍSTICO DE PRIMEIRA ORDE E SUMA 4.000 VISITAS NESTE PRIMEIRO SEMESTRE CON PREVISIÓN DE SUPERAR AS 10.000 MIL AO REMATE DE ANO
O PAZO DE LIÑARES CONSOLÍDASE COMO RECLAMO TURÍSTICO DE PRIMEIRA ORDE E SUMA 4.000 VISITAS NESTE PRIMEIRO SEMESTRE CON PREVISIÓN DE SUPERAR AS 10.000 MIL AO REMATE DE ANO
29 xullo 2024
  • En agosto establécese a gratuidade de acceso ás visitas do Pazo, tendo en conta que é un mes de moita afluencia

  • Espazos naturais, rutas de sendeirismo e Camiño de Santiago son as consultas máis xeneralizadas entre os visitantes á Oficina de Turismo do Concello, que teñen na gastronomía un dos principais reclamos

  • Na Oficina constátase unha tendencia de que cada vez máis persoas optan por obter información desde os seus dispositivos móbiles. Conta con páxina web de turismo propia con información específica de recursos dividida por seccións e posibilidade de descarga directa de folletos e mapas

  • En canto á procedencia predominan as visitas á Oficina de turistas da zona sur e de países europeos como Italia e Inglaterra atraídos pola localización central de Lalín como punto clave na elección de destino

  • O perfil tipo do turista/peregrino/visitante á Oficina Municipal de Turismo mantense como nos últimos anos e responde ao de unha persoa de 35 a 65 anos que viaxa principalmente en familia

A concelleira de Turismo, Begoña Blanco, fai fincapé en que “no Pazo de Liñares neste primeiro semestre de ano xa se está notando a súa consolidación como lugar de visita e de relación coa contorna e outros puntos turísticos e servizos da contorna”, explica Blanco. Neste sentido subliña que o Pazo “mellorou considerablemente a súa utilización para actos e eventos de todo tipo como vodas, con máis dunha ducia nestes meses, pero tamén con diversos actos como presentacións de libros, sesións de fotos e encontros temáticos, entre outros”.

“No que se refire ás visitas o Pazo recibiu unha afluencia destacada nestes seis meses de ano, un total de 4.000, amosando un incremento respecto ao mesmo período do ano anterior, o que tamén nos pode dar unha idea de como pode rematar o ano sendo previsible superar as 10 mil visitas”, avanza. “Aumentou o número de visitas en grupos, familias, asociacións e excursións procedentes de toda España e incluso de países como Francia e Países Baixos”, puntualiza. Así mesmo, destaca, “tamén foi notable o aumento de excursións de centros educativos de toda Galicia”.

“Cómpre indicar que en moitos casos o Pazo de Liñares funciona como centro de referencia turística onde os visitantes se informan do que poden visitar pola zona”, subliña Blanco.

A responsable municipal de Turismo explica que “o incremento en popularidade e coñecemento do Pazo de Liñares tamén é debido ás propias visitas que recomendan achegarse a coñecer o Pazo de Liñares nas redes sociais e en sitios como Google Maps ou Tripadvisor entre outros, onde as recensións se contan por centos e con puntuacións altas, subindo fotos das instalacións e dos contidos das exposicións”. “O propio Google Maps creou dúas localizacións para o propio Pazo de Liñares, unha co mesmo nome e outra con nome do Museo Galego do Xoguete (Colección A. Chaves) e da Marioneta”, sinala.

“É destacable o éxito da Colección A. Chaves de Xoguetes, posto que é un reclamo fundamental para o Pazo de Liñares xa que moito visitantes de Galicia e do resto do Estado veñen exclusivamente coñecer esta colección composta por máis de mil pezas, algunha delas inéditas”, recalca. “Pero tamén son moitos os que veñen para coñecer a casa onde naceu e viviu o Fillo Ilustre de Lalín, pioneiro da aviación civil Joaquín Loriga Taboada, xa que a súa sala de exposicións é moi completa”, fai fincapé.

Blanco indica que “o Pazo de Liñares tamén recibe numerosas visitas de autocaravanas e de peregrinos que paran no Pazo e selan, así como de camiñantes de toda España que veñen facer rutas que desde aquí se dispoñen”.

Cómpre indicar que en agosto, entre o 1 e o 31 de agosto, establécese a gratuidade de acceso ás instalacións do Pazo, tendo en conta que é un mes de moita afluencia de turistas.

Oficina de turismo

Desde a súa apertura, a comezos de maio, a Oficina de Turismo do Concello de Lalín está a constatar unha tendencia crecente referente a que os visitantes optan por planificar e obter información directamente desde os seus dispositivos móbiles. Así o salienta Blanco que incide que “a Oficina Municipal dispón dunha páxina web de turismo propia con información específica de recursos dividida por seccións e con posibilidade de descarga directa dos distintos folletos e mapas turísticos”, subliña.

A concelleira de Turismo remarca que “a información máis solicitada na Oficina é a relativa a espazos naturais, rutas de sendeirismo e Camiño de Santiago, repetindo a casuística de anos anteriores”. No que toca ás rutas de sendeirismo “unha porcentaxe considerable de turistas solicita información con bastante anterioridade á visita que realizan ao pobo: información xenérica sobre o pobo e arredores para poder planificar a súa estadía no noso pobo ou nalgún caso en concellos limítrofes, recursos próximos, actividades, etc”.

“Así mesmo tamén son bastantes os peregrinos que se interesan principalmente polos espazos naturais e polo Camiño de Santiago, solicitando información específica das rutas xacobeas que discorren polo noso municipio”, precisa.

“A maior parte dos peregrinos que pasan pola Oficina veñen desviados do Camiño de Prata polo desexo de parar no pobo, pois teñen a posibilidade de coller o Camiño de Inverno e enlazar de novo na Vía da Prata na Laxe”, remarca. “Os que fan o Camiño de Inverno paran habitualmente a selar a credencial na asociación de Peregrinus Dezae, que se atopa preto do transcurso da citada ruta”, precisa.

En canto á procedencia, Begoña Blanco sinala que “predominan as visitas de turistas nacionais, especialmente da zona sur de España (Andalucía e Valencia); tamén se rexistraron visitantes estranxeiros sobre todo de Italia e Inglaterra”. “Neste sentido a localización central de Lalín segue a ser un punto clave na elección de destino”, sostén. “A maioría dos visitantes á Oficina de Turismo neste período veñen en parella ou acompañados da familia”, sinala. “Tamén se observaron visitas puntuais de veciños solicitando información concreta sobre rutas e consultas varias relacionadas co pobo”, concreta.

“Como norma xeral repítese a solicitude de indicación de lugares onde comer, sendo a motivación gastronómica xunto coa natureza outro punto forte do destino”, fai fincapé.

A Oficina de Turismo debido á tendencia turística actual de utilización de internet como fonte principal mantén horario de apertura presencial de 11 a 13 horas, dando cobertura de información turística de xeito telefónico polas tardes e durante a fin de semana.

A consulta telefónica recorrente é a solicitude de información sobre o Pazo de Liñares (apertura, horarios, etc.) e tamén se solicita información xenérica sobre o destino, lugares de interese e en xeral a solicitude de envío da información é por correo electrónico.

O perfil tipo do turista/peregrino/visitante mantense como nos últimos anos e responde ao de unha persoa de 35 a 65 anos que viaxa principalmente en familia. O visitante soe chegar a Lalín principalmente en coche particular, aínda que respecto de anos anteriores aumentou o número de visitas que non posuían coche propio, solicitando información específica de conexións de Lalín con outros lugares como Santiago ou Pontevedra.

Incrementar a estadía media

Blanco sinala que “en xeral, predominan aquelas persoas que están no pobo por un día; neste sentido desde o goberno temos claro que unha das prioridades é aumentar a estancia media dos turistas no noso municipio ofertándolle opcións para facer polo menos para dous días, de xeito que se incremente o gasto por turista”.


 


 

Imagen O PAZO DE LIÑARES CONSOLÍDASE COMO RECLAMO TURÍSTICO DE PRIMEIRA ORDE E SUMA 4.000 VISITAS NESTE PRIMEIRO SEMESTRE CON PREVISIÓN DE...
Galería imaxes
  • Imagen: pazo liñares

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie