Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null EXPOSICIÓN SOBRE O MATEMÁTICO DE BERMÉS, PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN “WILY, SEMPRE WILY”, CONCERTOS DE SANTA CECILIA E ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL, NA PROGRAMACIÓN DE NOVEMBRO
EXPOSICIÓN SOBRE O MATEMÁTICO DE BERMÉS, PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN “WILY, SEMPRE WILY”, CONCERTOS DE SANTA CECILIA E ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL, NA PROGRAMACIÓN DE NOVEMBRO
23 outubro 2024
  • A concelleira de Cultura avanza as actividades que se desenvolverán o vindeiro mes

  • Convídase a todos os centros educativos a participar na inauguración o 22 de novembro da exposición do Matemático de Bermés, con marcado carácter didáctico, e tamén a visitala ata o 13 de decembro, concertando visita previa no Museo

Paz Pérez, concelleira de Cultura, anuncia que o venres, 22 de novembro, ás 20.30 horas inaugurarase no Museo Municipal a exposición “José Rodríguez. O Matemático de Bermés”. Unha mostra que reúne o legado do que foi o primeiro científico galego internacional, promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración co Concello de Lalín, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega, no marco dos actos do 200 bicentenario deste ilustre lalinense, elixido “Científico Galego do Ano” pola RAGC.

Unha exposición que, procedente de Compostela, se poderá ver en Lalín ata o 13 de decembro, e que posteriormente viaxará a lugares como Madrid, onde o Matemático dirixiu o Observatorio Astronómico. A responsable municipal de Cultura incide en que “ten un marcado carácter didáctico, polo que se convida a todos os centros educativos a participar na inauguración para que o alumnado coñeza facetas inéditas deste lalinense sublime (contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas, da astronomía, da xeodesia, da mineroloxía...) e tamén a que se acheguen a vela ata o 13 de decembro concertando visita previa no Museo no 986 78 40 04”.

Nela poderase ver, por exemplo, un metro de 1817, a acta de nacemento do Matemático, o teodolito de Domingo Fontán (discípulo do Matemático), documentos antigos e instrumental diverso dos séculos XVIII e XIX, ademais da primeira biografía do homenaxeado realizada polo astrónomo Ramón Mª Aller.

Ademais a exposición acompáñase dun folleto ilustrado realizado polo Concello de Lalín sobre a vida do científico de marcado carácter didáctico. A  mostra inclúe así mesmo dous vídeos: un sobre a súa vida e traxectoria e outro de carácter pedagóxico, elaborado polo Consello da Cultura Galega, sobre a medición do meridiano que fixo posible establecer o metro como unidade de medida.

A referida mostra abrangue unha visión moi completa do persoeiro recollendo cronoloxicamente a súa vida e actividade. Este neno labrego de Lalín converteuse en catedrático de Matemáticas na USC. Logo trasladouse a París onde estudou Astronomía e Altas Matemáticas. Participou na expedición internacional que permitiu definir o metro como unidade de medida. Tamén estudou en Inglaterra e regresou a Galicia como catedrático de Matemáticas Sublimes na USC, sendo profesor de Domingo Fontán. De seguido trasládase a Alemaña e posteriormente volve a París, momento no que mercou e remitiu instrumentos científicos para a Universidade de Santiago e para o seu discípulo Fontán.

No eido da Astronomía, dirixiu o Observatorio de Madrid. Foi deputado por Galicia e implicouse na creación dunha Universidade Central, xerme da actual Universidade Complutense de Madrid. Así mesmo, realizou calendarios agrícolas para Galicia e Asturias. Pasou os derradeiros meses da súa vida en Santiago, onde faleceu en 1824 e foi soterrado sen inscrición na igrexa de Santo Agostiño, descubríndose o pasado 1 de outubro unha placa conmemorativa dentro dos actos conmemorativo do seu bicentenario.

O venres, 8 de novembro, ás 20 h, no Museo Municipal, presentarase o catálogo correspondente á exposición “Wily, sempre Wily” e clausurarase dita mostra dedicada a este artista lalinense, un dos escultores máis rompedores da artes galega. O mesmo día e partir das 20.30 horas no Salón Teatro terá lugar o concerto de piano “Colección Romántica” de David Taboada (piano) e Sergio Alba (voz).

O domingo 10 terá lugar ás 18 h no Salón Teatro a actuación Shado El Mago “Cleptomago”. As entradas están a venda no Concello de 8 a 15 h ou en woutick.es.

O mércores 20 o “Rato Pérez” chegará ao Salón Teatro: de 11 a 12.30 horas no Salón Teatro e o xoves 21 haberá nova sesión, tamén para escolares, ás 11.

Concertos de Santa Cecilia

Novembro é o mes da patroa dos músicos e por iso, como é tradicional, desenvolveranse os concertos das bandas en honor a Santa Cecilia, de acordo á seguinte programación:

  • sábado 23 de novembro, 12.15 h, concerto de Santa Cecilia da Banda de Música de Vilatuxe, no auditorio de Vilatuxe
  • sábado 23, 12.30 h, Concerto de Santa Cecilia das tres bandas pertencentes á Banda de Música de Lalín na sala Tuno Valdés
  • sábado 23, 13 h. Concerto de Santa Cecilia da Lira de Prado no campo da festa de Prado
  • domingo 24, ás 12.30 h no auditorio de Muuimenta, Concerto de Santa Cecilia da Banda de Música de Muimenta

Tamén en novembro, o venres 29, procederase ao acendido das Luces de Nadal ás 19.30 e a inauguración dos escaparates máxicos, unha novidosa iniciativa que crea un percorrido polo comercio local a través das Aldeas de Nadal.

Ciclo Cultural de Cercio

Tamén, xa desde o 31 de outubro e ata o 6 de decembro, inclusive, desenvolverase o Ciclo Cultural da Asociación Cultural A Carballeira de Cercio, que abrangue un conxunto moi diverso de actividades desde magosto popular (xoves, 31 de outubro), ata a celebración dos Días da Música e da Banda de Mato (sábado, 16 de novembro), Día da Muller (sábado, 23 de novembro), Día da Ilusión (sábado, 30 de novembro) ou Día de Varela Buxán (venres, 6 de decembro).

Así o sábado 16 de outubro terá lugar a celebración do Día da Música e da Banda de Mato no centro social de Cercio coa actuación da Banda Xuvenil de Muimenta ás 17.30 h e de Odaiko e Vanesa Muela ás 18.30 horas.

O domingo 17 desenvolverase a actuación da Coral Polifónica de Lalín na igrexa parroquial de Cercio.

O sábado 23 celebrarase o Día da Muller cunha mesa redonda titulada “A importancia da muller no folclore tradicional” ás 17.30; unha actuación da Escola de Baile “A Carballeira de Cercio” ás 18.30 h e o grupo “Arume de Verdillo de Carballo” a partir das 19 horas.

E o sábado 30 de novembro celebrarase o Día da Ilusión no centro social de Cercio coa sesión de cine “Al revés 2” ás 17 horas, chocolatada popular ás 18.30 e espectáculo de maxia ás 19 h.

Imagen EXPOSICIÓN SOBRE O MATEMÁTICO DE BERMÉS, PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN “WILY, SEMPRE WILY”, CONCERTOS DE SANTA CECILIA E...
Galería imaxes
  • Imagen: programación outubro

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie