Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null EXCELENTES RESULTADOS DA ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A DOMICILIO QUE SE PRESTA A PERSOAS MAIORES QUE VIVEN SOAS NO MARCO DO OBRADOIRO “LALÍN VERDE”
EXCELENTES RESULTADOS DA ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A DOMICILIO QUE SE PRESTA A PERSOAS MAIORES QUE VIVEN SOAS NO MARCO DO OBRADOIRO “LALÍN VERDE”
25 outubro 2024
  • A concelleira de Emprego estivo estes días visitando algúns dos domicilios onde se están a ofrecer estas atencións que teñen unha gran acollida polas persoas usuarias

O obradoiro de emprego “Lalín Verde”, que se leva desenvolvendo desde decembro de 2023 e que rematará o vindeiro 30 de novembro, conta cunha especialidade dedicada á atención sociosanitaria. Dentro desa especialidade, unha actividade importante que se está a realizar é a atención nos domicilios. Trátase dun servizo que está dirixido de xeito específico a prestar apoio nos domicilios a persoas maiores que viven soas e que carecen de apoio persoal na súa contorna inmediata, un servizo que tamén permite garantir apoio de respiro aos coidadores familiares.

A concelleira de Emprego, Beatriz Canda, estivo estes días visitando algúns dos dez domicilios onde o alumnado de “Lalín Verde” está atendendo ás persoas usuarias cuns excelentes resultados. O alumnado que realiza estas tarefas nos domicilios é o mesmo que traballa coas persoas maiores nos centros sociais, de tal xeito que cando rematan a súa xornada diaria de impartir as actividades gratuítas en dez centros sociais, actividades que contan cunhas 200 persoas usuarias e ás que cada día se suman máis, desprázanse cada unha das alumnas a un domicilio diferente para dar esa atención domiciliaria.

Canda indica que “temos a satisfacción dos excelentes comentarios e a gran acollida en todos os domicilios que estamos traballando semanalmente”. Cada domicilio que se atende ten garantidas dúas visitas á semana, o que fai que a dedicación a cada domicilio sexa de entre 3 horas e media ou 4 horas semanais.

A dispersión xeográfica dos 10 domicilios que se están atendendo é significativa, tendo domicilios desde Vilatuxe ata Cercio. Cada semana realízanse 600 quilómetros semanais para impartir as actividades gratuítas nos centros sociais e prestar a atención domiciliaria.

Beatriz Canda sinala que as principais tarefas realizadas polas alumnas coas persoas usuarias son: atencións de carácter persoal (aseo), limpeza e acondicionamento das habitacións correspondentes, exercicios de estimulación cognitiva (sopa de letras, crucigramas, localización do tempo e espazo, xogos de mesa...), xerontoximnasia, acompañamento e conversa, que son das actividades que maiormente valoran as persoas usuarias. Tamén paseos tanto polo interior da casa como polos arredores da mesma.

Cada persoa usuaria terá establecido un programa individual de atención, que será complementario das propias capacidades do/a usuario/a ou doutras persoas da súa contorna inmediata, non eliminando nin substituíndo as actividades que a persoa usuaria poida realizar e en ningún caso suplanta as responsabilidades familiares.

Imagen EXCELENTES RESULTADOS DA ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A DOMICILIO QUE SE PRESTA A PERSOAS MAIORES QUE VIVEN SOAS NO MARCO DO OBRADOIRO “LALÍN...
Galería imaxes
  • Imagen: Beatriz Canda visitando un domicilio en A Xesta

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie