Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null ATA O VINDEIRO VENRES CONTINÚA ABERTO PARA OS COMERCIANTES O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE ESCAPARATES DAS ALDEAS DE NADAL
ATA O VINDEIRO VENRES CONTINÚA ABERTO PARA OS COMERCIANTES O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE ESCAPARATES DAS ALDEAS DE NADAL
06 novembro 2024

A xornada formativa especializada en escaparatismo de Nadal que se impartiu o domingo tivo unha moi boa afluencia

Karen Fernández avanza que o dito concurso desenvolverase entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro e que a veciñanza poderá votar polos escaparates que máis lle gustan a través dun código QR. Levarán unha casiña de Aldeas de Nadal como elemento diferencial e ademais deberán contar unha historia ou un conto a través do seu escaparate

A responsable das Aldeas de Nadal indica que o 29 de novembro, data de inauguración dos escaparates máxicos, un personaxe caracterizado irá contando a historia de cada un dos catro escaparates máxicos que se crearán en catro das rúas céntricas lalinenses

Os escaparates máxicos, unha das novidades deste ano das Aldeas de Nadal, que constitúe un proxecto piloto de dinamización do pequeno comercio e que se desenvolve grazas ao apoio da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, inauguraranse o venres, 29 de novembro, ás 19.30 h, data na que tamén se fará o acendido das luces de Nadal.

Así o explica a concelleira da área de Aldeas de Nadal, Karen Fernández, que subliña que “o día da inauguración un personaxe caracterizado irá contando a historia de cada un dos catro escaparates máxicos que se crearán con escenografía de Nadal en catro escaparates baleiros e estratexicamente elixidos, que estarán concentrados en catro rúas céntricas (Wenceslao Calvo Garra, Colón, Joaquín Loriga e Avenida Luis González Taboada), e cos que se creará un percorrido polo comercio local a través das Adeas de Nadal, fomentando así o fluxo de persoas no comercio local”.

Karen Fernández remarca “que ademais destes catro escaparates máxicos desenvolverase, para todos aqueles comerciantes que queiran participar, un concurso de escaparates máxicos de Aldeas de Nadal que imos poñer en marcha co obxectivo de fomentar que os comerciantes decoren os seus escaparates con creatividade e sustentabilidade, a cambio de que teñan unha serie de incentivos”.

Formación gratuíta especializada en escaparatismo de Nadal

Neste sentido lembra que “o pasado domingo tivo lugar unha xornada gratuíta formativa especializada para facer escaparates de Nadal que contou cunha moi boa afluencia a fin de que os comerciantes que desexen tomar parte neste concurso tivesen unhas pautas comúns á hora de elaborar os escaparates: ofrecéuselles nocións dun escaparatismo feito con base artística, sostible e con temática de Nadal”.

A responsable das Aldeas de Nadal subliña “que ata o vindeiro venres, 8 de novembro, manterase aberto o prazo para que os comerciantes lalinenses continúen anotándose a participar neste proxecto de dinamización do comercio no Nadal que traerá sinerxías positivas para o sector”.

Elementos diferenciais

Fernández avanza que o “concurso de escaparates das Aldeas de Nadal desenvolverase entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro, ambos inclusive”. “Os escaparates máxicos van ter como elementos diferenciais unha casiña que lles entrega Aldeas de Nadal e ademais deberán relatar un conto ou unha historia máxicos que deberán reflectido no escaparate”, precisa.

A concelleira indica que “cada escaparate vai levar un código QR que lle dá Aldeas de Nadal co seu logotipo, de tal forma que os veciños e visitantes cando pasen por diante deles, poderán votar polos que máis lle gustan desde o seu móbil e a través dun código QR”. “Os dous máis votados recibirán os seguintes premios, sinala Karen:

  • 1º premio: dotado con 500 € + as Aldeas de Nadal comprométense a facerlle o escaparate do ano que vén
  • 2º premio: 500 €

A responsable municipal anima á participación neste proxecto piloto ao conxunto do comercio lalinense que terá sinerxías positivas para o sector que agarda que teña boa resposta e se consolide como un máis dos reclamos das Aldeas de Nadal.

O 7 de novembro abre o prazo para concertar convenios de colaboración

Por outra parte, a concelleira da área de Aldeas de Nadal, Karen Fernández, lembra que o vindeiro xoves 7 de novembro se abre o prazo de presentación de solicitudes para concertar convenios de colaboración empresarial das Aldeas de Nadal, de acordo ás bases aprobadas en xunta de goberno. O prazo manterase aberto ata o 20 de novembro. Establécese un único criterio de selección de colaboradores: a mellor subvención ofertada respecto a cada unha das seis Aldeas. A documentación deberá presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello de Lalín ou a través da Plataforma de Contratos do Sector Público.

Imagen ATA O VINDEIRO VENRES CONTINÚA ABERTO PARA OS COMERCIANTES O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE...
Galería imaxes
  • Imagen: 2 escaparates.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie