Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A 810 PERSOAS NOS QUE VAI DE ANO, 90 CADA MES DE MEDIA
O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A 810 PERSOAS NOS QUE VAI DE ANO, 90 CADA MES DE MEDIA
06 outubro 2024

  • A concelleira de Emprego remarca que este servizo é clave para a inserción laboral e o crecemento profesional, facilitando a mellora de empregabilidade das persoas demandates

  • O servizo conta con perfil e páxina de Facebook propios onde se publican as ofertas de emprego, información sobre axudas, orientación xeral na busca de emprego,... e ademais tamén se publica semanalmente un boletín propio de ofertas de emprego da comarca e de empresas de concellos limítrofes que contactan con este servizo. No actual exercicio realizáronse 48 boletíns cun total de 890 ofertas

  • Desde que se puxo en marcha hai tres anos ata hoxe o Servizo Público de Emprego de Galicia citou e redireccionou ao servizo de orientación laboral do Concello un total de 3.089 persoas demandantes de emprego”.

O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lalín atendeu no que vai de ano 2024, nestes primeiros tres trimestres, un total de 810 persoas demandantes que foron citadas ou direccionadas por parte da oficina de emprego, das que 617 asistiron á cita de atención persoal (algo máis do 76%), vía telefónica o presencial, e as restantes 193 non acudiron por estar traballando ou non darse localizado (preto do 24%). Así o sinala a concelleira de Emprego, Beatriz Canda Rodríguez, que indica que “este servizo é clave para a inserción laboral e o crecemento profesional, facilitando a mellora da empregabilidade e da calidade de vida das persoas demandantes”.

Canda subliña que “está deseñado para guiar ao demandante na identificación do camiño que mellor se adapte ás súas habilidades e necesidades, permitindo que afronten o mercado laboral de forma efectiva e exitosa”. “Buscamos favorecer un entorno laboral inclusivo e colaborativo ao tempo que contribuír ao empoderamento das persoas demandantes”, remarca.

A responsable municipal indica que “nestes primeiros nove meses de ano, en seis se rexistraron un número de persoas demandantes por riba do centenar e a media mensual de atencións sitúase en 90”.

Ano 2024/Mes

Demandantes citados/redireccionados

Acudiron

Non acudiron

Xaneiro

108

88

20

Febreiro

80

57

23

Marzo

91

66

25

Abril

127

111

16

Maio

119

98

21

Xuño

101

77

24

Xullo

82

64

18

Agosto

Período vacacional

Setembro

102

56

46

Total

810

617

193

Así mesmo Canda Rodríguez remarca que “desde que comezou o servizo hai tres anos ata hoxe o Servizo Público de Emprego de Galicia citou e redireccionou ao servizo de orientación laboral do Concello un total de 3.089 persoas demandantes de emprego”.

Ano

Demandantes citados/redireccionados

Acudiron

Non acudiron

Desde outubro 2021 ata outubro 2022

826

684

142

Desde outubro de 2022 ata outubro 2023

1276

1005

271

Desde outubro de 2023 ata setembro de 2024

987

755

232

Total

3089

2444

645

Presenza en redes

Beatriz Canda tamén fai fincapé en que “con autorización previa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración creouse un perfil e unha páxina de Facebook do servizo de orientación laboral onde se publican ofertas de emprego, información sobre axudas, orientación xeral na busca de emprego, boletíns de ofertas de traballo doutras entidades... e ademais publícase semanalmente o noso propio boletín de ofertas de emprego -da comarca e de empresas de concellos limítrofes que contactan co noso servizo-”. “Así neste exercicio que comezou a finais de outubro de 2023 realizáronse 48 boletíns cun total de 890 ofertas”, concreta.

“A maiores, este servizo atende a toda persoa demandante que entra pola porta de xeito libre e así mesmo colabora co departamento municipal de Política Social e tamén co CIM”, puntualiza. “En total atendéronse neste exercicio actual a 218 persoas ofrecendo asesoramento e recursos que lles permitan atopar oportunidades laborais”, conclúe.

Enlace perfil: https://www.facebook.com/profile.php?id=100075826926894

Enlace páxina: https://www.facebook.com/profile.php?id=100075794844070

Explorar as súas habilidades e intereses

O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lalín é unha iniciativa que contribúe á mellora da situación ocupacional na comarca. Ao proporcionar apoio personalizado, os/as demandantes de emprego teñen a oportunidade de explorar as súas habilidades e intereses, o que lles permite deseñar un plan de acción acorde aos seus obxectivos profesionais.

A través de información e asesoramento, os/as demandantes poden aprender a crear currículos atractivos, prepararse para entrevistas e a utilizar recursos en liña para buscar emprego. Ademais, este servizo non só beneficia aos individuos que buscan traballo, senón que tamén favorece o desenvolvemento económico da comarca ao fomentar a empregabilidade e a competitividade.

A combinación de orientación personalizada e ferramentas prácticas son claves para empoderar aos/ás demandantes e axudalos a afrontar os retos do mercado laboral actual. As funcións propias do noso servizo de orientación laboral xoga un papel crucial no apoio a aqueles que buscan empregar as súas habilidades e competencias de forma eficaz no mercado laboral:

1. Avaliación de competencias: esta función nos permite identificar as habilidades e aptitudes dos demandantes, axudándoos a entender mellor as áreas nas que destacan e as que necesitan desenvolver. Isto é esencial para orientalos cara a ocupacións que se axusten ao seu perfil.

2. Asesoramento na elaboración do currículo e preparación de entrevistas: o currículo é a carta de presentación da persoa demandante ante os empregadores. A esta función inclúese a creación dun currículo atractivo e a preparación para entrevistas, o que pode marcar a diferencia na busca de emprego.

3. Información sobre o mercado laboral: proporcionar datos actualizados sobre as tendentes do mercado laboral na nosa Comarca e concellos limítrofes e as oportunidades de emprego é fundamental para que os usuarios poidan tomar decisións informadas sobre a súa carreira.

4. Programas de orientación laboral personalizada: a oferta de programas que se adapten ás necesidades específicas de cada usuario permite un enfoque máis efectivo e centrado no usuario, aumentando así as posibilidades de éxito na inserción laboral.

5. Colaboración con empresas: a creación de alianzas con empresas e entidades facilita a inserción laboral dos usuarios, creando canles directas para acceder a oportunidades de emprego.

Estas funcións contribúen de forma significativa ao empoderamento dos demandantes na busca de emprego e ao seu desenvolvemento profesional.

Imagen O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A 810 PERSOAS NOS QUE VAI DE ANO, 90 CADA MES DE MEDIA
Documentos
  • c2a42a69-c97c-4205-a3c1-1f7e4deea807.jpeg (jpeg 595,5 kB)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie